Saltar ao contido

Conversa usuario:MAGHOI

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Nova sección
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Último comentario: Keegan (WMF) hai 18 días no fío «You may be an eligible candidate for the U4C election»
Benvido á Galipedia, MAGHOI!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.
Arquivo de mensaxes antigas:
desde novembro de 2015

Sabedoría

[editar a fonte]

Grazas pola tua revisión do artigo Sete Sabios de Grecia. Só unha dúbidaː non entendo por qué lle quitaches a ligazón interna a Cleóbulo de Lindos, e a deixaches nos outros (Periandro, Quilón...), paréceme que si queda en vermello é mellor para decatarse de que o artigo está por crear. Viascos (conversa) 25 de abril de 2024 ás 11:14 (UTC)Responder

Ola. Un despiste. Tiña un par de minutos para facelo, e coas présas, quedou sen marcar. Pero decatácheste e xa amañei. Grazas por avisar. Saúdos. MAGHOI (conversa) 25 de abril de 2024 ás 11:56 (UTC)Responder

Artigo en uso

[editar a fonte]

Boas MAGHOI! Escríboche para lembrarte que tes o artigo Proud Boys co marcador "en uso" dende hai case 50 días. Saúdos! Piquito (conversa) 27 de outubro de 2024 ás 22:47 (UTC)Responder

Ola,@Piquito. Efectivamente. Despisteime. Grazas por avisar. MAGHOI (conversa) 27 de outubro de 2024 ás 22:51 (UTC)Responder

Saludos

[editar a fonte]

Buenas tardes, acabo de ver que has podido borrar las ediciones que el usuario vandálico dejó ahí y en mi página de discusión. ¿Hay posibilidad de eliminar los resúmenes de edición dejados y el bloqueo en esta enciclopedia? Muchas gracias. Pichu VI (conversa) 10 de novembro de 2024 ás 19:03 (UTC)Responder

Ola, @Pichu VI. Penso que están xa eliminadas. Saúdos. MAGHOI (conversa) 10 de novembro de 2024 ás 19:11 (UTC)Responder

Novi Sad railway station canopy collapse

[editar a fonte]

Sorry for writing in English. Can you crate a new article? Thanks in advance. 188.255.145.157 26 de novembro de 2024 ás 22:33 (UTC)Responder

Montirón

[editar a fonte]

Ola, Maghoi! Como vai todo?

Estaba a procurar información sobre a orixe do topónimo Polvorín en Lugo (relacionado co cuartel das Mercedes?) e atopei na Wikipedia en castelán artigo sobre o barrio de Montirón. Anímaste a traducilo á Galipedia, aquelándoo un pouco? (coido que ten moita palla, a verdade).

Agardo que esteas ben. Saúdos!! --Estevo(aei)fálame aquí 2 de decembro de 2024 ás 14:46 (UTC)Responder

Ola, Estevo. Póñome decontado con el. Saúde. MAGHOI (conversa) 2 de decembro de 2024 ás 17:37 (UTC)Responder

Redirección superflua

[editar a fonte]

Ola MAGHOI, boas noites. Poderías borrar a redirección Wikipedia lista usuarios numero edicions? Xa hai tempo que é innecesaria, xa que creei outra denominada WP:LUNE. Mark Gasoline (conversa) 5 de decembro de 2024 ás 20:47 (UTC)Responder

Feito! Feito! @Mark Gasoline. Un saúdo MAGHOI (conversa) 5 de decembro de 2024 ás 23:22 (UTC)Responder
Grazas, compañeiro. Saúdos. Mark Gasoline (conversa) 6 de decembro de 2024 ás 03:11 (UTC)Responder

Incendios forestais do sur de California en Xaneiro de 2025

[editar a fonte]

Ola MAGHOI, está ben como comezo dun artigo? Incendios forestais do sur de California en Xaneiro de 2025. Grazas. Sp5guest (conversa) 9 de xaneiro de 2025 ás 17:13 (UTC)Responder

Ola, @Sp5guest. Sen problema. Se é o teu primeiro artigo eu recomendaríache varias cousas.
- O primeiro é non ter medo, e se se quere facer adiante; os problemas que aparezan, xa se solucionarán.
- Sería importante, en primerio lugar, traducir un artigo como fas. Sobre todo porque vas vendo que ha seccións, imaxes.... tódolos elementos de edición de que debe constar un artigo. Tamén, cómpre botar unha ollada ás ligazóns que tes na túa pantalla de "conversa", sobre a edición. Son pautas básicas pero relevantes para facer un artigo con xeito, porque ha Galipedia (todas as wikis) comparte algúns elementos de formato coas outras pero tamén hai elementos particulares e propio (por iso, todas teñen un aire semellante, mais ao mesmo tempo son diferentes).
- A partir de aí, darlle caña e preguntar cando haxan dúbidas.
- Podes crear unha páxina de proba, onde facer a edición básica e despois pasar toda a información ao destino definitivo (o título do artigo).
- Pero como xa estás no artigo, importante, para que non che digan nada e outros non editen e se mesture todo, na parte superior, no menú, premendo "Editara fonte", entras na pantalla de edición de código, na parte superior do artigo debes colocar o modelo {{enuso}}.
-Así aparece na parte de enriba do artigo e indica que estás a traballar nel e os demais usuarios respectarán esa reserva durante un mes. Unha vez rematado o mes de tempo ou cando remates o artigo, hai que o quitar (no mesmositio se elimina.
- Finalmente, atende as seccións específicas, colócalle unha categoría....
Máis nada, com dicía antes, ti, dálle duro e se hai dúbidas non deixes de preguntar. Ánimo e un saúdo. MAGHOI (conversa) 9 de xaneiro de 2025 ás 17:53 (UTC)Responder
Moitas grazas!!! Sp5guest (conversa) 9 de xaneiro de 2025 ás 18:08 (UTC)Responder

Thank you for being a medical contributors!

[editar a fonte]
The 2024 Cure Award
In 2024 you were one of the top medical editors in your language. Thank you from Wiki Project Med for helping bring free, complete, accurate, up-to-date health information to the public. We really appreciate you and the vital work you do!

Wiki Project Med Foundation is a thematic organization whose mission is to improve our health content. Consider joining for 2025, there are no associated costs.

Additionally one of our primary efforts revolves around translating health content. We invite you to try our new workflow if you have not already. Our dashboard automatically collects statistics of your efforts and we are working on tools to automatically improve formating.

Thanks again :-) -- Doc James along with the rest of the team at Wiki Project Med Foundation 26 de xaneiro de 2025 ás 06:22 (UTC)Responder

Saúdo e presentación.

[editar a fonte]

Boa tarde, Maghoi. Son o docente que se puxo en contacto contigo polo bloqueo de ip. Xa fixen un usuario e, tan pronto poida, irei formando ao alumnado de 6º de Primaria na creación e edición de artigos con este perfil. Agardo que todo saia ben e poidamos contribuír dende a nosa capacidade académica e competencia TIC. Grazas por todo, e un saudiño. Escola de Vite (conversa) 27 de febreiro de 2025 ás 19:03 (UTC)Responder

@Escola de Vite. Para calquera cousa, aquí estamos. Ánimo e a darlle duro. MAGHOI (conversa) 27 de febreiro de 2025 ás 19:12 (UTC)Responder

Visitas

[editar a fonte]

Boas @MAGHOI, vexo que estas a meter en moitas páxinas de conversa a etiqueta de "visitas":

  1. Deberíamolo facer cada un en todas as páxinas novas?
  2. Non se podería facer un bot? (porque ese traballo é bastante tedioso

Atentamente Andresv.63 (conversa) 3 de marzo de 2025 ás 04:51 (UTC)Responder

Ola, @Andresv.63. Respecto da primeira cuestión, sen ser algo obrigatorio, coido que é interesante dende o punto de vista estatístico. En canto ao do bot, non sei se sería posible, descoñezo os rudimentos técnicos, pero poderíase facer unha consulta. Efectivamente, é tedioso pero ao non ser algo imprescindible, vaise facendo. Saúdos. MAGHOI (conversa) 3 de marzo de 2025 ás 11:02 (UTC)Responder

Erro na conversa

[editar a fonte]

@MAGHOI penso que borraches sen querer a miña resposta na conversa de Modelo:Concepto. Non sei se fixen algo mal eu, poderías ver que pasou? Saúdos, O Breixo (conversa) 6 de maio de 2025 ás 16:29 (UTC)Responder

@O Breixo. Pois si. Quixen darlle un espazo para separa-las conversar e comín toda a túa resposta. Perdoa. Está xa amañado. MAGHOI (conversa) 6 de maio de 2025 ás 16:49 (UTC)Responder

Hausdorff

[editar a fonte]

@MAGHOI non entendo ben como se fai a conversa. Mirarie de enterarme.

