El Agrario (Buenos Aires)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Agrario foi un periódico editado en Buenos Aires entre 1917 e 1926.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Órgano oficial del Centro Protección Agrícola del Distrito de Salceda, apareceu en Buenos Aires o 1 de marzo de 1917 como resposta ao peche do periódico agrarista e anticaciquil El Despertar o ano anterior. Fundado por Antonio Fernández Lorenzo, o seu director era Manuel González Iglesias. Estaba editado polo Centro Protección Agrícola del Distrito de Salceda en Buenos Aires. Nun primeiro momento denominouse La Voz del Centro, pasando o 1 de outubro de 1919 a denominarse El Agrario. Aínda que era o órgano oficial da entidade e ofrecía información sobre a mesma (actividades, noticias sociais, asembleas etc.), a maior parte da publicación ocupábase da actualidade española e da comarca desde postulados agraristas. En 1924 publicou un número extraordinario ao cumprirse o seu sétimo aniversario. Cesou a súa publicación o 15 de marzo de 1926[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El Centro Protección Agrícola del D. de Salceda". Correo de Galicia (1143). 18. Consultado o 12 de xaneiro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]