Roberto López Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Roberto López Rodríguez

Roberto López Rodríguez, Pajarito, nado no Barco de Valdeorras e finado en Francia, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Veciño da Rúa. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi voluntario no exército republicano. Coa caída da fronte asturiana foi detido e xulgado en Asturias e condenado a pena de morte, que foi conmutada a cadea perpetua. Membro do grupo guerrilleiro comandado por Arturo López Delgado que loitou na bisbarra de Valdeorras. O 6 de agosto de 1942 Arturo morreu nun enfrontamento coa Garda civil preto da súa aldea natal, con Ovidio González Vázquez O Pollon, Ildefonso Fernández Seoane Coñeira e Manuel Monteserín Gerardo. O grupo foi denunciado por un labrego que os aprovisionou de viño. Despois de comer e beber, os guerrilleiros estaban durmindo e foron sorprendidos pola Garda Civil. Roberto López logrou fuxir. Uniuse ao grupo de Mario de Langullo e participou con el nalgunhas accións, como a do casarío da Mata en 1947. Exiliouse en Francia en abril de 1952 con Gloria Blanco Diéguez.[1] Cruzaron a fronteira francesa con Odilio Fernández Rodríguez "Blas" e a súa muller o 20 de abril de 1952. Dirixíronse á Béziers, Hérault, onde estiveron na casa doutros exiliados, Bienvenido Piñeiro, de Murcia, e a súa muller Dolores Fernández Campos, de Freixido, Petín. En agosto de 1957 chegou a París. [2].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]