O meu problema aparte das referencias é o cadro que se chama "scientific inbox", tratei de adpatalo a Galipedia e tamén suprimín un partado de "contribicións que me parecía demasiado longo, pero non o compila. --Xtquique (conversa) 15 de xuño de 2025 ás 17:19 (UTC)Responder

@Xtquique. Perfecto. Pero, se cadra non me expliquei ben de todo. Así está ben, pero a túa conversa ten que estar ao fondo. Para iso, na parte superior, premes en "nova sección e xa podes escribir. Cando teñas dúbidas, non deixes de preguntar. Saúdos. MAGHOI (conversa) 15 de xuño de 2025 ás 17:42 (UTC)Responder

Melloras no artigo

[editar a fonte]

Ola, @MAGHOI, gustaríame saber se poderías mellorar o artigo de José Aragón Pérez. Saúdos cordiales. Uregapedia (conversa) 14 de xullo de 2025 ás 17:07 (UTC)Responder

Boas @Uregapedia. O certo é que como indicou @Estevoaei, eu tampouco lle atopo maior relevancia ao artigo. Trátase do desenvolvemento profesional dunha persoa particular. Saúdos. MAGHOI (conversa) 14 de xullo de 2025 ás 17:11 (UTC)Responder

Artigos De NICOLÁS e Virus

[editar a fonte]

Mark viño a Galipedia soamente para boicotear eses dous artigos, creo que é remarcable que ten un interese nato en que se borren estes artigos. ¿Podéis facer algo por que non se borren? 79.117.92.147 22 de xullo de 2025 ás 21:07 (UTC)Responder

Ola

[editar a fonte]

Ola, por favor, consulta esta conversa que eu iniciei: Wikipedia:Votacións para borrar/Modelos de alcaldes nos Estados Unidos ~2025-30365-96 (conversa) 28 de outubro de 2025 ás 19:07 (UTC)Responder


Indicacións de como engadir táboa de Wikidata a artigo da Galipedia

[editar a fonte]

Ola, por favor, poderíasme indicar como engadir a táboa de Wikidata a un artigo da Galipedia, como por exemplo o de Aeródromo da Lanzada que emprega https://www.wikidata.org/wiki/Q136359402. Grazas por adiantado.

Ola, Unho. No artigo que te refires, faise premendo, na parte superior do menú, na opción "editar a fonte". Así entras na pantalla de edición e hai que colocar na parte superior do artigo o modelo {edificio}; con dúas chaves en cada lado. Se miras no artigo do aeródromo, verás como está colocado.
Un detalliño, no aviso anterior, é mellor que ao rematar, asines, porque é máis doado localizarte e respostar. Ánimo e a darlle duro--MAGHOI (conversa) 10 de novembro de 2025 ás 10:42 (UTC)Responder
Antes de nada desculpas polo da sinatura, hai anos que non contribúo.
No referente a de {edificio} con dúas chaves antes e despois, xa llo puxen a varios artigos, p.ex. Aeródromo de Guitiriz pero non me sae ningunha opción de engadir os datos a Wikidata. Como se fai iso de xeito que queden vinculados?
Unho (conversa) 10 de novembro de 2025 ás 13:53 (UTC)Responder
Ola, de novo, @Unho. Xa entendín. Non sae nada porque non está creado en Wikidata. Para engadir datos en Wikidata, neste caso concreto pódeche servir de exmplo outro aeródromo que si teña datos; así servirá de guía. Os pasos serían os seguintes:
- Entra nese artigo que si ten táboa.
- No menú da esquerda aparece "Elemento de Wikidata"; ao premer, entras en wikidata.
- De novo, no menú da esquerda de wikidata, preme na 4ª opción, "crear un novo elemento" (agora xa estarías no que vai ser o artigo de wikidata de "Aeródromo de Guitiriz"
- Por defecto, lingua é "gl; seguinte apartado: Etiqueta (o nome do artigo: Aeródromo de Guitiriz); e descrición (pode quedar baleiro ou indicar algunha descrición como: aeródromo na provincia de Lugo ou aeródromo en Galicia). Finalmente, premer crear.
Como xa está creado, agora hai que enchelo de contido. Verás que hai 4 grandes apartados (empezo por enriba):
1- un cadrado, ondexa está o título do artigo, e tamén aparecen campos con outras linguas (estas serías as ligazóns interlingüísticas) . Poden quedar en branco.
2- Declaracións
3- Identificadores
4- Wikipedia
Onde se traballa é no segundo en "Declaracións". Hai que premer en "Engadir declaracións". Normalmente, o sistema che pode ofrecer varias e vas escollendo unha, e se abre outro campo para que metas o contido. [Aquí é importante que teñas outra pestana aberta co artigo doutro "aeródromo" poque podes ir repetindo os campos (declaracións) e engadindo o contido específico.
O 3, de "identificadores" é mello rdeixalo. Importante o 4º, Onde aparece Wikipedia. De novo, para meter contido, prememos en "editar". Na esquerda, hai que indicar o códilo lingüístico ("gl") e na dereita o título do artigo "Aeródromo de Guitiriz". Obviamente, cada vez que se mete contido, hai que gardar. Pode ser que nalgún caso metas un contido e non cho acepte ou apareza algo raro. Iso prodúcese cando ese dato ou contido non existe dentro de Wikidata.
Eu aconsellaríache que fose practicando con isto e se tes algún problema ou dúbida, non deixes de preguntar. Eu todo isto, aprendino hai pouco a base de fuchicar pero completar os datos en Wikidata é moi interesante, sobre todo con contidos galegos propios, porque despois dende calquera wiki os poden ligar. Se non os metemos nós, quedan sen aparecer. Saúdos. MAGHOI (conversa) 10 de novembro de 2025 ás 18:04 (UTC)Responder
Marabilloso. Isto é exactamente o que precisaba. Xa probei e funcióname. Agora, a eito!
Unho (conversa) 10 de novembro de 2025 ás 21:13 (UTC)Responder
@Unho. Alégrome. Pois a fedellar. MAGHOI (conversa) 11 de novembro de 2025 ás 11:32 (UTC)Responder

