Símaco, papa: Diferenzas entre revisións
→Véxase tamén: commons |
m Reemplazos con Replacer: «e falecido» |
||
Liña 40: | Liña 40: | ||
|notas = |
|notas = |
||
}} |
}} |
||
'''Símaco''', nado en [[Sardeña]] cara |
'''Símaco''', nado en [[Sardeña]] cara o ano [[450]] e finado en [[Roma]] o [[19 de xullo]] de [[514]], foi o 51º [[papa]] da [[Igrexa católica]] entre [[498]] e [[514]]. |
||
== Traxectoria == |
== Traxectoria == |
Revisión como estaba o 7 de febreiro de 2022 ás 17:42
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Biografía | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | c. 460 Sardeña | ||||||||||
Morte | 19 de xullo de 514 (53/54 anos) Roma | ||||||||||
Lugar de sepultura | Basílica de San Pedro | ||||||||||
Cargos Bispo de Roma | |||||||||||
Datos persoais | |||||||||||
Relixión | catolicismo | ||||||||||
Coñecido por | ser o papa n° 51 da igrexa católica | ||||||||||
Actividade | |||||||||||
Lugar de traballo | Roma | ||||||||||
Ocupación | sacerdote católico , autor | ||||||||||
Período de tempo | Imperio Romano | ||||||||||
Período de actividade | 498 a 514 | ||||||||||
Empregador | Igrexa católica | ||||||||||
Lingua | Lingua latina | ||||||||||
Enaltecemento | |||||||||||
Día de festividade relixiosa | 19 de xullo | ||||||||||
Lista
|
Símaco, nado en Sardeña cara o ano 450 e finado en Roma o 19 de xullo de 514, foi o 51º papa da Igrexa católica entre 498 e 514.
Traxectoria
Fillo dun tal Fortunato, foi arquidiácono durante o pontificado de Anastasio II, ao que sucedeu no pontificado ao ser elixido por unha parte do clero romano.
O mesmo día da súa elección, o 22 de novembro de 498, unha facción disidente do clero romano apoiada polo emperador bizantino Anastasio I, encabezada polo senador Festo, procedeu á elección do arcipreste de Santa Práxedes, Lourenzo, como antipapa.
Ante a existencia de dous pontífices, o rei ostrogodo Teodorico o Grande, intentou acabar co nacente cisma apoiando a Símaco. Finalmente, este convocou un concilio o 1 de marzo de 499, no que Lourenzo, tras aceptar a lexitimidade do seu rival como pontífice, foi nomeado bispo de Nocera. Neste sínodo decretouse que todo crego que, durante o pontificado dun papa, intrigase para elixir o seu futuro sucesor, sería excomungado.
Porén, o cisma reiniciouse en 501, cando o senador Festo acusou a Símaco de diversos crimes e convenceu a Lourenzo para que regresase a Roma. O Papa negouse a comparecer perante o rei para responder as acusacións alegando que ningún poder temporal tiña xurisdición sobre el.
O 23 de outubro de 502 convocouse un novo sínodo, coñecido como Synodus Palmaris, que decretou que ningunha corte humana podía axuizar a un papa xa que este só podía ser xulgado por Deus.
Ante isto, Teodorico instalou a Lourenzo no Palacio de Letrán como papa, co que o cisma se mantivo aberto durante catro anos ata que, en 506, o rei retirou o seu apoio a Lourenzo pola súa excesiva conivencia coa corte bizantina e, tras expulsar a todos os probizantinos, apoiou definitivamente a Símaco.
Durante o seu pontificado, Símaco apoiou economicamente os bispos de África que se encontraban desterrados en Sardeña tralas persecucións ás que os vándalos, de doutrina ariana, someteran á Igrexa do norte de África. Tamén concedeu a liberdade aos escravos que mantiña a Igrexa, e atribúeselle a construción inicial do Palacio Vaticano.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Símaco, papa |
Ligazóns externas
Predecesor: Anastasio II |
papa 498-514 |
Sucesor: Hormisdas |
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |