Galegos en Cuba
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2020.) |
Parte da serie sobre o |
Pobo galego |
---|
![]() |
Por país |
Demografía de Galicia Diáspora Alemaña · Arxentina · Brasil · Cuba · Estados Unidos de América · Francia · México · Reino Unido · Suíza · Uruguai · Venezuela |
Cultura |
Arquitectura · Arte · Baile · Gastronomía · Literatura · Loita · Música · Mitoloxía · Relixión · Símbolos · Traxe |
Linguas |
Galego Dialecto berciano Xergas: Barallete · Verbo dos arxinas |
Historia de Galicia |
Os galegos en Cuba son os inmigrantes galegos, e os seus descendentes, que se asentaron en Cuba. contan cuns 15 300 membros aproximadamente[1][2] esparexidos principalmente na Habana, Cárdenas, Matanzas, Pinar del Río, Camagüey, Trinidad, Cienfuegos, Santa Clara, Santiago de Cuba e Guantánamo. Chegaron procedentes de Vigo, cara o porto da Habana entre os anos 1821 e 1877, fuxindo da fame e das presións políticas. Moitos galegos que chegaran á illa desprazáronse despois cara a México e os Estados Unidos entre a década de 1920 e a de 1940.
Historia[editar | editar a fonte]
Nos séculos XVIII e XIX, pequenos continxentes emigraron a Cuba, ás veces en condicións de semiescravitude para substituír aos negros nas fábricas de azucre, cada vez máis escasos debido ás restricións internacionais ao tráfico.[3] Na década de 1880, o rexionalismo evolucionou cara ao galeguismo e enráizase nas colonias de emigrantes, especialmente no próspero Centro Galego da Habana, Cuba.[4] Ó igual que outros símbolos de Galicia, como a bandeira, o estabelecemento do himno galego foi froito da emigración. En 1907, Xosé Fontenla Leal encargoulle a Manuel Curros Enríquez (un dos maiores expoñentes do Rexurdimento galego, que residía na Habana) que escribise a letra, e a José Castro "Chané" a música, pero Curros non foi quen de compoñer a letra e Fontenla decidiu escoller o poema de Pondal coa música de Pascual Veiga. Estreouse o 20 de decembro de 1907 no Centro Galego da Habana —hoxe Gran Teatro da Habana— e ata 1923 foi entoado por rexionalistas e agraristas nos seus actos, consolidándose paulatinamente como símbolo de Galicia. Cando se prohibiu o seu uso durante a ditadura de Primo de Rivera, as sociedades galegas de América fixeron medrar o seu interese pola súa interpretación pública. Coa Segunda República acadou o recoñecemento oficial.
Cando os galegos comezaron a estabelecerse nalgún lugar da illa empezaron a producir e traballar tanto no campo coma na cidade da Habana. Construíuse o centro Galego da Habana, que no seu interior contiña un teatro moi grande, e foi na Habana onde se entoou por vez primeira o Himno Galego, no ano de 1924.
O pai de Fidel Castro, Ángel Castro Argiz, era galego, máis concretamente de Láncara, na provincia de Lugo.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Vieiros. "Languages and religions - Data, indicators". Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2012. Consultado o 9 de novembro de 2009. Cidadáns galegos nas votacións.
- ↑ "Gallegos fuera de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2009. Consultado o 18 de xaneiro de 2016.
- ↑ Beramendi, Justo:"Historia mínima de Galicia"
- ↑ Beramendi, Justo; "Historia mínima de Galicia"