Anónimo vándalo

[editar a fonte]

Ola MAGHOI. Podes avisar ou bloquear a este usuario anónimo? Xa leva un rato vandalizando artigos, eu xa o avisei pero non fai caso. Mark Gasoline (conversa) 11 de novembro de 2025 ás 19:04 (UTC)Responder

Deixa, xa está bloqueado, bloqueouno o usuario Tanbiruzzaman. Mark Gasoline (conversa) 11 de novembro de 2025 ás 19:39 (UTC)Responder

Por que eliminaches esta páxina?

[editar a fonte]

Ola MAGHOI. Por que eliminaches esta páxina? Modelo: Cidades de California (máis de 100.000 habitantes) ~2025-32924-65 (conversa) 11 de novembro de 2025 ás 20:55 (UTC)Responder

Ola, @~2025-32924-65. O motivo é porque se estivo facendo limpeza de modelos desfasados ou sen uso e outro usuario a marcou como {lixo}. Se tiveses outra opinión, non deixes de comentala. Saúdos. MAGHOI (conversa) 12 de novembro de 2025 ás 12:24 (UTC)Responder

Aristòtile Vicenzi

[editar a fonte]

Hello, this page was created by Alec Smithson, a known crosswiki long term abuser. I've seen two regulars have already edited this page. I believe it's a hoax but could you please recheck that it fits this community's rules and regulations? I still suggest precautionary deletion. Best regards, A09 (conversa) 15 de novembro de 2025 ás 13:27 (UTC)Responder

Cúpula de Santa María del Fiore

[editar a fonte]

Olá, vi que foi você quem expandiu o artigo, mas as datas sobre o concurso estão erradas e não têm respaldo na fonte citada. A data da fonte é de 1367, e não 1396. Na verdade, por volta de 1396, o que estava a acontecer era a finalização das abóbadas das naves laterais, conforme planeado pelo modelo de 1367. 1331: A guilda Arte della Lana (Arte da Lã) assume a gestão da construção. Em agosto de 1367 a Opera del Duomo organiza o concurso entre Giovanni di Lapo Ghini (defensor do estilo gótico com contrafortes) e o grupo de Neri di Fioravante (defensor de uma cúpula sem suportes externos visíveis). Em outubro de 1367 após consulta pública e votação, o modelo de Neri di Fioravante é oficialmente escolhido como o modelo definitivo que todos deveriam jurar seguir. No seu texto, aparece "1336", mas o pedido formal de modelos que gerou a disputa entre Lapo Ghini e Neri di Fioravante começou em 1366, culminando na decisão de 1367. !d'O Magriço valho (conversa) 20 de decembro de 2025 ás 22:45 (UTC)Responder

