Galegos nos Estados Unidos de América

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Obreiros galegos ao servizo da Edison Portland Cement Company de New Village, Nova Jersey, en 1910.[1]

Os galegos nos Estados Unidos de América ou galegoamericanos son os inmigrantes galegos, e os seus descendentes, que se asentaron nos Estados Unidos de América. En 2023 eran máis de 22 000.[2]

Descrición[editar | editar a fonte]

Galicia Sporting Club. Céltiga, 25 de agosto de 1926.

A migración galega aos Estados Unidos tivo lugar principalmente entre 1868 e 1930,[3] aínda que houbo unha segunda vaga migratoria máis pequena a finais da década de 1940 e na de 1950, época na que os galegos chegaron a formar unha pequena comunidade en Newark.[4]

Los Emigrantes Residentes en Tampa "Estados Unidos" que han Contribuido para la Construcción del Nuevo Cementerio de la Parroquia de San Bicente de la Baña.
TAMPA FLORIDA 30 DE AGOSTO DE 1907.
Censo electoral de galegos residentes nos EEUU [5]
por provincia de inscrición, a 1/9/2023 [2]
Provincia da Coruña 10.343
Provincia de Lugo 2.999
Provincia de Ourense 4.297
Provincia de Pontevedra 5.280
Total de galegos nos Estados Unidos [5] 22.919

Hai varias personalidades galegas que viven ou viviron un tempo nos Estados Unidos, pero que non están nacionalizados norteamericanos, como a música Cristina Pato ou o mestre Anxo Brea.[6] A lista de máis abaixo refírese só a aqueles que teñen a nacionalidade estadounidense con ascendencia total ou parcial galega.

Parte da serie sobre o
Pobo galego
Por país
Demografía de Galicia
Diáspora
Alemaña · Arxentina · Brasil · Cuba · Estados Unidos de América · Francia · México · Reino Unido · Suíza · Uruguai · Venezuela
Cultura
Arquitectura · Arte · Baile · Gastronomía · Literatura · Loita · Música · Mitoloxía · Relixión · Símbolos · Traxe
Linguas
Galego
Dialecto berciano
Xergas: Barallete · Verbo dos arxinas
Historia de Galicia

Galegoamericanos notables[editar | editar a fonte]

  • Familia Estevez
  • Jerry Garcia (1 de agosto de 1942 - 9 de agosto de 1995) foi un músico e escritor de cancións.
  • Ramón Verea – xornalista, enxeñeiro e escritor. Inventor dunha calculadora cunha táboa de multiplicar interna
  • Familia Yglesias
    • José Yglesias – (29 de novembro de 1919 – 7 de novembro de 1995) foi un novelista e xornalista norteamericano. Yglesias naceu na sección de Ybor City de Tampa, Florida, e tiña descendencia galega (por parte de pai) e cubana.
      • Rafael Yglesias – Rafael Yglesias (12 de maio de 1954, Nova York) é un novelista e guionista norteamericano. Os seus pais foron o novelista José Yglesias e Helen Yglesias.
        • Matthew Yglesias – Matthew Yglesias (18 de maio de 1981) é un xornalista económico norteamericano e blogueiro político.
  • Perez Hilton – Mario Armando Lavandeira, Jr. (nado o 23 de marzo de 1978), coñecido profesionalmente como Perez Hilton é un blogueiro norteamericano e personaxe da televisión.
  • Carmen Fariña é unha mestra e política.
  • Octavio Vazquez (n. 1972) é un compositor e profesor do Nazareth College (Nova York).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vida Gallega. Número 21, 31/5/1910
  2. 2,0 2,1 Instituto Nacional de Estadística
  3. "Los gallegos en USA se hacen visibles". La Opinion Coruña newspaper. Consultado o 2015-05-04. 
  4. "La Pequeña Galicia de EE.UU.". La Voz de Galicia. Consultado o 2015-05-04. 
  5. 5,0 5,1 Inclúe Porto Rico.
  6. "Un galego, mellor profesor de Historia do Estado de Nova York". Galicia Confidencial. Consultado o 2015-05-08. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]