Lañas, A Baña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lañas
Escola infantil de Lañas, A Baña.jpg
Escola infantil de Lañas.
ConcelloA Baña
Área9,16 km²
Poboación348 hab. (2016)
Densidade37,99 hab./km²
Entidades de poboación10

Santa Baia de Lañas é unha parroquia que se localiza no leste do concello da Baña na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 348 habitantes (176 homes e 172 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 512 habitantes.

Historia[editar | editar a fonte]

Os vestixios arqueolóxicos[1] que se conservan son moitos. Por exemplo o petróglifo da Pena Furada é unha gravura localizada no interior dun abrigo natural. Presenta un motivo de carácter esquemático, posiblemente medieval. Ademais conservanse varias mámoas coma a da Turrisqueira, cerca de Valiña, ou un grupo de dúas en Cantalarrana, denominadas Mámoas da Revolta vella. A cultura castrexa tamén tivo a súa pegada nesta zona, están os castros de Meimendre, Vilar da Torre e O Castro[2]. A dedicación das terras a labores agrícolas deixáronos nun pésimo estado, podendo dicir que é un asentamento aniquilado e completamente desaparecido. No recinto do castro de Castro atopáronse dúas placas e unha estela funerarias romanas. As escavacións en O Castro foron obra de D. Manuel Fernández, catedrático de Xeografía, e retirou de O Castro lápidas con inscricións e colares, expostos no Museo do Pobo Galego.

Sobre o castro de Vilar da Torre[3] pódese dicir que está integrado no seu núcleo construído. Aproveita unha pequena elevación no terreo, pero que é case inapreciable pola banda oeste. Ten algunha edificación na súa coroa e soamente se fan evidentes os grandes muros da cara nordeste.

A tradición oral tamén recolle que por esta aldea do Castro había unha vía ou calzada de orixe romana, aínda que non está confirmado.

No documento Tructino do ano 868, faise mención da súa pertenza á diocese de Iria Flavia. Como parroquia eclesiástica pertence ao arciprestado de Dubra, e foi xurisdición do Señorío de Santiago. O cura era presentación do cabido compostelá que recibía boa parte das súas rendas e cooperaba nos arranxos da igrexa.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial esta construída en varios estilos arquitectónicos, dende o románico ata o neoclásico da fachada[4]. Nas esquinas hai adornos de pináculos. Podemos ver na parte románica do templo, canzorros nos beirados do tellado por todas as caras do templo con figuras de zoomorfos e vexetais

No lugar de Vilar da Torre está a capela de Santo Antón datada do século XVI. Hai unha boa carballeira diante dela.

No río do Castro, tamén chamado Portalaxe, hai varios muíños, todos de canle e que moían dous meses no ano[5]: o muíño dos Batáns, o do Agro, o da Laxe, o de Loois, o Sueiros e o do Campo.

Festas[editar | editar a fonte]

  • Luns de Pascua: San Xosé
  • 13 de xuño: Santo Antón
  • 5 de agosto: Lourdes
  • 3 de outubro: As Dores
  • 4 de outubro: San Francisco
  • 24 de agosto: San Bartolomeu
  • 10 de decembro: Santa Baia
  • 11 de decembro: San Roque

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes da Baña.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Lañas[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Lañas no concello da Baña (A Coruña)

A Cachorreira | Cantalarrana | O Castro | Lañas | Meimendre | Mundrís | Prousor | Romarís | Valiña | Vilar da Torre

Parroquias da Baña[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias da Baña

A Baña (San Vicenzo) | Barcala (San Xoán) | O Barro (Santa Mariña) | Cabanas (San Miguel) | Corneira (San Cristovo) | A Ermida (San Salvador) | Fiopáns (San Pedro) | Lañas (Santa Baia) | Marcelle (Santa Cristina) | Ordoeste (Santa María) | A Riba (San Xoán) | San Cibrán de Barcala (San Cibrán) | Sanamede do Monte (San Mamede) | Suevos (San Mamede) | Troitosende (Santa María)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "PXOM A Baña". 
  2. de Lañas Lañas, A Baña na páxina web colaborativa PatrimonioGalego.net.
  3. "Castro de Vilar da Torre". Patrimonio Galego. Consultado o 2016-06-02. 
  4. Igrexa de santa Baia de Lañas na páxina web colaborativa PatrimonioGalego.net.
  5. Rodríguez Troncoso, Amador (2014). Os albores de Feiraco. Feiraco. ISBN 978-84-697-1047-0. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]