Clarín (xornal)
| Clarín | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||||
|
Instancia de
| |||||||
|
Lingua
| |||||||
|
Propietario
| |||||||
|
Formato de xornal
| |||||||
|
Composto por
| |||||||
| Autoría | |||||||
|
Fundador/a
| |||||||
| Datas | |||||||
| |||||||
| Localización | |||||||
| |||||||
| Identificadores | |||||||
| |||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
Clarín é un xornal matutino arxentino editado na cidade de Buenos Aires. Fundado por Roberto Noble o martes 28 de agosto de 1945. De formato tabloide, é o xornal con maior tiraxe da Arxentina.
Historia
[editar | editar a fonte]O xornal Clarín foi fundado o martes 28 de agosto de 1945 por Roberto Noble. Tivo como particularidade o ser un dos primeiros xornais do mundo en incluír un deseño máis compacto (tabloide) que o típico deseño saba que usaban os xornais dese entón. Este deseño adoptárono logo varios xornais londinienses para non perder aos lectores novos. Actualmente é o xornal de maior tiraxe da Arxentina. A propietaria e directora do grupo Clarín, que o controla, é Ernestina Herrera de Noble, viúva do fundador.
O seu lema é "Un toque de atención para la solución argentina de los problemas argentinos.” e o seu actual slogan publicitario: "El gran diario Argentino".
Orientación política
[editar | editar a fonte]Aínda que orixinalmente tivo unha orientación desarrollista, posúe un carácter independente e acrítico en canto a notas de opinión e editoriais.
Tiraxe
[editar | editar a fonte]Na actualidade é o xornal con maior tiraxe da Arxentina e un dos de maior difusión no mundo de fala hispana cunha tiraxe que supera os 400 000 exemplares diarios segundo datos do IVC[1]. Tamén é o segundo xornal en español máis lido por Internet[2].
Clarín en Internet
[editar | editar a fonte]En 1995 Clarín lanzou Clarín.com Actualmente é o sitio máis visitado de noticias da Arxentina e ten 15 000 000 de visitantes únicos por mes.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Datos del IVC[Ligazón morta]
- ↑ Fonte: Alexa Top500 Sitios en Español Arquivado 16 de novembro de 2007 en Wayback Machine.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Clarín |