Galegos na Arxentina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Galegos na Arxentina
Dia del Inmigrante Buenos Aires 2010 - Galicia 02.jpg
Colectividade galega en Bos Aires no Día do Inmigrante de 2010.
Poboación
Poboación total:
168 263 hab  (censados en 2015)[1]
14% da poboación arxentina (5 500 000 hab, 2009)[2]
Rexións principais:
Flag of Argentina.svg ArxentinaBos Aires, Provincia de Santa Fe, Córdoba
Aspectos culturais
LinguaCastelán (castelán riopratense) e galego
RelixiónCatolicismo
Grupos
relacionados
Pobo galego
Parte da serie sobre o
Pobo galego
Escudo de Galicia.svg
Por país
Demografía de Galicia
Diáspora
Alemaña · Arxentina · Brasil · Cuba · Estados Unidos de América · Francia · México · Reino Unido · Suíza · Uruguai · Venezuela
Cultura
Arquitectura · Arte · Baile · Gastronomía · Literatura · Loita · Música · Mitoloxía · Relixión · Símbolos · Traxe
Linguas
Galego
Dialecto berciano
Xergas: Barallete · Verbo dos arxinas
Historia de Galicia
Monumento aos inmigrantes galegos en Ushuaia, Terra do Fogo.

Os galegos na Arxentina son os inmigrantes galegos, e os seus descendentes, que se asentaron na Arxentina. No ano 2015, eran 168 263 habitantes,[1] concentrados principalmente na cidade de Bos Aires e, en menor medida, noutras provincias arxentinas. A inmigración galega na Arxentina foi un dos fluxos migratorios máis importantes da historia do país, constituíndo arredor do 70% dos inmigrantes españois nese país. Os galegos emigraron entre os séculos XIX e XX, fuxindo da fame, a falta de traballo, as presións políticas e na procura de progreso social, sendo a Arxentina o principal país da diáspora galega.[2][3]

Estímase que dende 1857 a 1960 se asentaron 600 000 galegos na Arxentina.[4][2]

Historia[editar | editar a fonte]

Os primeiros galegos que chegaron ao actual territorio arxentino remóntanse á época colonial, comenzando a ser significativos na metade do século XVIII.[5] Trala expansión do Imperio Español por América eran poucos os galegos que formaban parte das expedicións. A presenza de galegos foi limitada a uns cantos homes mozos e solteiros que ocuparon postos militares de segunda fila no exército ou a armada xa que eran atraídos polas perspectivas do «Novo Mundo». En anos posteriores, os galegos, aínda sendo poucos, formaban parte da administración civil, militar ou eclesiástica.[6]

En 1806, creouse o Tercio de Voluntarios de Galicia, unha unidade de infantaría formada por galegos residentes en Bos Aires a causa das invasións británicas do Río da Prata.[7][8] Desaparecido en 1809, este corpo militar rexurdiu en 1995 como garda de honra da Escola de Náutica Manuel Belgrano.[9] Devandito corpo militar foi condecorado coa Medalla de Buenos Aires do goberno porteño, a Medalla de Ouro Distinción ao Valor en Defensa da Patria do Congreso da Nación Arxentina e a Medalla de Prata de Galicia da Xunta de Galicia.[10]

Co estoupido da guerra civil española a inmigración española, incluíndo a galega, aumentou significativamente. Bos Aires foi un destino que atraeu os exiliados, xa que moitos deles tiñan familiares na Arxentina como consecuencia da masiva inmigración en períodos anteriores. Entre os novos inmigrantes había un bo número de intelectuais, moitos deles dedicados ao teatro, a literatura, as ciencias, a historia e, algúns, escribiron libros ou crearon editoriais que chegaron a alcanzar moita importancia e vida prolongada.[11] Contra o ano 1950 había uns 100 000 galegos censados en Bos Aires.[12]

O artista, empresario e intelectual galeguista Isaac Díaz Pardo radicouse temporalmente na Arxentina, tendo contacto con grupos de intelectuais que organizaban reunións en Bos Aires. Así estabeleceu un proxecto de recuperación da memoria histórica galega que tivo continuidade en Galicia. Constituíu o Laboratorio de Formas, precursor doutras actividades industriais e culturais como a restauración da produción de cerámica de Sargadelos, en colaboración con Cerámicas do Castro (1963), o Museo Carlos Maside (1970), a editorial Ediciós do Castro (1963), o restaurado Seminario de Estudos Galegos (1970), o Instituto Galego de Información etc.[13][14]

Cando menos 1 100 000 de galegos emigraron á Arxentina entre 1857 e 1960, dos cales 600 000 se radicaron de forma permanente.[4][2] Estas cifras representan o 15% dos europeos chegados á Arxentina.[15] Segundo outras cifras, entre 1830 e 1930 documentáronse en Galicia unhas 852 427 saídas cara a América, case a metade do fluxo galego a América.[5] Eles e os seus descendentes marcaron culturalmente o país, fundamentalmente nas grandes cidades. Os inmigrantes eran moi variados: entre eles había anarquistas como Antonio Soto Canalejo (líder sindicalista da Patagonia rebelde) e mesmo terratenentes como Antonio Santamarina. Tamén había empresarios e grandes comerciantes. Entre os descendentes de galegos notables pódense salientar os presidentes arxentinos Bernardino Rivadavia, Raúl Alfonsín e Cristina Fernández de Kirchner, e personalidades que recibiron o Premio Nobel como Carlos Saavedra Lamas e Adolfo Pérez Esquivel.[4][16]

Agás polos intelectuais exiliados, e en comparanza con outros emigrantes chegados á Arxentina, moitos eran labregos sen ou con poucos estudos, e por mor diso preocupáronse especialmente por desenvolver a educación rural en Galicia. Durante o franquismo, as remesas enviadas a Galicia polos emigrantes e exiliados eran moi importantes.[14][2] Estes inmigrantes falaban mal o castelán e conseguiron traballos de baixa cualificación no sector de servizos urbanos.[17]

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, pai do nacionalismo galego, viviu e faleceu en Bos Aires.[18] En 1944, Castelao creou o Consello Nacional de Galiza en Montevideo, no Uruguai, constituíndose formalmente en Bos Aires. Pretendía aglutinar os deputados galegos, galeguistas e republicanos, por enriba de partidos políticos, para dotar dun órgano político a Galicia no exilio. Baseaba a súa lexitimidade no resultado positivo do plebiscito de aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1936, aprobado pouco antes do estoupido da guerra civil.[19] Castelao foi homenaxeado cunha plazoleta en Bos Aires.[11][20]

En novembro de 1954, publicouse en Bos Aires un informe folleto para a UNESCO sobre a persecución da lingua galega levada a cabo pola ditadura de Francisco Franco. A declaración de 32 páxinas foi escrita por Ramón Piñeiro e presentada á UNESCO nunha edición trilingüe na VIII Conferencia de devandito organismo en Montevideo, onde se decidiría sobre a admisión a España, representada por Manuel Fraga.[21][22][23][24] En xullo de 1956, celebrouse en Bos Aires o primeiro Congreso Mundial da Emigración Galega.[25]

Os inmigrantes galegos organizáronse en numerosas asociacións e sociedades locais. En 1921, creouse a Federación de Sociedades Gallegas, Agrarias y Culturales para unir algunhas delas. Durante os anos 1920 logrou unha grande adhesión do conxunto de micro asociacións comarcais galegas, totalizando en pouco tempo 40 entidades con 5 800 afiliados. En 2007, tamén se creou a Biblioteca Galega de Bos Aires por parte de dita federación.[26][11] Entre 1904 e 1936 creáronse unhas 350 sociedades galegas que apuntaban ao mutualismo.[4]

Unha importante asociación é o Centro Gallego de Buenos Aires, salientando no eido da medicina e nos da cultura e a acción social. Na súa maternidade naceron milleiros de descendentes de galegos. O seu "Instituto Argentino de Cultura Gallega" patrocinou a edición de moitos libros que en Galicia nunca terían visto a luz. As enfermeiras do Centro Gallego aínda hoxe seguen lucindo nas súas capas azuis a cruz de Santiago que forma parte do escudo de Santiago de Compostela. O Centro Gallego posúe un hospital de 34 000 metros cadrados, distribuídos en seis plantas e dous sotos, con 370 camas, seis quirófanos e 70 consultorios externos. Tamén ten un teatro, unha sala de arte e unha biblioteca de máis de 20 000 volumes.[11] O Centro Gallego de Buenos Aires chegou a ter 120 000 socios, sendo a mutual máis importante do continente americano.[4]

Raúl Alfonsín, descendente de galegos, en xuño de 1984 durante a súa primeira viaxe ao exterior como Presidente da Nación Arxentina, visitou a vila de Ribadumia, en Pontevedra, de onde eran orixinarios os seus avós. Alí dirixiuse aos seus habitantes:[27][28]

«Poden estar orgullosos dos galegos de aló [na Arxentina]. Trouxeron o seu traballo, a súa honestidade e xenerosidade, deixaron alí para sempre a pegada da nobreza e o señorío galegos».[29]

En 1987, Alfonsín e o presidente da Xunta de Galicia, Xerardo Fernández Albor, participaron nos festexos do 80º aniversario do Centro Gallego e do oitavo do Centro Galicia de Bos Aires.[30]

A crise de decembro de 2001 na Arxentina obrigou a moitos inmigrantes e descendentes de galegos a buscar emprego e emigrar á terra dos seus devanceiros.[31] A Xunta de Galicia posúe unha delegación en Bos Aires dende o ano 2007. Ten como funcións representar o Goberno de Galicia e promover a cooperación exterior, a cultura e a lingua galega.[32]

O número de galegos na Arxentina comezou a aumentar nas dúas primeiras décadas do século XXI, mantendo a súa predominancia na diáspora galega. Moitos descendentes de emigrantes puideron acceder á nacionalidade española.[1]

Comunidade galega[editar | editar a fonte]

Museo da Emigración Galega na Arxentina, en Bos Aires.

