Adiante (Buenos Aires)
Adiante foi un periódico editado en Buenos Aires entre 1954 e 1956.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Subtitulado Voceiro das Mocedades Galeguistas, apareceu en 1954. Estaba dirixido por Denís Conles Tizado, os redactores eran Adelina González Doval e Carlos Abraira, e contaba coas colaboracións de Antón Santamarina Delgado, Xosé Neira Vilas, Ramón de Valenzuela, Eloísa Ares, Bieito Cupeiro, Antón Moreda, Ramón Suárez Picallo e Avelino Díaz. Publicación editada polas Mocedades Galeguistas, na que se informa das súas actividades, con contidos políticos de orientación nacionalista e republicana e crítica coa situación política e económica de Galicia. Editada integramente en lingua galega. En outono de 1956 apareceu o número 5 (o último coñecido) cun novo formato e paxinación despois dunha paréntese dun ano.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Adiante". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Máiz Vázquez, Bernardo (1989). Memoria-catálogo das publicaciones galegas antifranquistas. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-432-4.
- Peña Saavedra, Vicente (dir.) (1998). Repertorio da prensa galega da emigración. Santiago de Compostela: CCG. pp. 107–108. ISBN 84-87172-30-X.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. II. Publicacións Periódicas. Editorial Galaxia. p. 23-24. ISBN 84-8288-137-X.