Jesús Pazos Mesías
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1911 A Baña, España |
Morte | 8 de novembro de 1946 (34/35 anos) Vimianzo, España |
Causa da morte | morte en combate, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | maquis, panadeiro |
Membro de | |
Jesús Domingo Pazos Mesías, Moreno, nado na Baña cara a 1911 e finado en Vimianzo o 8 de novembro de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Panadeiro de Lañas. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Santiago de Compostela por auxilio á rebelión o 30 de marzo de 1937 xunto con outros 31 veciños do partido xudicial de Negreira,[1] foi condenado a 15 anos de prisión. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en febreiro de 1940.[2]
Tras saír de prisión uniuse ao destacamento Botana da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia ao mando de Manuel Ponte Pedreira. Resultou morto no bar Soneira[3] de Vimianzo nun enfrontamento coa Garda Civil o 8 de novembro de 1946 cando con Manuel Ponte, Avelino Rivas Pombo, Enrique Ferreirós Candamo, José Santiago Temprano, José Remuiñán Barreiro, José da Silva Bartolomé, Manuel Pena Camino e Emilio Pérez Vilariño, pretendían asaltar o cuartel da Garda Civil para facerse co arsenal de armas e a sucursal do Banco Pastor. Non puideron conseguilo ao estar pechado, e cando Jesús Pazos entrou no bar onde estaba o garda civil Manuel Rodríguez Paz coa intención de collelo como refén para que lles abrise o cuartel, este disparoulle varias veces coa súa pistola. O garda civil Manuel Rodríguez tamén resultou ferido, morrendo ao día seguinte. Manuel Ponte e Emilio Pérez foron cara á casa-cuartel e guindaron dúas bombas de man no interior, producindo estragos materiais. Os gardas civís do interior responderon con disparos, fuxindo o grupo polo monte.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Compostelano, 30-3-1937, p. 2.
- ↑ BOE, 13-2-1940, p. 743
- ↑ Outras fontes afirman que o nome do bar era Casa Desiderio ou Casa Mira.
- ↑ Vimianzo vivió un tiroteo entre los maquis y la Guardia Civil
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Martínez, Lupe (2007). Coa man armada. "Ejercito Guerrillero de Galicia" -IV Agrupación- 1946 - 1948. Vigo: A Nosa Terra. pp. 76–78. ISBN 978-84-8341-166-7.
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Do Castro, ed. Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada. ISBN 84-8485-231-8.