A Gudiña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Gudiña")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°3′39″N 7°8′17″O / 42.06083, -7.13806

A Gudiña
Escudo de A Gudiña
Concello da Gudiña.JPG
Casa do Concello
Situacion A Gudiña.PNG
Situación
Xentilicio[1]gudiñao (non oficial)
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca de Viana
Poboación1.308 hab. (2018)
Área171,4 km²
Densidade7,63 hab./km²
Entidades de poboación8 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldeJosé María Lago Cabo (PPdeG[3])
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 2
Eleccións municipais na Gudiña
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes92,18%
Na rede
agudina.com

A Gudiña é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Viana. Segundo o IGE en 2018 tiña 1308 habitantes (1625 en 2004, 1651 en 2003).

Demografía[editar | editar a fonte]

Censo total 1308 (2018)
Menores de 15 anos 86 (6.57 %)
Entre 15 e 64 anos 776 (59.33 %)
Maiores de 65 anos 446 (34.1 %)
Evolución da poboación de A Gudiña   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
2697 2465 2275 2605 1625 1562 1.554 1.506 1.508 1.461 1.392 1.345 1.360 1.308
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía[editar | editar a fonte]

O concello, de 171,4 km², abrangue 8 parroquias. Limita ao norte con Viana do Bolo, ao sur con Portugal, ao leste coa Mezquita, ao noroeste con Vilariño de Conso, ao oeste con Castrelo do Val e ao suroeste con Riós.

Está comunicada coa estrada N-525, que vai de Ourense cara a Benavente, se ben o tráfico pesado adoita ir pola autovía A-52. A estrada OU-533 une a vila da Gudiña con Viana do Bolo. Forma parte da antiga C-533 que ía desde A Gudiña até Lalín.

Pola Gudiña pasa tamén a vía da Prata do Camiño de Santiago.

Historia[editar | editar a fonte]

No concello consérvanse restos megalíticos, con varias mámoas, así como os restos de varios poboados castrexos. Durante a romanización de Galicia houbo unha explotación mineira de estaño.

O 15 de maio de 1167, Fernando II doou ao mosteiro de Montederramo mediante un privilexio a herdade da Coelleira.

O 15 de xuño de 1506 pasaron a noite na vila o rei Filipe I de Castela e a súa muller Xoana, que desembarcaran na Coruña e se dirixían preto da Pobra de Seabra para se reuniren o día 20 con Fernando II de Aragón. Dado que os habitantes acudiran a recibilos cando comeron no mesón da Canda, o rei concedeulles en Cédula Real o uso dun escudo coa coroa real, consistente nun brasón dividido en dúas metades cun triángulo no ángulo inferior.

O edificio do cárcere tiña o escudo da casa de Monterrei.

En 1911 o militar monárquico Henrique Mitchell de Paiva Couceiro lanza desde aquí a primeira incursión monárquica[5] contra a recentemente nacida república de Portugal atacando Chaves, pero ao ser derrotado regresa,ao ano seguinte e no 1919 segue lanzando incursións armadas contra Portugal ao ter neste lado da raia seca a complicidade discreta do goberno español.

A Gudiña na literatura popular[editar | editar a fonte]

  • O gaiteiro da Gudiña/ e mais o da Martiñá/ andan en pleito co vento/ e non sei quen gañará [6].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes da Gudiña.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias da Gudiña

Barxa (San Xoán) | O Canizo (Santa María) | Carracedo da Serra (Santiago) | A Gudiña (San Martiño e San Pedro) | Parada da Serra (San Lucas) | Pentes (San Mamede) | San Lourenzo de Pentes (San Lourenzo) | O Tameirón (Santa María)


Lugares da Gudiña[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Gudiña vexa: Lugares da Gudiña.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Consultado o 9 de xuño 2019. 
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "A Gudiña". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019. 
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014. 
  5. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de setembro de 2015. Consultado o 19 de agosto de 2015. 
  6. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 117. Martiñán é lugar da parroquia e concello de Bande.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.