El Gallego (Buenos Aires)

El Gallego, de César Cisneros, foi un periódico editado en Buenos Aires entre 1878 e 1889. Foi o terceiro galego de América tras El Eco de Galicia, da Habana, fundado por Waldo A. Insúa, que publicou o primeiro número o 8 de marzo de 1878, e El Avisador Galaico, que saíu á rúa entre o 3 de febreiro e o 2 de novembro de 1877, na cidade de Cienfuegos (Cuba), baixo a dirección de Domingo Devesa Naveiro e de José Porrúa Valdivieso.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Subtitulado Periódico semanal: Órgano de los intereses de su nombre, apareceu en 1878. César Cisneros, o seu fundador e primeiro director, promoveu desde esta publicación a fundación do Centro Gallego de Buenos Aires. Incluía novas relacionadas co Centro Gallego e as súas actividades, con Galiza e a comunidade galega na Arxentina. Editou por entregas a Historia de Galicia de Manuel Murguía. Cesou a súa publicación en 1889. Foi continuado por El Noticiero Gallego.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Gallego, El". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Vilavedra, D., ed. (1997). Diccionario da Literatura Galega. II. Publicacións Periódicas. Galaxia. p. 241-242. ISBN 84-8288-137-X.