Galegos en Suíza
Parte da serie sobre o |
Pobo galego |
---|
![]() |
Por país |
Demografía de Galicia Diáspora Alemaña · Arxentina · Brasil · Cuba · Estados Unidos de América · Francia · México · Reino Unido · Suíza · Uruguai · Venezuela |
Cultura |
Arquitectura · Arte · Baile · Gastronomía · Literatura · Loita · Música · Mitoloxía · Relixión · Símbolos · Traxe |
Linguas |
Galego Dialecto berciano Xergas: Barallete · Verbo dos arxinas |
Historia de Galicia |
Os galegos en Suíza son os inmigrantes galegos, e os seus descendentes, que se asentaron en Suíza. No ano 2016, eran arredor de 40 983 habitantes.[1] A inmigración galega en Suíza formou unha das maiores comunidades de galegos en Europa, sendo a maior diáspora galega nun país europeo, por diante de Francia.[2][3] Suíza ocupa o quinto lugar do mundo con máis presenza galega, por diante doutros países europeos como Alemaña ou o Reino Unido.
Historia[editar | editar a fonte]
Historicamente, Galicia foi un exportador neto de poboación para o resto de España e a inmigración galega foi masiva entre finais do século XIX e comezos do século XX. Entre 1900 e 1981, a saída neta de persoas de Galicia foi de máis de 825 000. Tamén tivo un factor importante a guerra civil española, a caída da Segunda República Española e a chegada de Francisco Franco ó poder.[4] Isto motivou unha nova onda de emigración cara a fóra de Galicia a outros países europeos, sobre todo a Francia, Suíza, Alemaña e, en menor medida, no Reino Unido.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Míguez, Marcos (15 de marzo de 2017). "Unos 8.000 gallegos emigraron en el 2016". Consultado o 15 de marzo de 2017.
- ↑ emigracion.xunta.gal, ed. (21 de abril de 2020). "Miranda percorre a realidade das e dos galegos de Suíza e Francia, os dous países europeos con maior presenza galega, xunto a Liechtenstein nesta pandemia a través de videoconferencia". Consultado o 4 de maio de 2022.
- ↑ "La realidad de los gallegos de Suiza y Francia, los dos países europeos con mayor presencia gallega bajo la mirada de Miranda". laregioninternacional.com. 21 de abril de 2020. Consultado o 4 de maio de 2022.
- ↑ Escalhao, Cecilia L. "Biblioteca Galega de Bos Aires" (PDF) (en castelán). bn.gov.ar. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de setembro de 2016. Consultado o 27 de febreiro de 2017.