Galegos no Reino Unido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Parte da serie sobre o
Pobo galego
Por país
Demografía de Galicia
Diáspora
Alemaña · Arxentina · Brasil · Cuba · Estados Unidos de América · Francia · México · Reino Unido · Suíza · Uruguai · Venezuela
Cultura
Arquitectura · Arte · Baile · Gastronomía · Literatura · Loita · Música · Mitoloxía · Relixión · Símbolos · Traxe
Linguas
Galego
Dialecto berciano
Xergas: Barallete · Verbo dos arxinas
Historia de Galicia

Os galegos no Reino Unido son os inmigrantes galegos, e os seus descendentes, que se asentaron no Reino Unido. No ano 2016, eran arredor de 13 902 habitantes.[1] A inmigración galega no Reino Unido formou unha das comunidades de galegos máis importantes en Europa, sendo a cuarta diáspora galega nun país europeo.[2][3] O Reino Unido ocupa o décimo lugar do mundo con máis presenza galega, por detrás doutros países europeos como Alemaña, Suíza ou Francia.

Historia[editar | editar a fonte]

Historicamente, Galicia foi un exportador neto de poboación para o resto de España e a inmigración galega foi masiva entre finais do século XIX e comezos do século XX. Entre 1900 e 1981, a saída neta de persoas de Galicia foi de máis de 825 000. Tamén tivo un factor importante a guerra civil española, a caída da Segunda República Española e a chegada de Francisco Franco ó poder.[4] Isto motivou unha nova onda de emigración cara a fóra de Galicia a outros países europeos, sobre todo a Francia, Suíza, Alemaña e, en menor medida, ao Reino Unido.

Censo electoral de galegos residentes no Reino Unido
por provincia de inscrición, a 1/9/2023 [5]
Provincia da Coruña 8.020
Provincia de Lugo 1.334
Provincia de Ourense 816
Provincia de Pontevedra 3384
Total de galegos no Reino Unido 13.554

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Míguez, Marcos (15 de marzo de 2017). "Unos 8.000 gallegos emigraron en el 2016". Consultado o 15 de marzo de 2017. 
  2. emigracion.xunta.gal, ed. (21 de abril de 2020). "Miranda percorre a realidade das e dos galegos de Suíza e Francia, os dous países europeos con maior presenza galega, xunto a Liechtenstein nesta pandemia a través de videoconferencia". Consultado o 4 de maio de 2022. 
  3. "La realidad de los gallegos de Suiza y Francia, los dos países europeos con mayor presencia gallega bajo la mirada de Miranda". laregioninternacional.com. 21 de abril de 2020. Consultado o 4 de maio de 2022. 
  4. Escalhao, Cecilia L. "Biblioteca Galega de Bos Aires" (PDF) (en castelán). bn.gov.ar. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de setembro de 2016. Consultado o 27 de febreiro de 2017. 
  5. Instituto Nacional de Estadística

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Luis Botín, Marga de (1989). Españoles en el Reino Unido: breve reseña, 1810-1988. Emigración 1. Ministerio de Trabajo y Seguridad Social.

Outros artigos[editar | editar a fonte]