Boas, @!d'O Magriço valho. Pois tes razón. Agradezo a corrección. Muito obrigado. MAGHOI (conversa) 21 de decembro de 2025 ás 20:09 (UTC)Responder

Sidney

[editar a fonte]

Boas! A páxina de homónimos Sidney, xa existe. Chámase Sidney (homónimos). Un sáudo. Chairego apc (conversa) 26 de xaneiro de 2026 ás 21:18 (UTC)Responder

Ola, @Chairego apc. Grazas polo aviso. Xa completo está primeira. Saúdos. MAGHOI (conversa) 26 de xaneiro de 2026 ás 23:48 (UTC)Responder

Wiki Loves Folklore 2026

[editar a fonte]

Ola!! Estiven vendo que hai un novo concurso de fotografía de Commons de "folklore" https://commons.wikimedia.org/wiki/Commons:Wiki_Loves_Folklore_2026/es e pareceume súper interesante, pero ao non ver a tradución ao galego da entrada dubidei de se este tipo de concursos estaban dispoñibles para todas as wikipedias de todos os idiomas ou so para algúns. No caso de estalo, podería traducir a entrada ao galego? Ou xa hai alguen traballando niso? Moitas grazas de antemán e un saúdo 😊😊 Raquel RGC (conversa) 1 de febreiro de 2026 ás 19:53 (UTC)Responder

Boas, @Raquel RGC. Non teño noticia de que ninguén estea con iso. Se te animas, adiante. Saúdos. MAGHOI (conversa) 1 de febreiro de 2026 ás 21:33 (UTC)Responder

Premios BAFTA

[editar a fonte]

Ola MAGHOI. Poderías borrar a redirección "Premios BAFTA" para cambiar o título do artigo BAFTA? Mark Gasoline (conversa) 2 de abril de 2026 ás 10:32 (UTC)Responder

Feito! Feito! @Mark Gasoline MAGHOI (conversa) 2 de abril de 2026 ás 10:38 (UTC)Responder
Grazas. Mark Gasoline (conversa) 2 de abril de 2026 ás 10:39 (UTC)Responder

Guerra en Ucraína

[editar a fonte]

Ola de novo, MAGHOI. Poderías fusionar os artigos Invasión rusa de Ucraína e Cronoloxía da invasión rusa de Ucraína en 2022? Mark Gasoline (conversa) 2 de abril de 2026 ás 12:35 (UTC)Responder

@Mark Gasoline. Hoxe, non vou poder. Mañá, conta con telo feito. Saúdos. MAGHOI (conversa) 2 de abril de 2026 ás 14:01 (UTC)Responder
Grazas. Mark Gasoline (conversa) 2 de abril de 2026 ás 14:02 (UTC)Responder
Boas tardes, MAGHOI. Xa levan un tempo preparados os textos deses artigos, non te esquezas de fusionalos. Saúdos.
Polos pelos, pero Feito! Feito!@Mark Gasoline. Grazas por avisar.

You may be an eligible candidate for the U4C election

[editar a fonte]

Greetings,

The Universal Code of Conduct Coordinating Committee (U4C) seeks candidates for the 2026 election. The U4C is the global committee responsible for overseeing enforcement of the Universal Code of Conduct. Elections are held annually, if elected a committee member serves for two years.

This year the U4C requires candidates to hold administrator rights on at least one wiki, which is why you are being contacted as you appear to hold this right. There are other requirements, such as candidates must be at least 18 years old and may not be employed by the Wikimedia Foundation or other related chapters and affiliates. You can find more information in the call for candidates on Meta-wiki. Additionally, the committee's working language is English; some ability to communicate in English is required.

The election opens on 18 May, if you are eligible and interested you have until 10 May to submit your candidacy. There will week between for candidates to answer questions from the community. Voting takes place privately in SecurePoll, successful candidates must receive at least 60% support. More information is available on the 2026 Elections page, including timelines and other candidacy information. If you read over the material and consider yourself qualified, please consider submitting your name to run for the committee. If you think someone else in your community might be interested and qualified, please encourage them to run.

In partnership with the U4C -- Keegan (WMF) (talk) 28 de abril de 2026 ás 18:33 (UTC)Responder