Domingo Rodríguez Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDomingo Rodríguez Rodríguez
Biografía
Nacemento6 de xaneiro de 1909 Editar o valor em Wikidata
Corzos, España Editar o valor em Wikidata
Morte26 de novembro de 1999 Editar o valor em Wikidata (90 anos)
Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesInca
Domingo das Perdices Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata

Domingo Rodríguez Rodríguez, coñecido como Inca e Domingo das Perdices, nado en Corzos (A Veiga) en 1909 e finado en Francia en 1999, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 a súa nai morreu queimada viva cando os falanxistas da zona lle prenderon lume á casa familiar. Formu parte do grupo de Alfredo Yáñez Domínguez (Aguirre) con Panarra, Serio, José Vega Seoane Animas e Sinsegundo, antigos membros da Sociedad Obrera y Campesina de Xares que actuaban na Cabreira, Ponferrada, Viana do Bolo, O Bolo, O Barco de Valdeorras e A Gudiña. Militante do PCE. Foi xulgado en Ourense por asasinato e declarado en rebeldía. En febreiro de 1937 procederon a incautación dos seus bens.[1] Trasladouse á zona republicana de Asturias. A principios dos anos corenta era o xefe do grupo guerrilleiro que actuou na serra dos Corzos e na Terra do Bolo e Valdeorras dentro da II Agrupación da Federación de Guerrillas de León-Galicia do que formaban parte Mario Morán García, Arcadio Ríos Rodríguez, Alfredo Yáñez Domínguez e José Vega Seoane. Despois incorporouse ao grupo Cándido Losada Estévez (Malvavisco). En 1948 logrou fuxir de Galicia e exiliarse en Francia. Morreu na rexión de París en 1999.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 7-2-1937, p. 8.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 122. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]