Urbano VI, papa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Ourol (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «xubileo»
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «requería»
 
Liña 5: Liña 5:


== Traxectoria ==
== Traxectoria ==
Natural de Nápoles, foi un monxe devoto e un culto sofista. Chegou a arcebispo de [[arquidiocese de Bari|Bari]] en [[1377]], e, tras a morte do papa [[Gregorio XI, Papa|Gregorio XI]], cando o pobo de [[Roma]] requería con clamor un papa italiano, foi elixido por unanimidade o ([[8 de abril]] de [[1378]]) polos [[Cardeal (relixión)|cardeais]] franceses. O temperamento arrogante e imperioso do novo papa, acrecentado pola súa inesperada sorte, mostrouse dun modo tan intolerábel, que cinco meses despois a maioría dos cardeais reuníronse en [[Fondi]], e rexeitaron a votación precedente, e procederon á elección de Roberto da Xenebra ([[20 de setembro]]), quen escolleu o título de [[Clemente VII, Antipapa|Clemente VII]]. Este episodio abriu a vía ao [[Cisma de occidente|Gran Cisma]], que dividiu a cristiandade durante case corenta anos.
Natural de Nápoles, foi un monxe devoto e un culto sofista. Chegou a arcebispo de [[arquidiocese de Bari|Bari]] en [[1377]], e, tras a morte do papa [[Gregorio XI, Papa|Gregorio XI]], cando o pobo de [[Roma]] requiría con clamor un papa italiano, foi elixido por unanimidade o ([[8 de abril]] de [[1378]]) polos [[Cardeal (relixión)|cardeais]] franceses. O temperamento arrogante e imperioso do novo papa, acrecentado pola súa inesperada sorte, mostrouse dun modo tan intolerábel, que cinco meses despois a maioría dos cardeais reuníronse en [[Fondi]], e rexeitaron a votación precedente, e procederon á elección de Roberto da Xenebra ([[20 de setembro]]), quen escolleu o título de [[Clemente VII, Antipapa|Clemente VII]]. Este episodio abriu a vía ao [[Cisma de occidente|Gran Cisma]], que dividiu a cristiandade durante case corenta anos.


As medidas tomadas por Urbano non careceron de vigor, mais ao tempo caracterizáronse polo desexo de prudencia e autocontrol, para non dar pábulo de que fose en realidade, polo menos a treitos, un lunático. Clemente VII foi [[Escomuñón|escomungado]], e indicado como [[anticristo]]; vinte e seis novos cardeais foron nomeados nun só día, e con arbitraria alleación das propiedades da Igrexa, foron recollidos fondos para a guerra aberta.
As medidas tomadas por Urbano non careceron de vigor, mais ao tempo caracterizáronse polo desexo de prudencia e autocontrol, para non dar pábulo de que fose en realidade, polo menos a treitos, un lunático. Clemente VII foi [[Escomuñón|escomungado]], e indicado como [[anticristo]]; vinte e seis novos cardeais foron nomeados nun só día, e con arbitraria alleación das propiedades da Igrexa, foron recollidos fondos para a guerra aberta.

Revisión actual feita o 3 de setembro de 2022 ás 21:11

Infotaula de personaUrbano VI, papa

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(la) Urbanus PP. VI Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1318 Editar o valor em Wikidata
Nápoles Editar o valor em Wikidata
Morte15 de outubro de 1389 Editar o valor em Wikidata (70/71 anos)
Roma Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte accidental Editar o valor em Wikidata (Veleno Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaGrutas vaticanas Editar o valor em Wikidata
202º Papa
8 de abril de 1378 – 15 de outubro de 1389
← Gregorio XIBonifacio IX →
Roman Catholic Archbishop of Bari (en) Traducir
1377 –
← Niccolò Brancaccio (pt) TraducirLandolfo Maramaldo (en) Traducir →
Roman Catholic Archbishop of Acerenza (en) Traducir
21 de marzo de 1364 –
← Giovanni Cortello (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Nápoles Frederico II Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma
Estados Pontificios Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , profesor universitario , sacerdote católico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Nápoles Frederico II Editar o valor em Wikidata
LinguaFrancés medio Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Prignano-1 Find a Grave: 7732332 Editar o valor em Wikidata

Urbano VI, nado Bartolomeo Prignano en Nápoles, ca. 1318 e finado en Roma o 15 de outubro de 1389, foi Papa da Igrexa católica entre 1378 e a súa morte.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Natural de Nápoles, foi un monxe devoto e un culto sofista. Chegou a arcebispo de Bari en 1377, e, tras a morte do papa Gregorio XI, cando o pobo de Roma requiría con clamor un papa italiano, foi elixido por unanimidade o (8 de abril de 1378) polos cardeais franceses. O temperamento arrogante e imperioso do novo papa, acrecentado pola súa inesperada sorte, mostrouse dun modo tan intolerábel, que cinco meses despois a maioría dos cardeais reuníronse en Fondi, e rexeitaron a votación precedente, e procederon á elección de Roberto da Xenebra (20 de setembro), quen escolleu o título de Clemente VII. Este episodio abriu a vía ao Gran Cisma, que dividiu a cristiandade durante case corenta anos.

As medidas tomadas por Urbano non careceron de vigor, mais ao tempo caracterizáronse polo desexo de prudencia e autocontrol, para non dar pábulo de que fose en realidade, polo menos a treitos, un lunático. Clemente VII foi escomungado, e indicado como anticristo; vinte e seis novos cardeais foron nomeados nun só día, e con arbitraria alleación das propiedades da Igrexa, foron recollidos fondos para a guerra aberta.

O Castelo de Sant'Angelo foi asediado e tomado, e o antipapa Clemente VII obrigado a fugarse, mentres Carlos de Durazzo foi investido coa soberanía de Nápoles, deixada pola raíña Giovanna.

De seguido, Carlos principiou a resistir as pretensións papais, e Urbano refuxiouse en Nocera, no castelo de Parco, desde cuxos muros lanzaba diariamente tres anatemas contra os asediantes; por fin logrou atopar unha maneira de escapar e dirixiuse para Xénova, e á morte de Carlos, púxose á cabeza das súas topas, aparentemente coa intención de tomar Nápoli para o seu sobriño, se non para si mesmo.

Tumba de Urbano VI, nas grutas vaticanas

Para recoller fondos proclamou un Xubileu, aínda que só transcorreran trinta e tres anos do decretado por Clemente VI, mais morreu antes de poder ver a celebración, en Roma, a causa das feridas recibidas dunha caída da súa mula, o 15 de outubro de 1389.

Sucedeulle Bonifacio IX.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.