Os galegos e os seus descendentes constitúen preto do 14% da poboación arxentina.[2] A inmigración galega foi masiva entre finais do século XIX e comezos do século XX. Tamén tivo un factor importante a guerra civil española, a caída da Segunda República Española e a instauración da ditadura de Francisco Franco.[26] Os galegos foron o grupo maioritario dos inmigrantes españois na Argentina, concentrándose principalmente na rexión do Río da Prata.[33]

Arxentina foi un destino elixido polo seu crecemento económico e as súas políticas migratorias proclives á recepción de inmigrantes españois e italianos, por ser considerados facilmente asimilables ás características étnicas, culturais e relixiosas do país suramericano. Isto mantívose até mediados da década de 1950, cando os fluxos de emigración se debilitaron pola inestabilidade política na Arxentina, facendo mudar os destinos da emigración galega.[3] Estímase que un de cada tres galegos na diáspora vive na Arxentina.[1]

A cidade co segundo maior número de poboación galega do mundo, logo de Vigo e, segundo outras fontes en competencia coa Coruña,[34][35] é Bos Aires,[36][37][38][39][40] onde nas primeiras décadas dos anos 1900 os galegos constituían o grupo de inmigrantes estranxeiros máis numeroso. Mesmo había máis galegos na capital arxentina que na propia Galicia.[26] Contra o ano 1910, Bos Aires era a maior urbe galega do mundo, con 150.000 nativos de Galicia que representaban entre o 8 e o 10 % da poboación total da cidade,[2] en comparanza cos 60.000 habitantes que tiña A Coruña nese mesmo ano.[41] Aínda hoxe en día a Arxentina é o país do mundo, fóra de España, con maior presenza galega. Isto deulle o alcume a Bos Aires da «quinta provincia galega».[26][11][42][43][44][45][46] Estímase que o 65 % dos descendentes de españois en Bos Aires e Gran Buenos Aires, descenden de galegos.[30]

A capital arxentina posúe un gran número de institucións civís galegas: un total de 700 institucións que á súa vez se agrupan en 83, dúas menos que o total en España e que representan a quinta parte das institucións galegas no estranxeiro.[47] Os principais oficios dos galegos na cidade foron na hostalaría e no comercio, sobre todo alimenticio como almacéns, bares, tabernas e restaurantes.[11] Varios destes hoteis e locais levan o nome de cidades galegas.[48] As institucións galegas non só se atopan en Bos Aires, tamén as hai na cidade de Santa Fe, que data de 1919.[49][50] A provincia de Buenos Aires foi o segundo destino da inmigración galega.[3]

Rexións de orixe[editar | editar a fonte]

Mapa de Galicia coas rexións de orixe segundo as estatísticas de 2008.[51]

Contra o ano 2008, as estatísticas sinalaban que había uns 118 085 inmigrantes galegos, dos cuales 41 102 eran da provincia da Coruña, 34 086 da provincia de Pontevedra, 22 214 da provincia de Lugo e 20 683 da provincia de Ourense.[51]

Entre 1949 e 1950, o 34% de emigrantes galegos eran da provincia da Coruña, seguida por Lugo co 25%. Entre 1951 e 1952, os coruñeses eran o 35% e entre 1959 e 1960, eran o 63%, seguidos por Lugo (13%), Pontevedra (13%) e Ourense (11%). En canto a entidades locais, as principais que achegaban inmigrantes á Argentina eran os partidos xudiciais de Santiago de Compostela (42 %), Ponteaereas, Lalín, A Fonsagrada, Chantada, O Carballiño e Ribadavia. En liñas xerais foron A Coruña, seguida por Pontevedra, as provincias de nacemento da maior parte dos galegos na Arxentina.[3]

O porto de Vigo foi o principal punto de partida (97%), seguido por Xibraltar (2%) e Barcelona (1%). O crecente movemento de migrantes en Vigo levou a que o goberno arxentino instalase un Consulado Xeral en dita cidade.[3]

No caso dos pontevedreses, Bos Aires ten a maior concentración de nativos de Pontevedra ou os seus descendentes. Alí funcionan 18 centros pontevedreses das 83 institucións galegas da cidade.[34] Unha localidade da provincia de Buenos Aires foi nomeada Pontevedra. O Centro Pontevedrés de Bos Aires foi fundado en 1942 polas sociedades emigrantes de Lérez, Moraña, Alba, Campañó, Cerponzóns, Xeve, Sanxenxo e Poio.[5]

Os inmigrantes tamén crearon institucións que agrupaban aos procedentes de pequenas comarcas, como por exemplo, o "Centro Arzuano Mellidense", fundado o 19 de xaneiro de 1935 por un grupo de inmigrantes galegos dos concellos de Arzúa e Melide, cidades coruñesas.[11] Outros casos son os centros das comarcas do Val Miñor, Deza, o Salnés, Vigo, entre outras.[5]

Participación na política[editar | editar a fonte]

España admite o voto no exterior para eleccións das comunidades autónomas, incluíndo Galicia. Contra o ano 2005, a Arxentina tiña 100.857 electores galegos censados, sendo a maior poboación desa orixe no estranxeiro. Nas últimas décadas, os gobernos de Galicia quedaron en mans dos galegos que viven no exterior, especialmente na Arxentina. As votacións realízanse por correo, demorando varias semanas.[42][52]

En 2008, o 60% do voto galego no estranxeiro concentrábase na Argentina.[53] En catro anos, a cifra de votantes incrementou máis dun 25%, chegando aos 116.682 e representando o 5 % dos votantes do total da comunidade autónoma galega.[54] En 2009, os votantes galegos na Arxentina chegaban a 121.000. Nas eleccións dese ano, os candidatos Emilio Pérez Touriño (PSdG-PSOE) e Alberto Núñez Feijóo (PPdG) organizaron unha campaña na Arxentina e viaxaron a Bos Aires. Mesmo nos tradicionais colectivos porteños se podía ver propaganda electoral.[55]

En 2012, Galicia tiña 397.284 votantes no estranxeiro, dos cales 141.680 (case a metade) vivían na Arxentina. Estas cifras fan que os principais partidos políticos (PPdG, PSdG-PSOE e BNG) a consideren como un «enclave electoral». Moitos destes votantes son galegos de segunda e terceira xeración que naceron na Arxentina mais que adquiriron a nacionalidade española.[56] O censo electoral español de 2013 contabilizou 147.062 electores galegos na Arxentina no ano 2013.[57]

En 2005, un grupo de alcaldes dos concellos de Ames, Brión, Boqueixón, Teo, Vedra e Val do Dubra (todos eles da Comarca de Santiago na Coruña), viaxou a Bos Aires reuníndose con grupos de inmigrantes galegos.[58]

Cultura[editar | editar a fonte]

Almanaque Gallego, ano I, 1898, publicado en Bos Aires, en pdf.

Na Arxentina, os inmigrantes e os seus descendentes realizaron un traballo de mantemento e difusión da cultura galega, salientando Castelao, Eduardo Blanco Amor, Luís Seoane, Lorenzo Varela, Ramón de Valenzuela, Rosalía de Castro e Antonio Pérez Prado, entre outros.[59][60][4]

Lingua[editar | editar a fonte]

A lingua galega mantense polo interese dos descendentes dos inmigrantes. Hai posibilidades de aprendelo nunha escola e mediante cursos. Tamén existen emisións de radio e organízanse actividades culturais.[61] Os cursos de lingua galega existiron en Bos Aires dende a década de 1950, e foron mantidos por diversas asociacións.[25]

Os galegos fireron achegas ao lunfardo arxentino con palabras como chumbo ou gayola.[4] Outras palabras son barullo, chantar, fariña (en referencia a unha situación temible), lurpiar, naco, grela (muller; palabra utilizada por Enrique Santos Discépolo na letra de El Choclo), entre outras.[62]

Educación[editar | editar a fonte]

O Colexio Santiago Apóstol funciona na cidade de Bos Aires dende marzo de 1988, sendo o primeiro colexio galego no exterior. Foi inaugurado polo daquela presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga, e é administrado tanto pola Xunta como polo Centro Galicia de Bos Aires. Imparte materias en lingua galega e con contido relacionado con Galicia.[63] Dende 2005, logo dun convenio con autoridades galegas, os fillos de galegos que asisten ao instituto poden ser bolseiros.[64]

Medios de comunicación[editar | editar a fonte]

A canle de televisión internacional da Corporación de Radio e Televisión de Galicia, Galicia TV América, atópase dispoñible en varios operadores de cable arxentinos. Tamén se accede á Radio Galega e á Radio Galega Música.[65] A rede social Fillos de Galicia, creada en 1997, reúne moitos arxentinos descendentes de galegos de segunda e terceira xeración.[66]

Prensa[editar | editar a fonte]

Redacción de Correo de Galicia en Bos Aires, 1910.

Na Arxentina, principalmente en Bos Aires, circularon a comezos do século XX numerosas revistas, xornais e publicacións en lingua galega e castelá. Entre eles Almanaque Gallego, Lar, Adiante, Correo de Galicia, El Agrario, El Eco de Galicia, entre moitos outros. O primeiro deles apareceu en 1878 co nome de El Gallego, sendo ademais o primeiro do seu tipo en América do Sur.[67][68]

Festividades e bailes[editar | editar a fonte]

Representante da Sociedade Galega de Arantei, Vilamarín e A Peroxa de Bos Aires no Día do Inmigrante de 2010.

A colectividade celebra o Día Nacional de Galicia[69] e o festival Buenos Aires celebra Galicia, organizado polo goberno de Bos Aires e a colectividade galega. Todas as actividades contan con música e gastronomía galega.[70][71] Nas asociacións galegas é común celebrar as distintas festividades de toda Galicia e bailar despois de comer, emulando as tradicionais festas populares das vilas e aldeas.[11]

Xa no século XX, na capital arxentina eran comúns os bailes amenizados polas tradicionais orquestras de jazz e grupos de gaitas levados a cabo polos galegos. Nos veráns organizábanse pic-nics a beiras do río da Prata, onde se recreaban as tradicionais romarías, encontros propios das familias galegas, que remataban con bailes acompañados de conxuntos de gaitas galegas.[11]

En 1976, fundouse en Bos Aires o Corpo de Baile, facendo as súas primeiras presentacións con músicos en vivo. Foi premiado en 1988 en Santiago de Compostela logo de actuar cos mellores grupos folclóricos galegos na súa primeira viaxe a Galicia.[11]

Literatura e teatro[editar | editar a fonte]

Expediente español de censura da obra A esmorga, publicada en Bos Aires en 1959.

A partir de 1936, e durante as décadas de 1940 e 1950, a literatura galega non desapareceu en Galicia, senón que foi continuada polos autores galegos que, ou ben se viron no deber de exiliarse, ou ben estaban emigrados en América do Sur, principalmente na Arxentina, no momento no estoupou a guerra civil. A maior parte da actividade literaria estaba concentrada en Bos Aires. Alí, os exiliados entraron en contacto cos que emigraron antes da sublevación militar e comenzaron a impulsar revistas, libros e reimpresións, para estabelecer deste xeito a continuidade dunha cultura ameazada. Os intelectuais galegos deberon optar polo exilio para manter as súas vidas e valores a salvo.[14][72]

Esta cultura mantívose mediante libros, revistas e mesmo editoriais. O selo Emecé foi fundado por Luís Seoane e Arturo Cuadrado, dedicándose a difundir prosa e poesía galega, ademais de temas americanos e arxentinos. Seguiron a Emecé as editoriais Nova e Botella al Mar, e outras pequenas, xa desaparecidas, na década de 1950.[2]

Rosalía de Castro foi autora de Conto gallego, que apareceu por primeira vez nunha publicación periódica no ano 1864, e ata o descubrimento desta edición só se tiña coñecemento da publicación realizada por Manuel de Castro y López no seu Almanaque gallego de Bos Aires, no ano 1923.[73] A peza A soldadeira (1956), de Luís Seoane, merece ser nomeada con distinción dentro da dramática galega producida en América do Sur (concretamente en Bos Aires), debido (entre outras virtudes) á súa innovación estética.[74]

No teatro, salienta a figura de Manuel Varela Buxán, quen fundou en Bos Aires a compañía teatral galega Aires da Terra,[75] que máis tarde foi chamada Maruxa Villanueva pola súa cofundadora.[76] Castelao asistiu a unha función da obra de Varela Buxán Pola nosa culpa, e quedou impresionado pola acollida do público, o que motivou que lle confiara a estrea de Os vellos non deben de namorarse en 1941 na capital arxentina.[77]

Nos anos da España franquista, publicáronse en Bos Aires obras novas e reeditadas que estaban censuradas polo xeneral Franco. Algunhas delas chegan a Galicia de forma clandestina. Exemplos son Sempre en Galiza de Castelao (en 1944)[78][79] e A esmorga de Blanco Amor (en 1959).[80]

Numerosos galegos formaron parte de obras da literatura e teatro arxentino dende inicios do século XX en diante. Exemplos diso poden ser as novelas rurais Los caranchos de La Florida (1916), El inglés de los güesos (1923) e El romance de un gaucho (1933) de Benito Lynch onde había galegos estafadores de gauchos, acopiadores de gran e polbeiros. Outras obras son Hacer la América (1984) de Pedro Orgambid, ¡Yo quiero ser torero! (1931) de Oscar Beltrán e Luis Cané, La noche de la Revolución (1932) de José González Castillo, Rosa de Miami (2005) de Eduardo Belgrano Rawson, onde en todas elas os galegos asumen figuras de militantes e defensores dos dereitos. Nas obras Cuando el tiempo era otro. Memorias de infancia en la pampa gringa (1999) de Gladys Onega, Pasador de piedra (2000) de Clementina Ibáñez, e as novelas Petra (2002) de Stella Bertinelli, Domingo en el cielo (2000) de Ana Sebastián, El buen dolor (1999) de Guillermo Saccomanno; inclúense historias familiares de galegos. Tamén aparecen nas novelas históricas.[2]

En 2016, Santiago de Compostela foi a cidade convidada de honra á Feira Internacional do Libro de Buenos Aires de 2016, participando en dita feira diversos escritores e autores galegos.[46]

En Bos Aires publicáronse algúns dos títulos máis importantes da literatura galega, que non podían ver a luz nunha España daquela escura; e os proxectos culturais da capital da Prata foron moitas veces labrados da man dos galegos residentes nesta cidade, que os recibiron cos brazos abertos.[81]
Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia.[82]

Sitios de interese[editar | editar a fonte]

Panteón do Centro Gallego no cemiterio de la Chacarita.

O Museo da Emigración Galega na Arxentina funciona no barrio de San Telmo de Bos Aires dende 2005, nun edificio adquirido pola "Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina" en 1942 para a súa sede.[83][84]

O cemiterio de la Chacarita posúe un panteón galego construído en 1929 e inspirado na Colexiata de Santa María a Real do Sar de Santiago de Compostela. Conta con gárgolas cos escudos das catro provincias galegas. Ademais, cando se puxo a pedra fundamental enterráronse catro cofres con terras de Pontevedra, A Coruña, Lugo e Ourense.[85]

Varios barrios de Bos Aires posúen restaurantes de comida galega, que incluúen paellas, arroces, polbos, tortillas e mariscos.[86] La Coruña foi un bar notable xestionado por galegos e situado en San Telmo que pechou as súas portas en 2013.[87][88]

Estereotipos[editar | editar a fonte]

A inmigración procedente de Galicia foi tan importante que no presente na Arxentina todos os inmigrantes españois, sen importar a súa orixe, a miúdo son referidos como «galegos»,[89][11][2][90] agás no caso dos vascos.[91]

