Arcadio Ríos Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Arcadio Ríos Rodríguez
Arcadio Ríos Rodríguez.jpg
Nacemento1911
Lugar de nacementoHevia
Falecemento27 de xullo de 1946
Lugar de falecementoCasaio
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistencia
IrmánsCésar Ríos Rodríguez
editar datos en Wikidata ]

Arcadio Ríos Rodríguez, nado en Hevia (Siero) en 1911 e finado en Casaio o 27 de xullo de 1946, foi un mineiro e guerrilleiro antifranquista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traballou como mineiro no pozo de Pumarabule e foi membro do Sindicato de Obreros Mineros de Asturias (SOMA-UGT). Militante do PCE. Ao caer Asturias en outubro de 1937 fuxiu ao monte co seu irmán César. O seu pai estivo preso e ao ser posto en liberdade marchou a Francia, onde foi detido e internado nun campo de concentración alemán, onde faleceu; os seus irmáns Manuel e Silvino foron fusilados en Asturias. En abril de 1942 participou no congreso de Ferradillo que deu lugar á constitución da Federación de Guerrillas de León-Galicia. Partidario da unidade, foi nomeado xefe de guerrilla na II Agrupación da Federación de Guerrillas de León-Galicia. Morreu a mans da Garda Civil o 26 de xullo de 1946 durante a celebración do Congreso de Reunificación de Casaio con Francisco Elvira Cuadrado, diante da súa compañeira Consuelo Rodríguez López.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. pp. 1116–117. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]