Arcediago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Arcediago de Ilya Repin (1877).

O arcediago ou arquidiácono (do grego ἀρχι: o primeiro e διάκονος: servidor, ministro) era o membro principal dun cabido catedralicio, encargado de dirixir o cabido e que seguía na importancia do seu cargo ao bispo[1].

Ocupábanse principalmente de obras de caridade que exercían de parte do bispo, de administrar as dioceses e finalmente de dirixir algunhas zonas (especialmente rurais) chamadas arquidiaconados ou arcediagados.[2] Estas zonas foron substituídas polo Concilio de Trento e a figura do arcediago foi decaendo desde entón até desaparecer por completo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definición en Dicionario de galego. Vigo, Ir Indo, 2004; e Vocabulario ortográfico da lingua galega, A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para arcediagado.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Enciclopedia universal ilustrada europeo americana, vol. V, Espasa Calpe, Barcelona, voz «arcediano», p. 1290