San Lourenzo de Pentes, A Gudiña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°00′23″N 07°07′14″O / 42.00639, -7.12056

San Lourenzo de Pentes
ConcelloA Gudiña
Poboación63 hab. (2014)
Entidades de poboación1

San Lourenzo de Pentes é unha parroquia do concello da Gudiña, situada a uns 11 km ao suroeste da capital do concello. Segundo o IGE tiña 63 habitantes no 2014 (32 homes e 31 mulleres), 19 menos ca en 2011.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Ten paisaxe montañosa con diversos tipos de árbores, como piñeiros, carballos ou castiñeiros. Percorren a parroquia o río Mente e o río Ribeiriña. Hai bastantes camiños e rutas polas cales se pode pasear ou facer sendeirismo.

Pola parroquia pasa a vía da Prata do Camiño de Santiago, amais da estrada N-525 e a autovía A-52.

Antigamente a capital estaba situada no lugar da Xestosa, despoboado na actualidade, pero do cal aínda se poden observar os seus restos.

Economía[editar | editar a fonte]

A agricultura, malia non estar industrializada, ten certa relevancia: Ademais de froitos como a castaña, mazá, pera, figo, bévera, marmelo, pavía, kiwi, ou cereixa, hai outros produtos como a pataca, o millo, ou o centeo e outros cultivos hortícolas de menor extensión e relevancia.

Na parroquia hai unha canteira da que se obtén a pedra verdidourada, empregada para revestimentos de fachadas, casetas ou muros, e é usada tanto na zona como para a exportación.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de San Lourenzo de Pentes[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de San Lourenzo de Pentes no concello da Gudiña (Ourense)

San Lourenzo

Parroquias da Gudiña[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias da Gudiña

Barxa (San Xoán) | O Canizo (Santa María) | Carracedo da Serra (Santiago) | A Gudiña (San Martiño e San Pedro) | Parada da Serra (San Lucas) | Pentes (San Mamede) | San Lourenzo de Pentes (San Lourenzo) | O Tameirón (Santa María)


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]