C-533

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
C-533
Fito quilométrico 185 da estrada no Cotiño, Lalín.
Tipoloxíaestrada comarcal
RedeRede de estradas de Galicia
Lonxitude190 km
Localización
InicioA Gudiña
FinLalín
Vista da estrada ao seu paso por Viana do Bolo.

A C-533 era a denominación da antiga estrada que unía A Gudiña e Lalín[1], cun percorrido de 190 km.

Percorrido[editar | editar a fonte]

Atravesaba Viana do Bolo, A Rúa, Montefurado, Quiroga, A Estación (A Pobra do Brollón), Monforte de Lemos, Escairón, Chantada, o monte Faro, e Rodeiro. A denominación de C-533 responde á nomenclatura utilizada nas estradas nacionais de España. Esta estrada encóntrase dividida nos seguintes treitos:

Provincia de Ourense
  • OU-533: A Gudiña - A Rúa
  • OU-933: A Rúa - provincia de Lugo
Provincia de Lugo
  • LU-933: provincia de Lugo - Monforte de Lemos
  • LU-533: Monforte de Lemos - Chantada
  • LU-213/CG-2.1: Chantada - monte do Faro
Provincia de Pontevedra
  • PO-533: monte do Faro - Lalín

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Secretaría General Técnica (1964). Mapa Oficial de Carreteras de España. Escala 1:400.000 (6ª ed.). Ministerio de Obras Públicas.