Saltar ao contido

Símbolos de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os símbolos nacionais de Galicia son símbolos que se usan para representar a Galicia, reflectindo diferentes aspectos da súa cultura e historia. Os tres símbolos oficiais de Galicia son a bandeira, o escudo e o himno, e como símbolos institucionais están regulados pola Lei de símbolos de Galicia promulgada o 29 de maio de 1984, sendo empregados oficialmente pola Xunta de Galicia.[1]

Símbolos oficiais

[editar | editar a fonte]
Tipo Imaxe Símbolo
Bandeira nacional Bandeira de Galicia[2]

A bandeira de Galicia actual foi creada a finais do século XIX polos galeguistas históricos do Rexurdimento e consolidada pola Xeración Nós como insignia nacional,[3] a actual bandeira civil. Ten fondo branco e presenta unha franxa azul dende o ángulo superior esquerdo até o inferior dereito. A franxa azul posúe unha largura igual á terceira parte do alto da bandeira.

Cores nacionais Azul e branco[Cómpre referencia]
Escudo de armas Escudo de Galicia[4]

Adoptado pola Xunta de Galicia o 29 de maio de 1984.

Himno nacional Os Pinos[5]

Os Pinos é o himno galego, un texto poético de Eduardo Pondal de 1890, incluído, dende 1935, nas edicións do libro de poemas Queixumes dos pinos (1886)[6], concretamente das dúas primeiras partes, musicado por Pascual Veiga. Foi adoptado oficialmente como himno trala aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1981.

Marcha tradicional Antiga Marcha do Reino de Galicia

A Antiga Marcha do Reino de Galicia é unha marcha procesional recoñecida oficialmente como un distintivo tradicional[7] de Galicia. A súa autoría pérdese na tradición popular. Foi executada correntemente polos gaiteiros das confrarías procesionais ao longo dos séculos.

Símbolos non oficiais

[editar | editar a fonte]
Parte da serie sobre o
Pobo galego
Por país
Demografía de Galicia
Diáspora
Alemaña · Arxentina · Brasil · Cuba · Estados Unidos de América · Francia · México · Reino Unido · Suíza · Uruguai · Venezuela
Cultura
Arquitectura · Arte · Baile · Gastronomía · Literatura · Loita · Música · Mitoloxía · Relixión · Símbolos · Traxe
Linguas
Galego
Dialecto berciano
Xergas: Barallete · Verbo dos arxinas
Historia de Galicia
Tipo Imaxe Símbolo
Heroe nacional Breogán[8]
Flor nacional Toxo arnal[9]
Árbore nacional Carballo[10]
Santo patrón Santiago o Maior[11]
Instrumento nacional Gaita galega[12]
Vieira[13][14]
Cruz de Santiago[15]
  1. "Símbolos de Galicia: a bandeira". Xunta de Galicia. 
  2. Artigo 2 da Lei de símbolos de Galicia
  3. Xosé Ramón Barreiro Fernández, Ramón Villares, Xosé Luís Axeitos, Manuel Ferreiro, Fernando López-Acuña, Eduardo Pardo de Guevara y Valdés (2007). Consello da Cultura Galega, Real Academia Galega, ed. "Os Símbolos de Galicia" (PDF). pp. 87–88. ISBN 978-84-96530-46-1. 
  4. Artigo 3 da Lei de símbolos de Galicia
  5. Artigo 4 da Lei de símbolos de Galicia
  6. Eduardo Pondal. Fondos da Real Academia Galega, ed. "Queixumes dos pinos" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 23 de xuño de 2009. 
  7. Disposición adicional cuarta da Lei de símbolos de Galicia
  8. Maíz, R. (abril-xuño). Revista de Estudios Políticos (Nueva Época), ed. Nación de Breogán: oportunidades políticas y estrategias enmarcadoras en el movimiento nacionalista gallego. pp. 33–75. 
  9. Artigo sobre Flores Nacionais no Portal das Palabras da RAG.
  10. Galicia, terra de carballos
  11. Santiago Apóstol, patrón de España e impulsor del "Camino" y de la Europa de hoy (en castelán)
  12. "Obradoiro - As persoas". Seivane. Consultado o 23/10/2022. tivo sempre o desexo de dignificar a gaita, o instrumento musical símbolo de Galicia, e levala ás máis altas esferas da música 
  13. Rosa Quintana enxalza a vieira como símbolo de Galicia no Ano Santo
  14. Vieiras gallegas al estilo Paloma San Basilio (en castelán)
  15. Calveiro, P. (26/10/2018). "Pepe Barro: «Compostela sempre tivo moito peso na iconografía de Galicia»". La Voz de Galicia (Santiago de Compostela). Consultado o 23/10/2022. E capítulo á parte merece a cruz de Santiago, que evoca a espada vermella da Orde de Santiago, e que hoxe segue a ser en América «o gran símbolo de Galicia» 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]