Bonifacio IX, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bonifacio IX, papa
Nome completoPietro Tomacelli
Nacemento1356
Lugar de nacementoNápoles
Falecemento1 de outubro de 1404
Lugar de falecementoRoma
CausaIctus
SoterradoBasílica de San Pedro
Relixióncatolicismo
Ocupaciónsacerdote católico
PaiNN Tomacelli
Períodoentre o 1389 e 1404
Coñecido porser o papa n° 203 da igrexa católica
OrganizaciónIgrexa católica
CargosBispo de Roma
Na rede
WikiTree: Tomacelli-2 Find a Grave: 76787029 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Bonifacio IX, nado co nome de Pietro Tomacelli en Nápoles cara a 1356 e finado en Roma o 1 de outubro de 1404, foi un nobre napolitano e Papa nº 203 da Igrexa católica, entre 1389 e o seu falecemento. Foi o segundo Papa do Cisma de Occidente.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia nobre pero empobrecida.

Un dos seus primeiros actos como Papa foi a excomuñón de Clemente VII, que exercía tamén o pontificado desde Avignon. O antipapa Clemente respondeu coa excomuñón de Bonifacio.

O enfrontamento eclesiástico entre Bonifacio IX e Clemente VII estendeuse ao terreo político, e o recentemente elixido Papa coroou en 1390 a Ladislau como rei de Nápoles, para enfrontalo a Lois de Anjou, a quen Clemente coroara en 1389.

Bonifacio tamén logrou acabar coas últimos brasas do movemento comunal romano, recuperando o castelo de San Angelo e fortificándoo xunto con outros puntos estratéxicos de Roma.

Trala morte de Clemente en 1394 a sé de Avignon elixiu Papa ao cardeal Pedro Martínez de Luna, que adoptou o nome de Bieito XIII. As potencias europeas viron unha oportunidade de acabar co Cisma, e recorreron a un informe que a Universidade de París publicara en xaneiro de 1394, propondo tres vías non violentas para acabar co cisma:

  • A via cessionis propugnaba a abdicación voluntaria e simultánea dos dous papas seguida dunha nova elección.
  • A via compromissi supuña estudar os dereitos de ambos os dous Papas por unha comisión arbitral que decidiría quen era o Papa lexítimo.
  • A via concilii defendía a convocatoria dun concilio ecuménico que decretase quen sería Papa.

Bonifacio IX rexeitou as tres solucións, mentres Bieito XIII só se opuxo totalmente á vía conciliar. A falta de acordo provocou a ameaza das potencias europeas aos pontífices de retirarlles os respectivos apoios, ameaza que só cumpriron os monarcas que apoiaban a Bieito, pero que non supuxo a fin do Cisma, xa que o Papa, malia non contar con apoios, seguiu sen someterse.

Noutra orde de aspectos, destacou durante o pontificado de Bonifacio IX a celebración de dous xubileos, en 1396, convocado por Urbano VI, e en 1400, no que fixeron aparición en Roma os "Bianchi" ou "Albati", grupos de penitentes flaxelantes que procesionaban encarapuchados, con hábitos brancos e cunha cruz vermella debuxada nas costas. Esta orde provocou tal número de disturbios e sucesos sanguentos que Bonifacio condenou á fogueira ao seu líder e disolveu aos adeptos.

Un ano antes Bonifacio fixera un chamamento á cristiandade occidental para socorrer ao emperador bizantino Manuel II, ameazado polo sultán otomán Beyazid. Tal chamamento non espertou entusiasmo algún, aínda que o Imperio Bizantino se salvaría pouco despois, prolongando a súa existencia algunhas décadas máis, pola fulminante irrupción de Tamerlán, que obrigou a Beyazid a retirarse.

As profecías de San Malaquías refírense a este papa como Cubus de mixtione (Cubo de mestura), facendo referencia a que no escudo de armas da familia figuran uns cubos entrelazados.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.