Urbano VI, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 1318 Nápoles, Italia |
| Morte | 15 de outubro de 1389 Roma, Italia |
| Causa da morte | morte accidental, veleno |
| Lugar de sepultura | Grutas vaticanas |
| 8 de abril de 1378 – 15 de outubro de 1389 ← Gregorio XI – Bonifacio IX → | |
| Roman Catholic Archbishop of Bari (en) | |
| 1377 – ← Niccolò Brancaccio (pt) Diocese: Roman Catholic Archdiocese of Bari (en) | |
| Roman Catholic Archbishop of Acerenza (en) | |
| 21 de marzo de 1364 – ← Giovanni Cortello Diocese: Arquidiocese de Acerenza (pt) | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica |
| Educación | Universidade de Nápoles Frederico II |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Roma Estados Pontificios |
| Ocupación | político, profesor universitario, sacerdote católico |
| Empregador | Universidade de Nápoles Frederico II |
| Descrito pola fonte | Obálky knih, Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Urbano VI, nado Bartolomeo Prignano en Nápoles, ca. 1318 e finado en Roma o 15 de outubro de 1389, foi Papa da Igrexa católica entre 1378 e a súa morte.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Natural de Nápoles, foi un monxe devoto e un culto sofista. Chegou a arcebispo de Bari en 1377, e, tras a morte do papa Gregorio XI, cando o pobo de Roma requiría con clamor un papa italiano, foi elixido por unanimidade o (8 de abril de 1378) polos cardeais franceses. O temperamento arrogante e imperioso do novo papa, acrecentado pola súa inesperada sorte, mostrouse dun modo tan intolerábel, que cinco meses despois a maioría dos cardeais reuníronse en Fondi, e rexeitaron a votación precedente, e procederon á elección de Roberto da Xenebra (20 de setembro), quen escolleu o título de Clemente VII. Este episodio abriu a vía ao Gran Cisma, que dividiu a cristiandade durante case corenta anos.
As medidas tomadas por Urbano non careceron de vigor, mais ao tempo caracterizáronse polo desexo de prudencia e autocontrol, para non dar pábulo de que fose en realidade, polo menos a treitos, un lunático. Clemente VII foi escomungado, e indicado como anticristo; vinte e seis novos cardeais foron nomeados nun só día, e con arbitraria alleación das propiedades da Igrexa, foron recollidos fondos para a guerra aberta.
O Castelo de Sant'Angelo foi asediado e tomado, e o antipapa Clemente VII obrigado a fugarse, mentres Carlos de Durazzo foi investido coa soberanía de Nápoles, deixada pola raíña Giovanna.
De seguido, Carlos principiou a resistir as pretensións papais, e Urbano refuxiouse en Nocera, no castelo de Parco, desde cuxos muros lanzaba diariamente tres anatemas contra os asediantes; por fin logrou atopar unha maneira de escapar e dirixiuse para Xénova, e á morte de Carlos, púxose á cabeza das súas topas, aparentemente coa intención de tomar Nápoli para o seu sobriño, se non para si mesmo.

Para recoller fondos proclamou un Xubileu, aínda que só transcorreran trinta e tres anos do decretado por Clemente VI, mais morreu antes de poder ver a celebración, en Roma, a causa das feridas recibidas dunha caída da súa mula, o 15 de outubro de 1389.
Sucedeuno Bonifacio IX.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Urbano VI, papa |
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |