Clemente VIII, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (it) Ippolito Aldobrandini 24 de febreiro de 1536 Fano |
| Morte | 3 de marzo de 1605 Roma |
| Causa da morte | ictus |
| Lugar de sepultura | basílica de Santa María a Maior Tomb of Clement VIII (en) |
| 30 de xaneiro de 1592 – 3 de marzo de 1605 ← Inocencio IX – León XI → | |
| 18 de decembro de 1585 – | |
| Embaixador | |
| | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica |
| Educación | Universidade de Padua Universidade de Boloña Universidade de Perugia |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Roma Estados Pontificios |
| Ocupación | sacerdote católico (1580–), diplomático |
| Profesores | Francesco Cornello (en) |
| Consagración | Alfonso Gesualdo (pt) |
| Participou en | |
| 10 de xaneiro de 1592 | Conclave de 1592 (pt) |
| 27 de outubro de 1591 | Conclave de 1591 (pt) |
| 8 de outubro de 1590 | Conclave do outono de 1590 (pt) |
| 7 de setembro de 1590 | Conclave de setembro de 1590 (pt) |
| Familia | |
| Cónxuxe | sen valor |
| Pais | Silvestro Aldobrandini |
| Irmáns | Giovanni Aldobrandini |
| Descrito pola fonte | Biblioteca dixital BEIC Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Ippolito Aldobrandini, nado o 24 de febreiro de 1536 e finado o 3 de marzo de 1605), foi un papa da Igrexa católica, elixido como tal o 30 de xaneiro de 1592, e tomando o nome de Clemente VIII.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O máis destacado do seu pontificado foi, sen dúbida, a súa reconciliación con Henrique IV de Francia e o seu distanciamento da política de Filipe II de España. Cando en 1593 Henrique de Borbón se viu forzado a levantar o cerco ó cal sometera París ante a soa aproximación dos terzos españois procedentes de Flandres e comprendeu a inestabilidade con que portaba a coroa de Francia, reconverteuse ao catolicismo deixando aos defensores da ortodoxia cristiá sen razóns en que basear a súa oposición á nova monarquía borbónica. Dous anos despois, Clemente VIII absolveu solemnemente ao rei converso e admitiuno sen restricións no seo da Igrexa.
O indulxente perdón papal destilaba esencias políticas. Ningunha acción cabía esperar xa de Filipe II contra Inglaterra, e en Francia era innecesaria a súa intervención unha vez retornado o seu rei á obediencia da santa sé. Pola contra, o poder que acumulara o monarca español fíxose sentir no propio Vaticano e transcendía a Italia enteira. Como sucedera tantas veces en similares circunstancias, maquinaba o papa a forma de librarse dun incómodo protector e non atopou outra cá de trocar as alianzas. Clemente VIII viu en Henrique IV un valioso asociado na tarefa de sacudirse do xugo español, por iso, cando en 1595 o Borbón declarou formalmente a guerra a España, o papa apresurouse a levantar as penas eclesiásticas que pesaban sobre daquel.
Dous anos máis tarde tivo ocasión de poñer a proba a fidelidade do novo rei católico e sacar proveito da súa asociación. En outubro de 1597 morría sen descendencia Afonso II, duque de Ferrara, e presentóuselle ó papa unha ocasión única para anexionar a praza forte aos Estados Pontificios. España non compartía o proxecto de Clemente e manobrou para que César d'Este, un curmán ilexítimo de Afonso, dese continuidade á dinastía, pero o papa acudiu a Henrique IV que lle prometeu a axuda militar necesaria para levar a bo termo o seu plan. Filipe II non quixo abrir unha nova fronte de loita e desistiu da pelexa. As tropas pontificias puideron así entrar en Ferrara sen obstrución, ocupar a cidade e integrala nas posesións da igrexa. Conseguido o seu obxectivo, o papa Clemente mediou entre España e Francia para que desenvolvesen negociacións de paz que culminaron o 2 de maio de 1598 co Tratado de Vervins.
A execución de Giordano Bruno o 17 de febreiro de 1600, da que Xoán Paulo II pediu públicas escusas en nome da Igrexa, ensombrece a memoria do papa Clemente VIII.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Clemente VIII, papa |
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |