Ildefonso Fernández Seoane
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Xares, España |
Morte | 6 de agosto de 1942 Correxais, España |
Datos persoais | |
Outros nomes | Cuñeira |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia |
Lingua | Lingua galega e lingua castelá |
Ildefonso Fernández Seoane, coñecido como Cuñeira,[1] nado en Xares (A Veiga) e finado en Vilamartín de Valdeorras o 6 de agosto de 1942, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Obreiro do Ferrocarril. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. En abril de 1942 participou no congreso de Ferradillo no que se fundou a Federación de Guerrillas de León-Galicia. Integróuse na unidade de Arturo López Delgado. O 6 de agosto de 1942 morreu nun enfrontamento coa Garda Civil preto de Correxais (Vilamartín de Valdeorras), con Arturo López Delgado, Ovidio González Vázquez e Manuel Monteserín Gerardo. O grupo foi denunciado por un labrego que os aprovisionou de viño. Despois de comer e beber, os guerrilleiros estaban durmindo e foron sorprendidos pola Garda Civil. Outro membro do grupo, Roberto López Rodríguez Pajarito, logrou fuxir.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Nalgunhas fontes aparece como Coñeira.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ildefonso Fernández Seoane na páxina web Nomes e Voces.
- Ficha en Los de la sierra (en francés)