Campañó, Pontevedra
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2015.) |
Campañó | |
---|---|
igrexa parroquial | |
Concello | Pontevedra[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°27′51″N 8°39′50″O / 42.46416667, -8.66388889 |
Poboación | 1.892 hab. (2014) |
Entidades de poboación | 31[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Pedro de Campañó é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 1892 habitantes (919 homes e 973 mulleres), 132 menos ca en 1999. Ten 31 entidades de poboación.
Sitúase ao pé do monte Castrove, a tres quilómetros da cidade de Pontevedra. Por ela pasa o río Rons e a estrada PO-531.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]É unha parroquia rica en restos arqueolóxicos, tras o achado de petróglifos e cerámicas. Nela hai un poboado castrexo, o castro de Campañó. Moitos cruceiros espállanse polo seu territorio, a meirande parte situados no antigo sitio de Bartram, durante o século XVI. A comezos do século XVII certas terras da parroquia foron aforadas polo arcebispo de Compostela, Maximiliano de Austria.
O templo é de orixe románica, pero reformouse no século XVIII. No interior presenta variada decoración e un gran retablo coa figura de San Pedro ao fondo; hai unha imaxe da Virxe do gótico do século XIV.
Na parroquia está o CEIP Parada, cuns 100 alumnos e alumnas, e o colexio privado Los Sauces. Ten diversas industrias, e na parroquia está o polígono industrial do Vao, lindeiro co concello de Poio. O campo de fútbol de Agüeiro acolle os partidos do equipo Campañó SD (camiseta dourada, pantalón negro e medias negras), que na tempada 2022-23 xogaba en 2ª Rexional.
Festividades
[editar | editar a fonte]Ao comezo do verán celébranse as festividades de San Pedro (29 de xuño) e de San Paio (30 de xuño). A Virxe das Dores celébrase os días 17 e 18 de setembro. O 12 de outubro, polo día do Pilar, tamén hai festa na parroquia, sendo a única que se celebra no lugar de Sabarís.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Campañó
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Campañó no concello de Pontevedra | |
---|---|
Altabón | Barragáns | O Bispo | A Boca | Cabaleiro | O Cachapal | Campañó de Arriba | Carballiños | O Casal de Rei | Casal do Mendo | O Cochón | A Corredoira | Ferreiros | O Freixo | A Galiana | Moldes | Os Muíños | Parada | Pedreira | Piñeiro | O Ribeiro | Sabarís | Soutonovo | O Vao |