James Baldwin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Baldwin.
James Baldwin

James Baldwin, nado en Nova York en 1924 e finado en St. Paul de Vence en 1987, foi un novelista afroamericano, coñecido pola súa novela Go Tell it on the Mountain (Vaino contar na montaña).

[editar] Traxectoria

A maior parte da obra de Baldwin refírese ao racismo e ao sexo nas mediadas do século XX nos Estados Unidos, as súas novelas reflicten as complexas presións, sociais e psicolóxicas, de ser negro e homosexual antes de que a sociedade puidera asumir a igualdade deses grupos.

Fillo dun predicador, a Baldwin gustáballe ler e escribir dende moi novo, seguindo os pasos de seu pai predica nunha pequena igrexa de Harlem durante tres anos, desexoso de arredarse da casa atopa un traballo en Nova Jersey, ademais realiza recensións para as editoriais.

En 1948 trasládase a vivir a París, seguindo os pasos de Ernest Hemingway, Gertrude Stein, F. Scott Fitzgerald, Richard Wright e moitos outros. Durante unha estadía en Suíza escribe a súa primeira novela, Go Tell it on the Mountain (1953), obra autobiográfica sobre a súa mocidade en Harlem; aínda que na súa época non obtivo recoñecemento, hoxe está considerada un clásico da literatura norteamericana.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas