Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Museo Carlos Maside")
Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside
Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside.JPG
Imaxe frontal do museo
País Flag of Galicia.svg Galicia, España
Cidade O Castro de Samoedo, Sada
Inauguración 1970
Sitio Web MUGA

O Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside foi creado en 1970, ó abeiro do Laboratorio de Formas de Cerámicas do Castro, no Castro de Samoedo (Osedo, Sada), dentro das instalacións de Cerámicas do Castro, nun característico edificio composto de módulos hexagonais ó redor dun módulo central.

Historia e características[editar | editar a fonte]

O Museo naceu a partir das doazóns das coleccións particulares dos membros fundadores do Laboratorio de Formas, creado en 1963 por Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo, co propósito de reunir as obras dos diferentes artistas galegos da xeración dos anos trinta, no desexo de rescatar ese capital cultural de Galicia, se ben ampliou posteriormente os seus obxectivos á creación plástica galega contemporánea.

Nas dúas primeiras plantas expóñense obras do propio Carlos Maside, xunto a outras de Castelao, Maruja Mallo, Francisco Lloréns, Francisco Asorey, Arturo Souto, José Frau, Xesús R. Corredoira, Xosé Eiroa, Federico Ribas, Suárez Couto, Bonome, Xulia Minguillón, Mario Granell, Eugenio Granell, Urbano Lugrís etc., artistas completados cos renovadores como Laxeiro, Colmeiro ou Luís Seoane e tamén obras de vangarda como as do grupo Atlántica. A última planta está dedicada ó debuxo humorístico.

A partir de 1974 foi rexido por un padroádego que, desde 1985, está provisto polos compoñentes da área de Arte e Comunicación do Seminario de Estudos Galegos, ano este no que o museo pasou a denominarse Museo Galego de Arte Contemporánea.

Galería de imaxes do Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Aparecen indicacións relativas a Ediciós do Castro, o Laboratorio Xeolóxico de Laxe, a Fundación Isidro Parga Pondal, a Galería Sargadelos que hai no propio complexo do Castro ou o Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]