Kingstown
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Kingstown é a capital de San Vicente e Granadinas, un pequeno Estado insular no Mar das Antillas. A súa poboación en 2005 era de 24.518 habitantes. Está situada na illa de San Vicente a 13°10′ de latitude N e a 61°14′ de lonxitude O.
Índice |
[editar] Comunicacións
A cidade de Kingstown está atendida polo Aeroporto Ebenezer Theodore Joshua, ubicado no concello veciño de Arno Vales, con a que hai vóos frecuentes até outras illas como Barbados, Granada ou Trindade e Tobago.
[editar] Sitios de interese
Algúns lugares salientábeles da cidade son[1] :
- o xardín botánico (8 hectáreas), creado en 1763. Curiosamente era o sitio do destino da HMS Bounty antes de que ocorrese o motín[2].
- O "Fort Charlotte" : é un forte que domina acidade desde uns 200 metros de altura. Foi construído polos británicos en 1806, encima dun cantil, con a idea de poder rexeitar os ataques dos indios caribes.
- a catedral de Saint-George : sé anglicana, edificada a inicios do século XIX.
- a catedral de Saint-Mary : é a sé católica, erguida en 1935.
[editar] Economía
Kingstown basea a súa economía no turismo, e na preparación, para exportar, de produtos agrícolas locais como son as bananas, as marantas ou o algodón.