Puga, Toén

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Puga
Igrexa de San Mamede.
ConcelloToén[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°19′35″N 8°34′04″O / 42.3263916, -8.5678894Coordenadas: 42°19′35″N 8°34′04″O / 42.3263916, -8.5678894
Poboación237 hab. (2017)
Entidades de poboación9[1]
editar datos en Wikidata ]

San Mamede de Puga é unha parroquia do concello ourensán de Toén na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 280 habitantes (145 homes e 135 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento de 34 habitantes en relación ao ano 2000.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial de San Mamede está no núcleo principal da parroquia, A Eirexa. A segunda fin de semana de setembro celébrase unha festa na honra da Virxe do Perpetuo Socorro.

Nesta parroquia está a torre patrucial dos Puga, donos de moitas terras e casas na comarca. A finais do século XV e comezos do XVI a torre de Puga pertencía ao cabaleiro Gonzalo de Puga, soterrado na igrexa de San Francisco de Ourense. Na parroquia está tamén o Pazo do Olivar, que a mediados do século XIX pertencía a Juan José Novoa y Abraura, e posteriormente, primeiro á súa filla Josefa e despois á súa outra filla Antonia Novoa Serón Abraura Molina.[2]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Puga[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Puga no concello de Toén (Ourense)

Castiñeiras | Celeirón | A Eirexa | A Estrada | Paredes | O Pazo | As Penelas | Puga | San Fiz

Parroquias de Toén[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Toén

Alongos (San Martiño) | Feá (Santa María) | Moreiras (San Pedro) | Mugares (Santa María) | Puga (San Mamede) | Toén (Santa María) | Trelle (Nosa Señora dos Anxos) | Xestosa (Santa María)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]