Dialecto berciano
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Parte da serie sobre o |
Pobo galego |
---|
Por país |
Demografía de Galicia Diáspora Alemaña · Arxentina · Brasil · Cuba · Estados Unidos de América · Francia · México · Reino Unido · Suíza · Uruguai · Venezuela |
Cultura |
Arquitectura · Arte · Baile · Gastronomía · Literatura · Loita · Música · Mitoloxía · Relixión · Símbolos · Traxe |
Linguas |
Galego Dialecto berciano Xergas: Barallete · Verbo dos arxinas |
Historia de Galicia |
Dialecto berciano é o nome xenérico das variedades dialectais tradicionalmente faladas na bisbarra do Bierzo. Estas variedades forman parte do continuo dialectal romance do Noroeste da Península Ibérica, e teñen puntos en común co asturleonés, o galego e en menor medida, outras variedades romances. Existen ou existían variedades locais coa súa propia identidade, como por exemplo, a fala de Bembibre (buecés), a de Toreno (toreniense) ou o fornelo do Val de Fornela, todas elas de base asturleonesa; o ancarés, o charro de Vilafranca, a fala do Val de Finolledo, a fala do Val de Valcarce e a fala da Merindade de Aguiar, todas elas de base galega.
Referencias escritas
[editar | editar a fonte]A primeira referencia escrita sobre o dialecto berciano vén de man do cóengo Bernardo de Aldrete (século XVII), autor de Origen y Principio de la Lengua Castellana, que se decatou da realidade lingüística do Bierzo mentres realizaba o Camiño de Santiago, e fixo a seguinte observación: "os máis políticos falan ben o castelán, pero os non tanto e as mulleres o leonés que tira ao galego; verdade é que a veciñanza e os moitos que pasan de Galicia son a causa disto".
A mediados do século XIX publícase o traballo de Isidoro Andrés de Llano, Recuerdo a Puentedeume en dialecto berciano (1860, na Revista Esla). En 1861 Antonio Fernández y Morales escribe a instancias de Mariano Cubí, coautor, en dialecto berciano: " Ensaios poéticos en dialecto berciano " considerado polo autor como forma dialectal berciana do idioma galego. ("Entre o galego i o seu dialecto berciano", "O Berciano é un sub-dialecto galego", "se ben o berciano é un subdialecto galego"...).
Recolléronse expresións e vocabulario propio en diversos traballos sendo os máis interesantes os realizados por Luís A. Pastrana e David López, a principios da década de 1970, consistentes en nocións da descrición da morfoloxía e a sintaxe do dialecto, e un interesante dicionario de expresións e palabras; tamén cómpre mencionar a tese doutoral de Manuel Gutiérrez Tuñón, "El Habla de El Bierzo", publicada en 1975.
Dificultade de clasificación
[editar | editar a fonte]Considerouse sempre o Bierzo como unha ponte entre o galego oriental[1] e o leonés, pero con caracteres propios moi diferenciados[2] que levaron a definir esa fala do bierzo como dialecto berciano no século XIX, sendo encadrada dentro do dominio lingüístico galego por Antonio Fernández y Morales en 1861 e dentro do dominio lingüístico leonés por Ramón Menéndez Pidal, manifestando este que a liña divisoria entre o leonés e o galego se situaría entre as concas dos ríos Cúa e Sil. En 1934, Verardo García Rey, recolle o vocabulario do dialecto berciano na publicación Vocabulario del Bierzo, onde o autor explica que tras o seu traballo de campo, resituaría a franxa divisoria entre as falas asturleonesas e as galaico-portuguesas axustándoa estritamente ao trazado debuxado polo curso do río Sil. Jesús García e García, en 1994, sitúa a devandita franxa dende o Alto Cúa ata parte do concello de Ponferrada (Devesas, Fontesnovas)[2].
Leonés | Leonés de transición | Transición | Galego de transición | Galego | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Zona I | Zona II | ||||||
Localidades | |||||||
Ancares / Fornela | Chano | Guímara | Lumeiras | ||||
O Bierzo | Sancedo | Lillo del Bierzo | Fontoira | San Miguel de Arganza | Magaz de Arriba | ||
A Cabreira | Benuza | Castroquilame | Ponte de Domingos Flórez | ||||
Seabra | San Ciprián | Rihonor | Pías | ||||
Isoglosas | |||||||
-LL- | ll | l | l | ||||
-L- | l | l | ø | ||||
-NN- | ñ | n | n | ||||
-N- | ñ | n | ø | ||||
Ĕ, Æ, Ŏ | diptongación | adiptongación | |||||
S + yod | queisu | queišo | |||||
Presentes VĔNIO | vengo | veño |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Léxico e literatura de tradición oral no ámbito de Las Médulas. 2011. Fernando Bello Garnelo
- ↑ 2,0 2,1 Pueblos e ríos bercianos: significado e historia dos seus nomes' (1994), Jesús García e García, ISBN 84-604-8787-3
- ↑ VV.AA (2004) [1996]. Congreso Internacional A Lingua Galega: historia e actualidade (1ª ed.). Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. p. 626. ISBN 84-96530-22-1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pueblos y ríos bercianos: significado e historia de sus nombres (1994), Jesús García y García, ISBN 84-604-8787-3.
- Antonio Fernández Morales (1861). Ensayos poéticos en dialecto berciano
- L'Asturianu n'El Bierzu. Apropósitu del ALBI, de Ana Mª Cano en Lletres Asturianes, Boletín Oficial de la ALLA.
- La Fala de Palacios de Sil, de Roberto González-Quevedo; Academia de la Llingua Asturiana.
- Aspeutos fónicos na fala de Forniella"; Héctor García Xil en Lletres Asturianes, Alla.
- Cruce de dialectos en el habla de San Pedro de Olleros", Alfredo Álvarez Díaz en Lletres Asturianes.
- El gallego-leonés de Ancares y su interés para la dialectología portuguesa. Dámaso Alonso y García Yebra.
- "Recuerdo a Puentedeume en dialecto berciano", Isidoro Andrés de Llano.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Determinación da Fronteira entre o Galego e o Leonés nas provincias de León e Zamora", Ana Seco Orosa
- "Límites históricos entre el Gallego y el Asturiano-Leonés en El Bierzo" Arquivado 10 de outubro de 2019 en Wayback Machine., Jesús García García