Vinhais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura


Vinhais
VNH.png
Pt-vnh1.png
Camino Portugués de la Vía de la Plata (6115927583) - Vinhais.jpg
A vila de Vinhais e as murallas.
Localización
Vinhais en Portugal
Vinhais
Vinhais
PaísFlag of Portugal.svg Portugal
RexiónNorte
SubrexiónAlto Trás-os-Montes
DistritoBraganza
Xeografía
Superficie694,68 km²
Demografía
Poboación9.066 hab. (2011)[1]
Densidade13,05 hab/km²
Outros datos
Código postal5370
AlcaldeAmérico Pereira (PS)
www.cm-vinhais.pt

Vinhais é un concello portugués pertencente ao distrito de Braganza, Rexión Norte, subrexión de Alto Trás-os-Montes e da antiga provincia de Trás os Montes e Alto Douro. Ten 694,68 km² e 10.646 habitantes (2001).

O concello está subdividido en 26 freguesías[2]; limita ao norte e ao oeste con Galicia, ao este co municipio de Braganza, ao sur con Macedo de Cavaleiros e Mirandela e ao oeste con Valpaços e Chaves.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución da poboación de Vinhais (1801 – 2011)
1801 1849 1900 1930 1960 1981 1991 2001 2011
6.084 10.697 19.842 19.525 26.577 16.142 12.727 10.646 9.066

Freguesías[editar | editar a fonte]

Freguesías do concello de Vinhais.

Desde a reorganización administrativa de 2012/2013,[2] o concello de Vinhais está dividido en 26 freguesías:

Historia[editar | editar a fonte]

A ocupación humana deste territorio data de tempos ancestrais, tal como se pode verificar polos numerosos vestixios arqueolóxicos que se poden encontrar nesta rexión: inscricións rupestres, edificacións de tipo dolménico e fortificacións castrexas. Esta antigüidade é reiterada polo Abade de Miragaia:

"O chão desta vila e desta paróquia foi ocupado desde tempos remotíssimos, como se infere da lenda ou história da igreja de S. Facundo, que a tradição diz ter sido fundada no tempo dos Godos. (...) Também por aqui se demoraram os Romanos, pois ao norte da vila, no monte da Vidueira, se encontraram em 1872 muitas moedas romanas bem conservadas (...)".

Preto de Vinhais foi encontrada unha lápida coa seguinte inscrición: JOVI / O.M. / LOVIIS / IAIIX / VOTO / LAP (Lovesia dedicou por voto e con xeneroso ánimo ao grande Júpiter).

A primeira referencia a Vinhais data de mediados do século XIII, nun documento de doazón ao mosteiro leonés de San Martiño da Castañeira: in villa que vocitant Villar de Ossus in territorio Vinales. Nesta época, Vinhais non era un topónimo, senón un coronómio, xa que designaba unha rexión, un territorio, e non un lugar determinado.

Crese que a primeira poboación de Vinhais foi construída nun outeiro, próximo á marxe dereita do rio Tuela, pero ao norte do sitio actual, ou no monte da Vidueira, ou, aínda, no monte Ciradela ou Ciradelha, na Serra da Coroa. Estas suposicións xustifícanse polo achado de moedas romanas, vestixios de edificacións da antiga cidade romana de Veniatia e da calzada romana que unía Braga a Astorga (Asturica Augusti).

Vinhais foi nos seus comezos un castro de poboamento galaico, transformado polos romanos en castro galaico-romano, coa súa fortaleza (ópido). Certamente, os suevos ou os visigodos cercaron a localidade de murallas e, coa expulsión dos musulmáns, Vinhais quedou arrasada, tendo sido repoboada na época da dominación dos reis Sancho II e D. Afonso VI. Este repoboamento foi continuado polos primeiros reis portugueses, especialmente con Afonso Henriques, Sancho I (O Povoador), Afonso II e Sancho II.

Vinhais recibeu foro de Afonso III, o 20 de maio de 1253, o cal foi outorgado polo monarca Manuel I, o 4 de maio de 1512.

No contexto da Crise de 1383-1385 en Portugal, cando Xoán I de Castela invadiu Portugal en 1384, o castelo de Vinhais foi un dos moitos que izaron a bandeira castellana, recusando, así, obediencia ao Mestre de Avis, futuro João I de Portugal.

No século XVII, Vinhais sufriu bastante coa Guerra da Restauración, debido á súa localización xeográfica, tal e como conta Pinho Leal, en Portugal Antigo e Moderno:

Em 1666, achando-se em Lisboa o III conde de S. João da Pesqueira (futuro 1º Marquês de Távora, criado por D. Pedro II Regente, de 7 de Janeiro de 1670), governador de Entre Douro e Távora (...). entretanto, o general galego D. BALTAZAR PANTOJA, pôs a ferro e fogo a província de Trás-os-Montes. Em 1 de Julho 1666 entrou por Montalegre, no dia 13 de Julho caíu sobre Chaves, no dia 14 de Julho os lugares de Faiões e Santo Estêvão, defendidos pelo sargento-mór ANTÓNIO DE AZEVEDO DA ROCHA, cometendo barbaridades. Recolhendo-se D. BALTAZAR PANTOJA a Monterey, praça galega ao Norte de Verim, e passados poucos dias volveu sobre Portugal, entrando por Monforte, veio pôr cerco a Vinhais, cercando com o seu exército o castelo, que era defendido pelo governador ESTÊVÃO DE MARIS, com os habitantes da vila e mais 50 auxiliares.

Este acontecemento ficou gravado nunha inscrición que, aínda hoxe, se pode ver na parede dunha casa que o defensor de Vinhais (Estêvão de Maris) fixo:

ESTÊVÃO DE MARIS, GOVERNADOR DES / TA VILA DE VINHAIS, Fº DE Rº DE MORAIS DE TIO / ZELO, MANDOV FAZER ESTAS CASAS / NA E. DE MDCCVI (?) QUANDO PANTOXA / G L DO EXÉRCITO DE GALIZA COM O / MAIOR Q. SE VIO NESTA PROVÍNCIA / E LHE DEFENDEO A MURALHA CÕ / A GENTE NOBRE DA VILA E POV / QVA MAIS DE GRÃ E CÕ PERDER MVTÃ / LEVANTOU O SITIO E QUEIMOU AS / CASAS QUE FICAVÃO FORA DA MVRALHA

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]