Elena Ochoa
Elena Fernández Ferreiro López de Ochoa, coñecida como Elena Ochoa, nada na Pobra de Trives o 24 de setembro de 1958, é unha psicóloga e xornalista galega.
[editar] Traxectoria
Licenciada en Psicoloxía, dende 1980 ata 1999 foi profesora titular de psicopatoloxía na Universidade Complutense de Madrid. Nos anos oitenta, a súa investigación centrouse no alzhéimer, e para iso desprazouse ás universidades dos Ánxeles, Chicago e Cambridge. En 1990 comezou a presentar o primeiro programa de información sexual da TVE, Hablemos de sexo, o que lle deu unha importante sona. Traballou catro anos en televisión, e posteriormente e ata 1999 foi colaboradora dos xornais El País e El Mundo.
Entre 1999 e 2000 foi profesora no King's College de Londres, pero nese ano abandonou a súa carreira para dedicarse á promoción da arte. Fundou a editorial Ivory Press, especializada en libros de artista dirixidos a museos e coleccionistas, así como de álbums de fotografía.
[editar] Vida persoal
Casou en 1991 co escritor español Luis Racionero, de quen se separou en 1994. En 1996 casou co arquitecto británico Norman Foster, co que tivo dous fillos.