Galegos en México

Os galegos en México son os inmigrantes galegos, e os seus descendentes, que se asentaron en México, e que contan con máis de 12 000 membros[1][2] dispersos principalmente na Cidade de México, Estado de México, San Luis Potosí, Querétaro, Veracruz, Xalisco, Puebla, Michoacán, Campeche e Nayarit.
Descrición
[editar | editar a fonte]Chegaron procedentes da Habana, Cuba, contra o Porto de Veracruz entre os anos 1821 e 1877, fuxindo da fame e nas presións políticas, que existían en Cuba. A súa segunda chegada a México produciuse entre a década de 1920 e a de 1970.
O Centro Galego de México, na capital é unha asociación cultural, onde se difunde e transmite a cultura galega a todo aquel que estea interesado nela. O Centro Galego de México (con diferentes nomes) é o principal difusor de Galicia en México dende 1911. Unha porcentaxe de galegos mantívose unida polos apelidos, a lingua, o folclore, a gastronomía, os negocios e a música, pero outra importante porcentaxe viuse absorbida pola cultura mexicana sen intención algunha de formar parte das asociacións de españois instituídas no país.
| Censo electoral de galegos residentes en México por provincia de inscrición, a 1/9/2023 [3] | |
|---|---|
| Provincia da Coruña | 2.009 |
| Provincia de Lugo | 986 |
| Provincia de Ourense | 6.290 |
| Provincia de Pontevedra | 3.494 |
| Total de galegos en México | 12.779 |
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Vieiros. "Languages and religions - Data, indicators". Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2012. Consultado o 9 de novembro de 2009. Cidadáns galegos nas votacións.
- ↑ [1] Gallegos fuera de Galicia
- ↑ Instituto Nacional de Estadística
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Icazuriaga, Carmen (1979). "Españoles de Veracruz y vascos del Distrito Federal: su ubicación en la estructura económica de México". Inmigrantes y refugiados españoles en México (siglo XX) (en castelán). Ed. de la Casa Chata. pp. 165–211.
- Villaverde, Elixio (1999). "Os galegos no estado e na cidade de Puebla á luz do Rexistro Nacional de Extranxeiros, (1878-1936)" Galegos en América e americanos en Galicia. pp. 275–309. ISBN 84-453-2437-3.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]