Teodorico o Grande
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 12 de maio de 454 (Gregoriano) Pannonia |
| Morte | 30 de agosto de 526 (Gregoriano) Rávena |
| Causa da morte | morte natural |
| Lugar de sepultura | Mausoléu de Teodorico (pt) |
| Rexente | |
| 511 – 30 de agosto de 526 | |
| Rei de Italia | |
| 15 de marzo de 493 – 30 de agosto de 526 ← Odoacro – Atalarico → | |
| Rei dos ostrogodos | |
| 475 – 30 de agosto de 526 ← Teodomiro – Atalarico → | |
| Magister militum | |
| Patrician (en) | |
| Cónsul romano | |
| | |
| Datos persoais | |
| Grupo étnico | Ostrogodos |
| Relixión | Arianismo |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Reino Ostrogodo Italia |
| Ocupación | monarca, monarca |
| Período | Antigüidade tardía e Baixo Imperio Romano |
| Participou en | |
| 476 | deposición de Rómulo Augústulo |
| Outro | |
| Título | Rex (en) |
| Familia | Amalos |
| Cónxuxe | Audofleda |
| Fillos | Teodegoda, Ostrogoda, Amalasunta |
| Pais | Teodomiro |
| Irmáns | Amalafrida |
| Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie Biblioteca dixital BEIC Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Teodorico o Grande, nado en Dacia no 454 e finado en Rávena no 526, foi un rei dos ostrogodos, cuxo reinado foi do 474 ao 526.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do caudillo ostrogodo Teodomiro,[1] da liñaxe dos Amalos, foi enviado polo seu pai como refén á cidade de Constantinopla (actual Istanbul), sendo un neno (462). Alí recibiu unha educación baseada na cultura grecolatina. Sucedeu en 474 ao seu pai, como líder dos ostrogodos.

Foi nomeado patricio e magister militum polo augusto Zenón, emperador de Oriente. Este en 488 cedeulle o goberno de Italia coa condición de vencer a Odoacro, rei dos hérulos que depuxera a Rómulo Augústulo, último emperador romano de Occidente (476). Teodorico penetrou na Península Itálica á fronte do seu pobo, cuxo número se estima nunhas cen mil persoas. Conseguiu ocupar Rávena, onde finalmente morreu Odoacro (493).
Proclamouse rei de Italia (494) fixando a súa residencia en Rávena e foi recoñecido como rex Italiae polo augusto Anastasio, emperador de Oriente, en 497, a quen debía unha teórica submisión. Mantivo as diferenzas entre os ostrogodos, de relixión ariana, que retiveron o poder militar, e os romanos, católicos, que concentraron o poder civil, dentro dun difícil equilibrio.
Teodorico considerábase herdeiro do mundo romano e por iso respectou as institucións imperiais rodeándose de conselleiros latinos, como Boecio e Casiodoro. Desexaba crear un imperio xermánico de Occidente, herdeiro do romano, que englobase a francos, vándalos, visigodos e ostrogodos. Con este obxectivo, realizou unha hábil política de alianzas matrimoniais entre a súa familia e os reis dos outros pobos xermánicos, que, aínda que non chegaría a materializar o seu soño, converteuno no principal soberano occidental da súa época.
En 511 interveu de forma decisiva na resolución da crise da monarquía visigoda, aberta a raíz da morte de Alarico II na batalla de Vouillé (507), derrotado polos francos. Depuxo ao usurpador Xesaleico e coroou ao seu neto Amalarico, fillo de Alarico e da súa filla Teodogoda. Asumiu o goberno do reino visigodo como titor do seu neto, a quen colocou baixo a protección de Teudis, un dos seus xenerais. A rexencia mantívose ata a morte do monarca ostrogodo (526), cando Amalarico puido gobernar libremente ao seu pobo.
Favoreceu o desenvolvemento da agricultura e do comercio. Fixo de Rávena, a súa capital, un destacado centro artístico e cultural fomentando o cultivo das artes e as letras.
Permitiu a coexistencia do catolicismo e do arianismo durante a maior parte do seu reinado, pero esta tolerancia finalizou nos últimos anos da súa vida, debido aos enfrontamentos co Papado e co Imperio Bizantino, que o levaron a encerrar e decapitar ao seu conselleiro Boecio (524) e a encarcerar ao papa Xoán I.
Deixou como sucesor ao seu neto, fillo da súa filla Amalasunta, falecendo o 30 de agosto do 526. O estalido dunha guerra civil permitiu ao emperador Xustiniano converter Italia nunha nova provincia bizantina e dispersar aos ostrogodos, que desapareceron como pobo (555).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Martindale 1980, p. 1077
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Teodorico o Grande |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Martindale, J. R.; Jones, Arnold Hugh Martin; Morris, John (1980). The prosopography of the later Roman Empire - Volume 2. A. D. 395 - 527 (en inglés). Cambridge / Nova York: Cambridge University Press.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]| Reino Ostrogodo | ||
|---|---|---|
Segue a: Teodomiro |
Teodorico o Grande | Precede a: Atalarico |
| Reino de Italia | ||
|---|---|---|
Segue a: Odoacro |
Teodorico o Grande | Precede a: Atalarico |
| Reino visigodo | ||
|---|---|---|
Segue a: Xesaleico |
Teodorico o Grande | Precede a: Amalarico |