Conversa usuario:Ourol

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, Ourol!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe doutra persoa tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --RubenWGA (conversa) 17 de novembro de 2021 ás 20:00 (UTC)[responder]

Revisións ortográficas[editar a fonte]

Boas Ourol, moitas grazas polas revisións ortográficas que estás a facer, é un gran traballo. Porén atopo que algúns dos cambios que fas non son axeitados, por exemplo na revisión que acabo de facer do artigo Chile cambiaches varios termos correctos segundo o DRAG por termos que son sinónimos. Isto non debe facerse, se un termo é correcto debe respectarse a escolla que fixera o editor do artigo, é unha das normas da Galipedia que se atopa en Wikipedia:Libro_de_estilo#Variantes_galegas. Supoño que non a coñecías ou non te decataches dela, non te preocupes, non pasa nada, todo se pode amañar na wiki, tan só ten iso en conta para as seguintes edicións :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de decembro de 2021 ás 12:40 (UTC)[responder]

Ola, grazas polos comentarios. Certamente, algún fallo haberá, porque hai expresións que aínda non sendo "moi galegas", e desrecomendadas pola USC, a UV ou a Un. da Cor, están aceptadas pola RAG, co cal algunha vez cólanseme. É verdade que porque estea desrecomendado non quer dicir que non sexa válido. E, por suposto, en calquera caso, se preferides que non corrixa, xa me dis, realmente estouno facendo á par de que fago un estudo sobre o "biasing" de vocabulario por culpa do uso dos tradutores automático, que sofren farios media así como a wiki. Saúdos —o anterior comentario sen asinar foi feito por Ourol (conversacontribucións) 15 de decembro de 2021 ás 14:41
Acabo de ver: 1) no de "querida chusma" fixeche trampa :-) porque antes non figuraba en cursiva, e xa que logo, entendíase que era traducido. Se lle pos cursiva, claro, xa non admite tradución, pero aí quen mudou o que estaba posto realmente foches ti, ;-) —o anterior comentario sen asinar foi feito por Ourol (conversacontribucións) 15 de decembro de 2021 ás 14:45
2) "arref(r)iador" non o atopo no dicionario RAG, logo non vexo o problema da corrección, pero se ti o ves non pasa nada —o anterior comentario sen asinar foi feito por Ourol (conversacontribucións) 15 de decembro de 2021 ás 14:48
Vale, un detalle, hai varios niveis de desrecomendacións, non é o mesmo que as universidades desrecomenden algo a que o faga a RAG, e os cambios que fixen en Chile ningún está desrecomendado pola RAG, todo o contrario, di literalmente que son sinónimos.. :)
E todo o contrario, é moito mellor que se corrixa o que está incorrecto, onde vai parar, pero cun pouco de tino, iso si :)
Interésame o tema do estudo dos tradutores automáticos, se se publica nalgún sitio en aberto gustaríame botarlle unha ollada se é posible. E xa que me comentas iso tes que ter en conta que moitos dos artigos da wiki non son traducións automáticas, moitas son traducións feitas manualmente polos editores, e vanse facendo cada unha co nivel de galego propio de cada usuario, outros moitos son artigos con contidos totalmente propios da Gali.
grazas pola explicación. Non me refería á teoría senón á práctica. Por poñerche un exemplo, que ocorre tamén cos xornais (e non me refiro aos xornais que fan traducions automáticas "sen pudor"): cando ves cousas sin sentido como "calea" e que ao final decátaste que é unha traducion auto de "la calle" (=a rúa), pois obviamente conclúese que moitas veces son traducións "semi-revisadas" por dicilo dalgún modo. Estou á procura de poder cuantificalo e ter estimativas de porcentaxes, pero é un feito que a "calidade" das revisións humanas ten unha certo grao de dispersión, en calquera ámbito humano. Outro tema, máis puramente lingüístico, é o do valor engadido de traducións literais, sexan revisadas ou non, que é por definición o resultado de traducións saídas da axuda de tradutores automáticos. A maioría das expresións elexidas son as coincidentes coas correspondentes en castelán. E no vocabulario igualmente, soamente é usado aquel que coincide co castelán, basicamente porque esa foi a elección do tradutor auto. En fin, ao final hai unha gran cantidade (maioría?) de artigos que son traducións literais que, si, é verdade que cumpren os criterios da RAG, pero que, na miña opinión, afástanse dun uso lingüístico do galego normal. Isto, insisto, ocorre cos xornais igualmente, non é un problema (grave) soamente da wikipedia. E, por suposto, non paga a pena discutir o problema, coido que sería importante que se pensase en solucións. Pero para chegar a solucións teremos primeiro que aceptar o problema.--Ourol (conversa) 16 de decembro de 2021 ás 15:46 (UTC)[responder]
Se queres revisar artigos que proveñen dunha tradución, que non é automática se non que é asistida cun tradutor automático e revisada polo usuario, podes atopalos na categoría Categoría:Wikipedia:Artigos traducidos doutras Wikipedias. Non están todos os que se fan, pero todos os que están aí si veñen de traducións. Moitas desas traducións fanse coa utilidade da ferramenta do Tradutor de contido (se non a coñeces e queres máis info sobre o trebello avisa e cóntoche algo máis, non me quero enlear :). Ah, outra cousa, as traducións automáticas sen revisión polo usuario non están permitidas na Gali e cando se detectan márcanse para que se amañen e se durante uns días non melloran, bórranse.
E si, puxen as cursivas para que se entendera mellor que era o texto orixinal, pero agora estou a decatarme que se podería poñer a tradución e unha nota indicando o texto orixinal, creo que llo vou cambiar cando teña outro momento.
penso que a wikipedia galega debe traducir, aínda que se comprenda o orixinal. Se non tamén se poden poñer (esaxerando ;-) ) os artigos enteiros xa en castelán.--Ourol (conversa) 16 de decembro de 2021 ás 15:46 (UTC)[responder]
Sobre arrefriador, que xa amañei, entendo que pode ser un termo correcto xa que se deriva do verbo, non sei por que non está no DRAG pero tamén é certo que non todos os termos se atopan aí, se pensas que pode haber un problema buscamos a forma de cambialo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de decembro de 2021 ás 10:59 (UTC)[responder]
bon, lingüísticamente se aceptas os criterios da RAG non é así, se non convérteste en "xuíz" de que é válido e que non. Pero non me preocupa, a verdade é que me dá o mesmo, é simplemente o feito de non sermos xuíces e parte.--Ourol (conversa) 16 de decembro de 2021 ás 15:46 (UTC)[responder]
Corrixo, na categoría que che dixen non están só os artigos traducidos coa ferramenta do tradutor de contido, están todos os artigos que son tradución doutra Wikipedia, independentemente das ferramentas que usen os usuarios ó crealos, non hai unha categoría específica para atopar artigos traducidos usando como axuda un tradutor automático. Para atopar artigos que foron creados co trebello do Tradutor de contido podes consultar os cambios recentes nesta ligazón que che amosa os últimos 500 artigos creados dese xeito... Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de decembro de 2021 ás 13:35 (UTC)[responder]
esquecera responder: grazas pola información detallada! estou máis ben tomando artigos ao chou, mormente artigos longos. Se os elixise sen ser ao chou, as porcentaxes perderían relevancia estatística. Pero si, entendo que neses darase unha maior densidade de "biasing" --Ourol (conversa) 16 de decembro de 2021 ás 16:32 (UTC)[responder]

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa[editar a fonte]

Ola Ourol. Por favor, asina as túas mensaxes nas páxinas de conversa. Ti, por exemplo, deixaches unha mensaxe sen asinar en "Conversa usuario:Ourol".

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa.
Asina as mensaxes nas páxinas de conversa.

Graciñas, un saúdo e a seguir! --RubenWGA (conversa) 15 de decembro de 2021 ás 13:54 (UTC)[responder]

ok, grazas por avisar--Ourol (conversa) 15 de decembro de 2021 ás 14:12 (UTC)[responder]

Eu, simplemente, quería agradecerche o labor que estás a facer; é certo, que non sempre concordo coas mudanzas concretas que fas, como supoño que ti seguramente elixirías outro estilo nos artigos que creo; pero a Galipedia precisa moita corrección lingüística. En especial, nos artigos traducidos do castelán existe a tendencia a realizarmos traducións literais que dende o punto de vista do dicionario ou das normas poden ser correctas, mais o certo é que unha boa tradución case nunca é literal; precisa moito traballo de revisión; quizais, para evitar malas interpretacións, a solución nestes casos sería poñer no resumo de edición: "modificación dunha tradución literal". E si, eu considero que é moi necesario corrixir as traducións literais para lograrmos que a Galipedia sexa unha ferramenta de utilidade.--HacheDous=0 (conversa) 16 de decembro de 2021 ás 18:15 (UTC)[responder]

Moitas grazas @HacheDous=0 polo teu comentario!, que me volve animar a seguir coas melloras (espero que o teu sentir sexa maioritario, se non paro e tan contentos). Concordo plenamente en que cada quen ten o seu estilo e iso é respectabel (e debe respectarse), co cal nas mudanzas procuro ser conservador (e aínda así non o consigo ao 100% !). E, desde logo, o problema é que o estilo que non pode ser respectable é que o 90% sexan traducións literais, ese é o problema grave que me (pre)ocupa. Como anecdota, aborrezo o estilo predominante "caraísta" (tradución literal "hacia"->"cara"). Ourol (conversa) 17 de decembro de 2021 ás 10:25 (UTC)[responder]

traducir citas[editar a fonte]

Si, Ourol, tes razón cando te queixas das citas en castelán. O noso Libro de estilo establece que se traduzan ó galego "sempre que sexa posible". Non sei cando non será posible facer a tradución, pero non parece que este sexa o caso. A maiores, creo que neste artigo se abusou das citas, pero esa é outra historia. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 25 de decembro de 2021 ás 19:03 (UTC)[responder]

Concordamos entón dobremente :-) saúdos e bon Natal Ourol (conversa) 25 de decembro de 2021 ás 19:20 (UTC)[responder]

Censo dos Estados Unidos de América[editar a fonte]

O censo dos Estados Unidos distingue entre composición étnica [1] e racial [2] e non o podemos modificar ao noso antollo, aínda que parece que o propio criterio entre raza e etnicidade está a evolucionar: [3] [4]. Como curiosidade no censo tamén preguntan pola lingua e si tamén se pode elixir Galician (glg) que ten o código 1211 no censo.--HacheDous=0 (conversa) 12 de marzo de 2022 ás 14:36 (UTC)[responder]

Grazas pola resposta!. Aínda así: non penso que a tradución de "race" deba ser "raza". E se un estado (aínda máis) racista separase etnias entre "persons" e "animals"? Debería a wikipedia tamén chamar "animais" aos que ese estado racista chamase "animals"? Eu non o vexo. Ourol (conversa) 12 de marzo de 2022 ás 15:37 (UTC)[responder]

Replacer[editar a fonte]

Boas Ourol! Eu só coñezo esta ferramenta de revisión semiautomatica. Sei que existen bots que poden facer mudanzas automáticas pero eu non sei usalos. Na miña opinión, o replacer é unha ferramenta especialmente boa á hora de facer este tipo cambios masivos nos artigos porque precisa unha supervisión manual de cada cambio e evita erros. Respecto do que dis de que leva moito tempo gardar os cambios, canto tempo tarda logo en aceptar un cambio? na miña experiencia son uns poucos segundos en gardar, se cadra probando noutro navegador é máis áxil. Un saúdo. --Breogan2008 (conversa) 18 de abril de 2022 ás 17:36 (UTC)[responder]

Ola, pois tratarei logo de me afacer, pero fáiseme algo pesado, sobre todo cando hai que poñer todas as combinacións de contraccións de artigos e tamén considerar variacións singular/plural. O dos bots heino mirar logo. Ourol (conversa) 18 de abril de 2022 ás 21:55 (UTC)[responder]
Ola, @Ourol:! Que ben ver que lle pillaches o xeito ao Replacer! É unha ferramenta moi xeitosa para corrixir erros. Porén, quería pedirche un favorciño, que coido xa lle comentara a @Breogan2008:. Algunhas persoas revisar os Cambios recentes, xa sexa para ver que non houbese vandalismos, ou para contrastar que as edicións son construtivas. Nesa páxina aparecen, como moito, as 1000 últimas edicións, que se corresponde, máis ou menos, co número de edicións que adoita ter a Galipedia en 24 horas. Cando hai un gran fluxo de actividade de Replacer, isto fai que non sexa tan sinxelo revisar os cambios recentes, o que implica que se poida escapar algún vandalismo, se por exemplo alguén bota un ollo cada día á mesma hora. Isto pode evitarse se as edicións de Replacer son feitas cun bot, pois nas preferencias podes escoller ocultar nos cambios recentes as edicións feitas por bots. Lonxe do meu ánimo cohibir e pedirche que reduzas o fluxo de edicións, pero si quería animarte a intentar saber como vai do bot, para que así a revisión das últimas edicións sexa máis froitífera. Non sei se me expliquei ben :)
Graciñas de novo polas túas achegas. e unha aperta! --Estevo(aei)fálame aquí 19 de abril de 2022 ás 07:38 (UTC)[responder]
Ola Estevoei, grazas polas túas recomendacións e o teu ánimo. O dos "cambios recentes" enténdoo, e comprendo a explicación sobre a dificultade para a revision de vandalismos, co cal prometo botarei un vistazo ao que comentas dos bots. Hai algunha páxina/recomendacion onde se indique o detalle das edicións por bots e a técnica usada? (é que o de "bots" enténdoo, mais non no contexto da wikipedia) Ourol (conversa) 19 de abril de 2022 ás 20:26 (UTC)[responder]

peixes e pescados[editar a fonte]

Boas tardes, Ourol. Vexo que corrixes "pescado" por "peixe", cando as dúas formas son válidas en galego e sinónimas, co único matiz de que "pescado" só se aplica cando xa está pescado (valla a redundancia). Un saúdo, Pedro --Lameiro (conversa) 18 de abril de 2022 ás 18:52 (UTC)[responder]

Ola, Lameiro, nun dos vocabularios aos que botei man poñíao como castelanismo, pero vendo agora o RAG, témome que tes toda a razón! Pois terei logo que reverter os cambios, non?
saúdos e grazas Ourol (conversa) 18 de abril de 2022 ás 21:53 (UTC)[responder]
Si, creo que sería o mellor. Saúdos e ata outra. Pedro Lameiro (conversa) 19 de abril de 2022 ás 20:41 (UTC)[responder]