Illa de San Tomé
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| San Tomé | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
|||||
| Localización | |||||
|
[[]] |
|||||
| Datos | |||||
| Capital | San Tomé, | ||||
| País | Santo Tomé e Príncipe | ||||
| Linguas | portugués, forro, angolar | ||||
| Poboación (2007) | 133.600 hab. | ||||
| Superficie | 854 km² | ||||
| Densidade | 155 hab/km² | ||||
| Concellos | |||||
| Coordenadas | |||||
| Maior Altura | 2.024 m. Pico de Santo Tomé | ||||
A illa de San Tomé ou São Tomé é a maior illa de Santo Tomé e Príncipe, posúe 854 km² e nela habitan 133.600 persoas, o que equivale ao 96% da poboación do país. Esta illa e algúns illotes conforman a Provincia de Santo Tomé, que se divide en seis distritos. A illa atópase a 2 km ao norte da liña ecuatorial. Ten 48 km de longo e 32 km de ancho. A súa altura máxima é o Pico de Santo Tomé (2.024 m) e inclúe a capital do país, San Tomé, na costa norte. A cidade máis próxima no continente africano é a cidade de Port Gentil en Gabón a 240 km ao leste.
Ecoloxicamente, a illa forma parte da ecorrexión denominada selva de terras baixas de Santo Tomé, Príncipe e Annobón.
O idioma principal da illa é o portugués, pero tamén hai falantes de forro e angolar (Ngola), dous crioulos portugueses.