Este termo tivo ás veces un significado despectivo, referíndose ao galego como un individuo parvo, cobizoso e desconfiado.[92] Tamén é habitual caracterizar aos galegos nos chamados «chistes de galegos», sobre todo nas versións popularizadas na Arxentina por «Pepe Muleiro», pseudónimo do xornalista Ricardo Parrotta. A comunidade galega de Bos Aires mesmo presentou unha denuncia por discriminación contra o xornalista.[17] Historicamente, a mediados do século XX, estes chites estiveron presentes en revistas, sainetes, literatura, teatro e prensa da época.[2]

O autor Antonio Pérez Prado definiu estas representacións como «galaiconos», inmortalizados por caricaturas e personaxes de debuxos animados, sendo un exemplo coñecido o personaxe Manolito da caricatura Mafalda, que se caracteriza segundo o estereotipo do "galego" das bromas arxentinas, cuxa versión en castelán serían as “bromas de Lepe”, con personaxes sinxelos e parvos, aínda que sempre cos pés na terra. A súa caracterización tamén é física, cunha "cabeza grande e cadrada, corte de pelo en brocha, cellas tupidas sen solución de continuidade, mandíbulas fortes e sombreadas por unha barba incipiente".[2][93]

Estes personaxes xa aparecían no semanario arxentino Caras y Caretas a comezos do século pasado e contaban con boas virtudes, como o traballo, a lealdade, a honestidade, o amor á familia e á terra, gratitude ao país anfitrión, boa fe; mentres que os negativos foron a torpeza, a grosaría, a falta de iluminación, a tacañería, a inxenuidade transformada en ignorancia.[2][93][17] No uso axeitado do termo deu lugar a alcumes afectuosos.[2] Incluso Raúl Alfonsín foi cualificado de "bo galego".[94] Por outra banda, no seu momento autores como Roberto Arlt e Ricardo Rojas, entre outros, denunciaron «a incapacidade dos arxentinos para recoñecerse como o galego antecesor».[17]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "500.000 gallegos viven en el extranjero". La Voz de Galicia. 19 de marzo de 2015. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 Lojo, María Rosa (2009). "La Argentina Gallega: Más Allá de los Estereotipos". Revista Gramma. 
    Traballo publicado baixo licenza Creative Commons Atribución-NoComercial 2.5 Argentina.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Nadia Andrea De Cristóforis (2013). "La fase final de unas migraciones de larga duración: gallegos hacia Buenos Aires (1946-1960)". amnis.revues.org. 
    Texto publicado nos termos da licenza Creative Commons Attribution - Pas d'Utilisation Commerciale - Pas de Modification 4.0 International.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 "Buenos Aires, capital de la quinta provincia gallega en el mundo". Diario Clarín. 22 de decembro de 2007. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 "Memoria de la emigración". Faro de Vigo. 20 de xuño de 2014. 
  6. "Los primeros gallegos en la Argentina". galicia.swred.com. 
  7. Pablo Rodríguez Leirado. "El Tercio de Gallegos". almargen.com.ar. 
  8. "El heroico Tercio de Gallegos en la Defensa de Buenos Aires (1807)". reconquistaydefensa.org.ar. Arquivado dende o orixinal o 6 de xuño de 2014. 
  9. "La Galicia que derrotó a Inglaterra". El País. 27 de xaneiro de 2010. 
  10. "El Tercio de Gallegos". Galicia espallada. 
  11. 11,00 11,01 11,02 11,03 11,04 11,05 11,06 11,07 11,08 11,09 11,10 "Observatorio de colectividades: Española". Buenos Aires Ciudad. Arquivado dende o orixinal o 5 de outubro de 2016. 
  12. "Los gallegos de la quinta provincia". Faro de Vigo. 10 de setembro de 2014. 
  13. Galiciae (5 de xaneiro de 2012). "Díaz Pardo, el hombre más querido de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 6 de xaneiro de 2012. 
  14. 14,0 14,1 14,2 "“Los exiliados gallegos en Argentina no eran cualquier cosa, eran gente muy importante”". Crónicas de la Emigración - Galicia en el Mundo. 11 de xuño de 2012. 
  15. "Núñez Seixas analiza os estereotipos que marcaron os galegos na Arxentina". El Correo Gallego. 7 de maio de 2013. 
  16. Lois Pérez Leira. "Cristina Fernández: su historia familiar en Galicia y Cuba". Agencia Paco Urondo. 
  17. 17,0 17,1 17,2 17,3 "Un estudio desnuda el estereotipo de los «gallegos» en Argentina". La Voz de Galicia. 8 de abril de 2009. Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2015. Consultado o 31 de xullo de 2016. 
  18. Biblioteca Virtual Galega. "Ficha de Castelao na Biblioteca Virtual Galega". 
  19. "Apuntes sobre la Delegación del Consejo de Galicia en Europa" (PDF). 
  20. "Plazoleta Alfonso R. Castelao". Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2016. Consultado o 30 de xullo de 2016. 
  21. "Os antepasados de Franco en Montevideo". El País. 27 de xaneiro de 2012. 
