Lourenzo, antipapa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Papas do século VI
Antipapas

Lourenzo, tamén coñecido como Laurentius ou Laurencio, nado en 460 e finado en 508, foi un antipapa da Igrexa Católica entre 498 e 506.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Lourenzo, sacerdote de orixe romana, era arcediago da basílica de Santa Prassede en Roma, cando foi elixido papa por unha parte do clero romano simpatizante de Bizancio, o 22 de novembro de 498, o mesmo día en que fora consagrado papa san Símaco, de quen é considerado antipapa, e se consagra en Santa María a Maior. Lourenzo recibiu o apoio do emperador Anastasio I e do rei ostrogodo Teodorico o Grande.