Alongos, Toén
| Alongos | |
|---|---|
![]() |
|
| Casa de Saco | |
| Concello | Toén |
| Área | - km² |
| Poboación | (Ano 2007) 319 hab. |
| Densidade | - hab./km² |
| Entidades de poboación | 10 |
San Martiño de Alongos é unha parroquia do concello ourensán de Toén na comarca de Ourense. No ano 2007 contaba con 319 habitantes (177 homes e 142 mulleres) distribuidos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano 2000.
Índice |
[editar] Patrimonio
A casa de Saco, situada no lugar do Outeiro, é a casa natal de Juan Antonio Saco y Arce. De gran tamaño, ten a estrutura propia das casas señoriais. Tiña capela propia, portalón blasonado cun escudo partido con cimera volta á destra, coas armas dos Feijoo e dos Martínez. A casa foi construída no século XVIII por Roque Martínez, abade de Santa María de Larouco e a súa anexa Santa María de Sadur. Muros de sillería de peche decorados con almeas.
A Casa da Corredoira ten escudos cuartelados con armas dos Enriquez, Puga e Pereira. En 1701 eran donos desta casa Silvestre Novoa Puga e a súa esposa Isabel de Cárdenas.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Alongos, Toén.
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de Alongos
| Lugares da parroquia de Alongos no concello de Toén (Ourense) | |
|---|---|
|
Alongos | Barrio da Liberdade | A Corredoira | Freixendo | O Outeiro | Prado | Reguengo | Rosairo | O Santo | O Torrón |
[editar] Parroquias de Toén
| Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Toén | |
|---|---|
|
Alongos (San Martiño) | Feá (Santa María) | Moreiras (San Pedro) | Mugares (Santa María) | Puga (San Mamede) | Toén (Santa María) | Trelle (Nosa Señora dos Anxos) | Xestosa (Santa María) |