  22. "Comentarios ó libro por parte de Alonso Montero". La Voz de Galicia. 11 de outubro de 2003. Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2016. 
  23. "Proposta de denuncia da Mesa reactivando a de 1954". praza.gal. 
  24. "Artigo de Freixanes". La Voz de Galicia. 10 de outubro de 2003. Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2016. 
  25. 25,0 25,1 "ADIGAL Associaçom Civil de Amigos do Idioma Galego". Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2008. Consultado o 04 de marzo de 2022. 
  26. 26,0 26,1 26,2 26,3 Cecilia L. Escalhao. "Biblioteca Galega de Bos Aires" (PDF). bn.gov.ar. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de setembro de 2016. Consultado o 28 de xullo de 2016. 
  27. "Alfonsín conoció ayer a sus antepasados gallegos en la aldea de Casaldernos". El País. 16 de xuño de 1984. 
  28. "“Alfonsín en Galicia”: arribo a Casaldernos, 1984 (parte II)". Archivo Prisma. 15 de xuño de 1984. Arquivado dende o orixinal o 3 de agosto de 2016. Consultado o 1 de agosto de 2016. 
  29. Traducido do orixinal:"Pueden estar orgullosos de los gallegos de allá [de Argentina]. Han llevado su trabajo, su honradez y generosidad, han dejado allí para siempre la huella de la hidalguía y el señorío gallegos"
  30. 30,0 30,1 "Inmigrantes españoles". oni.escuelas.edu.ar. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2016. Consultado o 04 de marzo de 2022. 
  31. "Los gallegos emigrados en Argentina recurren a Internet para encontrar un trabajo que les permita volver a Galicia". Fillos de Galicia. 11 de decembro de 2001. 
  32. "Delegación de la Xunta de Galicia en Buenos Aires". Xunta de Galicia. 
  33. Núñez Seixas, Xosé Manoel (2002). O inmigrante imaxinario: estereotipos, representacións e identidades dos galegos na Arxentina, 1880-1940. Universidade de Santiago de Compostela. p. 27. 
  34. 34,0 34,1 "Los pontevedreses en la Ciudad de Buenos Aires, Argentina, motivo de estudio". Argentina al Mundo. 
    [...] Buenos Aires, que compite con La Coruña y Vigo para ser la primera ciudad gallega del mundo, [...]
  35. "Feijóo: "Buenos Aires es la tercera ciudad más importante de Galicia"". Faro de Vigo. 23 de abril de 2016. 
  36. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 106. ISBN 84-8158-266-2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 1 de xuño de 2014. Consultado o 28 de xullo de 2016. 
  37. "Bos Aires". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8. 
  38. "Bos Aires". Enciclopedia Galega Universal 3. Ir Indo. 1999-2002. p. 468-471. ISBN 84-7680-288-9. 
  39. "Bos Aires". Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 343. 
  40. "Bos Aires". Diccionario enciclopédico galego universal 10. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 47-48. ISBN 84-7680-429-6. 
  41. Conde, Oscar (2011). Lunfardo. Penguin Random House Grupo Editorial Argentina. 
  42. 42,0 42,1 "La quinta provincia gallega". Página/12. 20 de xuño de 2005. 
  43. "Galicia en el mundo". Asociación PuntoGal. Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2016. Consultado o 28 de xullo de 2016. 
  44. "Raposo Varela: “Buenos Aires es la quinta provincia gallega”". Palermo Online. 26 de xullo de 2016. 
  45. "Emigrantes: la «quinta provincia» gallega". La Razón. 5 de setembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2016. Consultado o 29 de xullo de 2016. 
  46. 46,0 46,1 "Los escritores de Galicia serán una atracción de la Feria del Libro de Buenos Aires, la "quinta provincia gallega"". La Nación (Argentina). 2 de marzo de 2016. 
  47. "El 'lobby' ultramarino de los emigrantes gallegos". El País. 30 de xullo de 2007. 
  48. "Os residentes galegos na Arxentina e os seus descendentes, os mellores embaixadores da nosa comunidade". Televisión de Galicia. 9 de marzo de 2016. 
  49. "El Centro Gallego de Santa Fe, Argentina, celebró el Día de Galicia". Galicia en el Mundo. 14 de agosto de 2015. 
  50. "Recuperan el Centro Gallego". El Litoral. 12 de xaneiro de 2013. 
  51. 51,0 51,1 "Censo electoral de galegos residentes no estranxeiro: últimos datos, evolutivo, por provincia de inscrición e país de residencia". Galicia Abierta. 2008. Arquivado dende o orixinal o 3 de febreiro de 2009. 
  52. Vieiros. "Languages and religions - Data, indicators". Arquivado dende o orixinal o 7 de xaneiro de 2012. Consultado o 9 de novembro de 2009.  Ciudadanos gallegos en las votaciones.
  53. "El PSOE arrasó en la quinta provincia gallega". PSOE Buenos Aires. 31 de marzo de 2008. 
  54. "La emigración gallega tiene más peso en el censo electoral que los habitantes de Lugo y Ourense". galiciae.com. 27 de xaneiro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2016. Consultado o 1 de agosto de 2016. 
  55. "Polémica por el voto emigrante en la 'quinta provincia' gallega". El Mundo. 31 de xaneiro de 2009. 
