Henrique Mitchell de Paiva Couceiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Infotaula de personaHenrique Mitchell de Paiva Couceiro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de decembro de 1861 Editar o valor em Wikidata
São Mamede, Portugal (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte11 de febreiro de 1944 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
São Sebastião da Pedreira, Portugal Editar o valor em Wikidata
Monarquía do Norte
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal
Reino de Portugal Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónoficial , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Henrique Mitchell de Paiva Cabral Couceiro nado en Lisboa o 30 de decembro de 1861 e finado o 11 de febreiro de 1944, foi un militar, administrador colonial e político portugués que tivo unha notable participación nas campañas de ocupación colonial en Angola e Mozambique e como inspirador das chamadas incursións monárquicas contra a Primeira República Portuguesa en 1911, 1912 e 1919. Presidiu ao goberno da chamada Monarquía do Norte, de 19 de xaneiro a 13 de febreiro de 1919, na que colaboraron activamente os máis integralistas lusitanos. A súa dedicación á causa monárquica e a súa proximidade aos principios do Integralismo Lusitano, conducírono varias veces ao exilio, antes e despois da constitución do réxime do Estado Novo en Portugal.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Henrique Mitchell de Paiva Couceiro naceu en Lisboa, fillo do xeneral José Joaquim de Paiva Cabral Couceiro e de Helena Isabel Teresa Mitchell. En 1879 entra como voluntario no exército e no 1889 ascendérono a capitán, ofrecendo-se entón para realizar, como voluntario, unha comisión de servizo nas colonias ultramarinas, onde entón se desenvolvía un esforzo de efectiva ocupación do territorio, consecuencia da Conferencia de Berlín sobre a partición de África entre as potencias coloniais europeas.

Durante anos non houbo ningún ocupación efectiva do territorio asignado a Portugal na Conferencia de Berlín,nin as autoridades indíxenas se consideraban sometidas aos europeos debido a malentendidos culturais.

A primeira misión que foi confiada a Paiva Couceiro foi obter a vasalaxe do rei Levanica do Barotze, na rexión que hoxe é a Zambia, pero foi cancelada debido a que o rei portugués cedera ao ultimato británico de 1890 e os territorios a visitar pasaren á esfera de influencia británica. A presenza da forza militar comandada por Paiva Couceiro xera gran tensión coas tribos do Bié, o que levou o rei Dunduma a esixir a inmediata saída das tropas. Fronte ao incumprimento da promesa de que as tropas estaban só de paso aquel reiciño pon termo ás relacións pacíficas de hai moito existentes entre os autóctonos e Silva Porto e esixe a retirada inmediata de Paiva Couceiro, o que este terminantemente rexeita. O rei Duduma sería logo deposto por un exército expedicionario portugués e no seu trono colocouse a un rei monicreque.

A pesar do seus méritos militares non foi promovido, en 1893 pediu licenza para servir na lexión estranxeira do Exército Español e combateu nos últimos meses da campaña de Melilla, de Guerra do Rif. En 1894 os pobos Tsonga do sur de Mozambique rebeláronse contra o dominio portugués, Paiva Couceiro foi convidado e aceptou a invitación para o cargo de axudante de campo do comisario rexio en Mozambique.

Chegado a Lisboa, en febreiro de 1896 foi proclamado Benemérito da Patria ,en recoñecemento polo secuestro do rei africano Gungunhana, e feito Comendador da Orde Militar da Torre e Espada, pero non foi ascendido, porén foi nomeado axudante de campo honorario do rei D. Carlos I de Portugal, pasando a integrar a Casa Militar do Rei. Nese mesmo ano de 1896 casou con Julia María de Noronha. Co posto de capitán, pero cun estatuto social e político moi superior, entra no Estado Maior do Exército, en funcións máis honoríficas e burocráticas que de certo servizo militar. Na súa calidade de deputado ás cortes reclamou promocións máis rápidas e mellores salarios para os oficiais do exército, comezando a desencantarse da política tras dirixir un proxecto hidráulico en Angola. Viuse a si mesmo como un novo Nuno Álvares Pereira.

A pesar das súas conexións á Casa Real en 1902 foi trasladado á Inspección do Servizo de Artillaría, en Évora. Estivo practicamente exiliado naquela cidade ata novembro de 1903. Durante o período de permanencia en Évora e nos meses seguintes foise progresivamente achegando de João Franco e das ideas autoritarias do Partido Rexenerador-Liberal. Como deputado nas Cortes revelouse amosouse partidario das medidas autoritarias, aínda que antidemocráticas. Sempre que se falaba das colonias reaccionaba con fanatismo. A súa carreira parlamentaria terminou debido á ditadura de João Franco.

En 1907 é nomeado gobernador xeral de Angola, realizando un vasto plan de obras de fomento e represión das rexións de Cuamato e os Dembos; a súa dimisión veu motivada pola frustración causada pola falta de autonomía gobernativa e de medios. En 1909 regresa a Portugal, onde se segue a radicalizar e querendo volver a unha monarquía absolutista.

Paiva Couceiro en Galicia[editar | editar a fonte]

En 1910, no momento da Implantación da República Portuguesa foi o único oficial que fixo fogo sobre o campamento republicano en Lisboa.

Paiva Couceiro na Galicia de 1912.

En 1911 Paiva Couceiro dimite e foxe a Galicia, onde agochado por Eduardo Cea Naharro comeza a conspirar aproveitando a orografía da zona norte de Portugal que ofrece maior protección xeográfica. Coa complicidade das autoridades do reino de Afonso XIII, xunta e arma a voluntarios monárquicos, os coñecidos como "paivas", desde Verín lanza a primeira "incursión monárquica" de 1911 no que ao mando de mil homes armados cruzou a fronteira por Trás-os-Montes para atacar Braganza, pero cambia e ataca a Vinhais. Debido a que non atopa apoio entre a poboación recúa ás súas bases en Verín, reducidos en 600 persoas repartidas entre Verín, Xinzo de Limia e Ourense, onde pasaron o inverno mentres as armas se mantiñan agochadas no lado portugués para non violar a neutralidade española.

No verán de 1912 Paiva Couceiro regresa a Galicia e asume o control das tropas que permaneceran acantoadas por toda a raia. Forma tres grupos: un para atacar Valença do Minho desde Tui,os segundos atacarían como distracción Vilaverde da Raia e o terceiro grupo, mais numeroso, entraría en Portugal para establecer contacto cun crego con máis soldados en Cabeceiras de Basto, atacando Chaves, mentres atacaba a través de Feces de Abaixo cun pequeno destacamento que se tivo que retirar ante a derrota de Paiva Couceiro fronte as defensas de Chaves, con 30 mortos. Paiva Couceiro regresa co seu malogrado exército a Galicia, onde o goberno de José Canalejas Méndez o protexe.

En decembro de 1911 participa nas reunións en Londres que trataron de "cuestión dinástica" entre D. Manuel II e o seu curmán D. Miguel de Bragança, e que veu a ter o seu epílogo no "Pacto de Dover" cuxo proxecto redacta en Londres o 30 de decembro de 1911. Regresa a Galicia, en xuño de 1912 foi xulgado en rebeldía polo Tribunal do Segundo Distrito do Porto; pero el reúne mais armas e o 6 de xullo de 1912 comanda outra nova incursión, sendo derrotados dous día despois en Chaves.

En 1915 é amnistiado pola república portuguesa, pero Paiva Couceiro rexeitou servir ao novo réxime e instalouse en España, onde preparou a restauración da Monarquía con certa axuda do goberno español en plena primeira guerra mundial. O rei portugués exiliado, temendo que os aliados convenzan a Afonso XII de entrar na guerra a cambio de obter Portugal, comeza a arredarse de Paiva Couceiro.

En 1919 proclamouse a referida Monarquía do Norte, de curta duración, da cal foi o Presidente da Xunta Gobernativa do Reino. Neste período foi activamente apoiado polos líderes integralistas. Así, volve organizar unha incursión dos monárquicos exiliados, consegue subverter as institucións da parte do territorio portugués que ía do Miño á liña do Vouga e, en nome do rei D. Manuel II de Portugal, exiliado na Gran Bretaña, e estratexicamente, restaurar a Carta Constitucional de 1826.

Con todo, o seu obxectivo maior era o regreso á Monarquía Integral, medieval, católica e corporativa. Por esa razón proclama a restauración da monarquía na cidade de Porto, nun episodio que ficou coñecido pola Monarquía do Norte (19 de xaneiro ao 13 de febreiro de 1919). Porén, a situación non pode perdurar e o réxime republicano é de novo instaurado. Durante a efémera vida daquel réxime -25 días- exerceu as funcións de Presidente da Xunta Gobernativa do Reino. A sublevación monárquica de 1919 fracasou, ao non lograr obter apoios fundamentais que poderían garantir a súa supervivencia. O malogro da breve experiencia monárquica era inevitable, debido ós temores do rei Carlos II de Portugal a que España aproveitase a situación. Porén a idea e a expectativa de restauración realista mantivéronse até á emerxencia do "Estado Novo", acabando o monárquico de corazón , Oliveira Salazar, por ser o verdugo de cantos aínda soñaban no regreso ao 4 de outubro de 1910.[1]

Os anos finais[editar | editar a fonte]

Despois do fracaso da Monarquía do Norte, ausentouse de novo para Madrid. O Tribunal Militar Especial condenouno ao desterro aínda que foi amnistiado en 1924, volta a Portugal pero é de novo exiliado polo salazarismo en 1935, por criticar publicamente a política colonial do réxime.[2] Volta para Lisboa, vindo de Tui onde estivera exiliado en 1937.

En 1937, despois de volver a criticar violentamente a política colonial do réxime do "Estado Novo" nunha carta dirixida ao Presidente do Consello de Ministros, Oliveira Salazar, o 31 de outubro de 1937, foi detido pola "Vixía de Defensa Social e Política" durante 6 días , condenado a dous anos de exilio e forzado a retirarse da vida política, sendo enviado ás Canarias. En 1939, António de Oliveira Salazar permitiu o seu regreso a Portugal, onde acabou por vivir os últimos anos da súa vida.

Obras[editar | editar a fonte]

Obras publicadas por Paiva Couceiro[editar | editar a fonte]

  • Informe de viaxe entre Bailundo e as terras do Mucusso , Prensa Nacional, 1892
  • Angola: Estudo administrativo , Tipografía da Cooperativa Militar, 1898
  • Artur de Paiva, A. Liberal, 1900
  • A Democracia Nacional, Prensa Portuguesa, Lisboa, depositarios Francia & Armenio, Coimbra, 1917
  • O Soldado Práctico ", Tipografía Asubías, Ltd, Lisboa, para as Edicións Gama, Lisboa, 1936
  • Angola: dous anos de goberno, xuño 1907 - xuño 1909 , Edicións Gama, Lisboa, 1948 [foi acompañada pola obra de Norton de Matos, Angola: ensaio sobre a vida e acción de Paiva Couceiro en Angola que se publica a reeditar a ser o seu informe de Goberno Edicións Gama, Lisboa, 1948].
  • Angola, historia e comentarios , Tipografía Portuguesa, 1948
  • Angola: Proxecto de Fomento , Edición da Revista "Portugal Colonial", Lisboa, 1931
  • Subvencións para a Obra Rexurdimento Nacional , Fascículo I - O Estado Nacional, Tipografía "Hesperia", Madrid, 1929
  • Subvencións para a Obra Rexurdimento Nacional , Fascículo II - A Nación Organizada, Tipografía da Gazeta dos Camiños de Ferro, Lisboa, 1929
  • Profesión de Fe (Lusitania Transformada) , o seu último libro e testamento político, con prólogo de Luís de Almeida Braga, Tipografía Leitão, Porto, para as Edicións Gama, Lisboa, 1944
  • Experiencia de Tracción Mecánica na Provincia de Angola , Prensa da Libraría Ferin, Lisboa, 1902
  • Carta Aberta aos meus amigos e compañeiros , edición da Acción Realista Portuguesa, Biblioteca de Estudos Nacionalistas, 1924
  • Proxecto de Orzamento do ano Económico de 1917/18 do Distrito de Angola , Luanda, 1900.

