Pobo vasco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo vasco
Lauda Sepulcral SanchoIII El Mayor Navarra.jpg
Elcano.jpg
Ignatius Loyola.jpg
Franciscus de Xabier.jpg
Fausto Elhuyar.jpg
Tomás Zumalacárregui (portrait).jpg
Anton abbadia.png
JulianGayarre.jpg
Sarasate.gif
PioBaroja.JPG
SabinoAranaTxapeldun.jpg
Jorge Oteiza.jpg
Pete Cenarrusa euskal-estatubatuarra.jpg
Eduardo Txillida.jpg
Dolores002.jpg
John Garamendi 113th Congress.jpg
Edurne Pasaban, 2010-07-01.jpg
Leopold eyharts v2.jpg
Miguel Indurain en la Vuelta a Castilla y León 2009 (cropped).jpg
Urkullu lehendakaria 1.jpg
Poboación
Poboación total:
2,6 millóns
Rexións principais:
Biscaia 1 160 000
Guipúscoa 684 000
Navarra 560 000
Áraba 313 000
Lapurdi 225 000
Baixa Navarra 40 000
Zuberoa 20 000
Aspectos culturais
Lingua Éuscaro, castelán e francés
Relixión Catolicismo
Grupos
relacionados
Casteláns, occitanos e aragoneses

O pobo vasco (en éuscaro: Euskaldunak) é un grupo étnico[1][2][3] que habita na área tradicionamente coñecida como País Vasco (en éuscaro: Euskal Herria), localizada na zona oeste dos Pireneos e na costa do Golfo de Biscaia, na parte norte de España e o suroeste de Francia. Caracterízanse por ter uha lingua, unha cultura e uns devanceiros comúns, os vascóns e os aquitanos.[4]

Historia[editar | editar a fonte]

Tribos vascas segundo os xeógrafos romanos sinaladas en vermello, sinaladas en azul as tribos celtas.

Os historiadores romanos afirman que o territorio vasco era habitado dende tempos prerromanos por diversas tribos cuxa lingua non entendían. A distribución rexional destas tribos difere entre os historiadores. Porén, acéptase a teoría de que os vascos son un remanente dos primeiros habitantes do paleolítico da Europa occidental, especificamente dos habitantes da rexión francocantábrica. Estrabón e Plinio o Vello nomean nos seus escritos as tribos vascas, incluíndo ós vascóns e ós aquitanos entre outras. Existen evidencias para afirmar que estas tribos xa falaban protovasco.

Durante a alta Idade Media, os territorios entre o río Ebro e o río Garona eran coñecidos como Basconia e foi unificado baixo o mando dos duques de Vasconia por un tempo. Despois das invasións dos musulmáns na península Ibérica e a expansión francesa de Carlomagno, o territorio fragmentouse. O reino de Pamplona emerxeu como o principal estado do territorio no século IX. Sería baixo o mando de Sancho III o Maior que o reino de Pamplona conseguería a súa máxima extensión territorial, pero despois da súa morte no ano 1035, os seus fillos non respectaron o seu testamento que outorgaba o reino ó primoxénito, e despois de moitas loitas, dividiron o territorio, o cal deu lugar a unha nova estrutura política no século XII formada polos reinos de Navarra, Aragón e Castela. Durante a Idade Media, Biscaia únese voluntariamente ó Reino de Castela.

No ano 1200, o reino de Navarra perdeu os actuais territorios de Áraba, Guipúscoa e o Duranguesado, que son anexionados polo monarca castelán. Deste xeito, Navarra, separada dos outros territorios peninsulares do País Vasco, orientou a súa política de expansión cara ó norte e leste, nos territorios fronteirizos con Francia e Aragón. Navarra, foi anexionada parcialmente no reino de Castela durante os séculos XI e XII, e practicamente na súa totalidade durante 1512 e 1521. O resto do territorio do norte foi anexionado por Francia. As tres provincias da actual Euskadi, que se uniran voluntariamente ó reino de Castela, deron o seu apoio á integración de Navarra con Castela.

Navarra, Áraba, Guipúscoa e Biscaia conservaron os seus foros. Esta situación perdurou até o século XIX, data na que foron parcialmente suprimidos per Antonio Cánovas del Castillo despois da derrota carlista. Durante o franquismo, só Áraba e Navarra conservaron parte dos seus antigos foros, pero van foron derrogados nas outras dúas provincias por decreto do 23 de xuño de 1937 por ser consideradas «Provincias traidoras», suprimindo o primeiro Estatuto de Autonomía Vasco. Este decreto foi parcialmente modificado o 6 de xuño de 1968, suprimindo os parágrafos ofensivos para Guipúscoa e Biscaia, pero conservando o resto dos artigos. Foi finalmente derrogado o 30 de outubro de 1976.

Hoxe en día o País Vasco está conformado pola comunidade homónima, poa comunidade foral de Navarra e polas provincias do sur de Francia.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Sentimento vasco no País Vasco.

Teñen trazos diferenciadores nas súas tipoloxías sanguíneas, na súa cultura e na súa lingua,[5] de raíces non indoeuropeas, en claro contraste coas linguas románicas dos pobos veciños.

Existe un forte sentimento nacionalista entre os vascos, especialmente nos residentes en España, que se identifican máis firmemente como vascos que como españois ou franceses. Porén, unha parte destacable dos vascos séntense tanto vascos como españois (ou franceses, nos casos dos vascos do cantón francés).[6] Moitos vascos consideran a designación de "minoría étnica" como incompleta, favorecendo en troques a definició como nación.[7]

No presente, viven nunha zona altamente industrializada e as diferenzas culturais co resto de Europa están inevitablemente difuminadas, aínda que conservan unha consciencia moi forte de identidade cultural propia, así como a identificación coa súa patria, mesmo en moitos vascos que emigraron a outras zonas de España ou Francia, ou noutras partes do mundo (a chamada diáspora vasca).[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Basque". Encyclopædia Britannica Kids. Consultado o 16 de marzo de 2013. 
  2. "Basque". Oxford Reference. Consultado o 16 de marzo de 2013. 
  3. Totoricagüena, G. Identity, Culture, and Politics in the Basque Diaspora (2003) p.59 University of Nevada Press
  4. Günther, Torsten; et al. (2015). Proceedings of the National Academy of Sciences, ed. "Ancient genomes link early farmers from Atapuerca in Spain to modern-day Basques" (PDF). Proceedings of the National Academy of Sciences 112 (38): 11917–11922. PMC 4586848. PMID 26351665. doi:10.1073/pnas.1509851112. Consultado o 2 de novembro de 2016. 
  5. Zirakzadeh, Cyrus Ernesto (1991). A rebellious people: Basques, protests, and politics. University of Nevada Press. pp. p.xvi. ISBN 0874171733. 
  6. Euskobarómetro series, Evolución de la identidad nacional subjetiva de los vascos, 1981-2006. "As Basque as Spanish" shows 33% of the citizens of the Basque Autonomous Community in late 2006.
  7. Payne, Stanley G. (1975). Basque nationalism (en inglés). University of Nevada Press. pp. p.73. ISBN 0874170427. 
  8. Douglass, William A. (1999). The Basque diaspora (en inglés). University of Nevada Press. pp. p.3. ISBN 1877802050. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]