José da Silva Bartolomé

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé da Silva Bartolomé
Biografía
Morte14 de outubro de 1946 Editar o valor em Wikidata
Trasmonte, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata

José da Silva Bartolomé, Moreno, finado en Trasmonte (Oroso) o 14 de outubro de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Acusado de realizar accións propagandistas contra o réxime o 14 de abril e o 1 de maio de 1946, foi declarado en rebeldía. Incorporouse á guerrilla xunto con Claudio Díaz Milia entre o 16 e o 19 de maio a través de Manuel Bello Parga e pasou a formar parte do destacamento Santiago Álvarez da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Cando Claudio Díaz Milia desertou o 28 de xullo, a guerrilla comezou a sospeitar que José da Silva podía ser un infiltrado e ser o responsable da caída de Marcelino Rodríguez Fernández. Foi fusilado por orde de Manuel Ponte o 14 de outubro de 1946 en Trasmonte (Oroso). Xunto ao seu cadáver apareceu unha nota escrita:

Justicia guerrillera. Este traidor fue fusilado por haberse infiltrado en nuestras filas al servicio de la Guardia Civil y en ligazón estrecha con Claudio Díaz “Manolete”. ¡Mueran los traidores! ¡Viva la República! IV Agrupación Guerrillera. La Coruña. Sr. Tte. Cnel. envíe más a gran velocidad.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Carmen Boo Pato.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]