Correo de Galicia (Buenos Aires)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Redacción de Correo de Galicia, 1910.

Correo de Galicia foi un periódico galego editado en Buenos Aires entre 1898 e 1965.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Atravesou varias etapas:

Tratábase dunha publicación de información xeral, bilingüe, con predominio do castelán, que recolleu as actividades das diferentes institucións de emigrantes e as novas acaecidas na colectividade galega no ámbito do Río da Prata. Asumiu posturas galeguistas e mesmo republicanas durante a ditadura de Primo de Rivera, ata tomar postura en 1936 a favor do bando "nacional". En 1945 pasou a denominarse Nuevo Correo e foi dirixido por Braulio Díaz Sal, e máis adiante convértese no Faro de España.

Entre os seus colaboradores destacaron: Manuel Casás, Basilio Álvarez, Xavier Bóveda, Ramón María del Valle-Inclán, Aurelio Ribalta, Emilia Pardo Bazán, Eduardo Blanco Amor e Julio Camba.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]