  56. "El voto exterior, la quinta provincia gallega". Radiotelevisión Española. 4 de outubro de 2012. 
  57. "INE - CensoElectoral". 
  58. "Os emigrantes galegos na Arxentina transmiten as súas inquedanzas aos alcaldes da Mancomunidade de Santiago". Concello de Santiago. 25 de abril de 2005. 
  59. "Emigrantes | Galicia 2001". El Mundo. outubro de 2001. 
  60. "Feria del Libro 2016, ¿quién será la próxima ciudad invitada?". GiraBsAs. 10 de maio de 2015. Arquivado dende o orixinal o 8 de novembro de 2015. Consultado o 29 de xullo de 2016. 
  61. "Las lenguas indígenas y el gallego se unen en Argentina". El País. 6 de xuñ de 2010. 
  62. Oscar Conde (2011). Lunfardo (Google Books). Penguin Random House Grupo Editorial Argentina. 
  63. "Ideario". Colegio Santiago Apóstol. 
  64. "A Mancomunidade de Santiago becará a fillos de emigrantes galegos na Arxentina". Concello de Santiago. 27 de abril de 2005. 
  65. "Los gallegos de Buenos Aires podrán ver la TVG América en el paquete digital básico de Cablevisión". Crónicas de la Emigración | Galicia en el Mundo. 13 de setembro de 2013. 
  66. "Una casa de Galicia que no necesita llaves". Faro de Vigo. 9 de febreiro de 2010. 
  67. Peña Saavedra, Vicente (dir.) (1998). Consello da Cultura Galega, ed. Repertorio da prensa galega da emigración. Santiago de Compostela. pp. 107–108. ISBN 84-87172-30-X. 
  68. Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8. 
  69. "Día de Galicia: Celebración con música y baile tradicional". Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina. 
  70. "Buenos Aires Celebra Galicia". Agenda Cultural Buenos Aires. 
  71. "Buenos Aires Celebra Galicia". Agenda Cultural Buenos Aires. 
  72. "Núñez Feijóo: “De Argentina salieron las principales obras gallegas”". La Capital de Mar del Plata. 21 de abril de 2016. 
    [...] aquí [en Bos Aires] tivemos os principais escritores galegos durante o exilio, de aquí saíron as principais obras galegas.
    Alberto Núñez Feijóo
  73. Cochón, Iris (1995). Diccionario da Literatura Galega (I. Autores). Galaxia. p. 128. ISBN 84-8288-019-5. 
  74. "A Soldadeira | Boletín Galego Literatura". Universidad de Santiago de Compostela. 
  75. "Biografía Manuel Daniel Varela Buxán". Concello da Estrada. 
  76. "El faro de Varela Buxán". El Faro de Vigo. 14 de maio de 2009. 
  77. "Los viejos no deben enamorarse: el drama del ser humano ante la soledad definitiva". Terra.es. 2008. Arquivado dende o orixinal o 6 de maio de 2008. 
  78. Ramón Máiz (1992). "Edición crítica de Sempre en Galiza.". Santiago de Compostela. 
  79. Henrique Monteagudo (2000). "Castelao: Defensa e ilustración do idioma galego". Vigo. 
  80. Blanco Amor, Eduardo (2012). A esmorga. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-9865-890-3. 
  81. Traducido do orixinal: "En Buenos Aires se editaron algunos de los títulos más importantes de la literatura gallega que no podían ver la luz en una España entonces oscura; y los proyectos culturales de la capital del Plata fueron a menudo labrados con las manos de los gallegos albergados en esta ciudad, que los recibió con los brazos abiertos".
  82. "Santiago de Compostela y Buenos Aires, unidas por la literatura". prensa.el-libro.org.ar. 29 de abril de 2016. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2016. Consultado o 31 de xullo de 2016. 
  83. "MEGA Museo de la Emigración Gallega en la Argentina". fsgallegas.org.ar. 
  84. "Museo da Emigración Galega na Arxentina (MEGA)". Murguía. 5 de febreiro de 2011. 
  85. "En la Ciudad de los Muertos". cementeriochacarita.com.ar. 15 de abril de 2012. 
  86. "En historias, el rastro que los gallegos dejaron en la Ciudad". Clarín. 24 de abril de 2016. 
  87. "Bar La Coruña: un pedazo de historia que baja su persiana". La Nación. 10 de marzo de 2013. 
  88. "Fuerzan el cierre del bar La Coruña, de Buenos Aires". La Voz de Galicia. 12 de marzo de 2013. 
  89. "Argentinismos en el Diccionario de la Real Academia Española". gallego, ga. 4. adj. Ant., Arg., Col. y Ur. Dicho de una persona: Nacida en España o de ascendencia española. U. t. c. s. 
  90. "Un libro indaga nas representacións dos galegos na Arxentina". ghastaspista. 16 de abril de 2009. 
    En Arxentina, falar de galegos é falar de españois.
    En Argentina, hablar de gallegos es hablar de españoles.
  91. "En Argentina todo español es gallego, menos el vasco, que es vasco". 20 Minutos. 13 de xullo de 2007. 
  92. Javier F. Maroto. "En Argentina le llaman gallegos a todos los españoles y no pasa nada". Mundiario. 
  93. 93,0 93,1 Pérez Prado, Antonio (1993). Imaxes da discriminación. Grial: Revista Galega de Cultura. p. 212-21. 
  94. "Ricardo Alfonsín sobre Raúl Alfonsín: “era conocido por ser bien gallego, chinchudo y corajudo”". Cadeba BA. 31 de marzo de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]