Obras publicadas sobre Henrique de Paiva Couceiro[editar | editar a fonte]

  • Paiva Couceiro - Biografía política e in-memoriam. Francisco Manso Negro Cruz, Talleres Gráficos, Lisboa 1947
  • Paiva Couceiro, Político, militar e Colonial. Francisco Manso Negro Cruz, Edición do Autor, Lisboa 1944.
  • Paiva Couceiro e a contrarrevolución monárquica (1910-1919). Artur Ferreira, Biblioteca da Universidade do Miño, Coimbra 2000.
  • Paiva Couceiro: unha gran figura de Angola. Xulio de Castro Lopo, Axencia Xeral do Ultramar, Lisboa 1948.
  • Paiva Couceiro: aspectos africanos da súa vida. Alberto de Almeida Teixeira, Pro Domo, Lisboa 1948.
  • Paiva Couceiro. José Brandão Pereira de Mello, Axencia Xeral das Colonias, Lisboa 1946.
  • Couceiro, o Capitán phantasma. Joaquim Leitão, Edición do Autor, Porto 1914.
  • En Marcha para a 2ª Incursión. Joaquim Leitão, Edición do Autor, Porto 1915.
  • O Ataque a Chaves. Joaquim Leitão, Edición do Autor, Porto 1916.
  • Angola - Ensaio sobre a vida e Acción de Paiva Couceiro en Angola. General Norton de Mattos, Edicións Gama, Lisboa 1948.
  • Paiva Couceiro en Angola. Jorge Viana, Concello de Sá da Bandeira, Tipografía VGS, Sá da Bandeira 1961
  • O Exemplo Político de Paiva Couceiro. Francisco Manso Negro Cruz, Edición do Autor, Lisboa 1945.
  • A Monarquía do Norte. Rocha Martins, Talleres Gráficos do ABC, Lisboa 1922.
  • Gloria e desengano do Heroe - Paiva Couceiro á Hora de Morrer. Nuno de Montemor, Edición da Unión Gráfica, Lisboa 1949.
  • A Revolución de Couceiro. Revelacións escandalosas, confidencias, crimes. Abílio Delgado. Edición do Autor. Porto, 1912.

Na cultura popular[editar | editar a fonte]

  • Na película Chaimite, Paiva Couceiro é a principal personaxe histórico, sendo representado polo propio realizador Jorge Brum do Canto.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Artur Ferreira Coímbra (2000). "Paiva Couceiro e a contrarrevolución monárquica (1910-1919)". Braga. 
  2. Maria Filomena Mónica (coordinadora), Dicionario Biográfico Parlamentario (1834-1910) , volume I, pp. 898-899. Lisboa: Asemblea da República, 2004 (ISBN 972-671-120-7).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Vasco Pulido Valente, Un heroe portugués: Henrique Paiva Couceiro , Alêtheia Editores, Lisboa, 2006 (ISBN 989-622-041-7) .
  • O Último Feito do Bronce do ilustríssimo Afonso de Albuquerque , Paiva Couceiro, Político, militar e Colonial / Francisco Manso Negro Cruz, Edición do Autor, Lisboa 1944, p. & 97.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]