O Porriño

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

(Redirixido dende Porriño)
Casa Consistorial, obra de Antonio Palacios
Casa Consistorial, obra de Antonio Palacios
O Porriño
Situación
Xentilicio 1: Porriñés
Xeografía
Provincia: Provincia de Pontevedra
Comarca: Vigo
Área: 61,2 km²
Entidades de poboación: 8 Parroquias e 114 Lugares
Capital do concello: O Porriño
Latitude e lonxitude: 42º 10' N e 8º 37' O
Altitude máxima: - m.
Altitude mínima: m.
Zona horaria: 2 UTC + 1
Demografía (2006)
Poboación: 16.617 hab.
Densidade: 271,5 hab./km²
Uso do galego 3 (2001)
Galegofalantes sobre o total da poboación: 93,37 %
Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos
Sempre: 35,12 %
Ás veces: 50,14 %
Nunca: 14,73 %
Política (2003)
Concelleiros 4: PPdeG 4 concelleiros (2383 votos - 22,87 %)
BNG 5 concelleiros (2916 votos - 27,99 %)
PSdeG-PSOE 3 (1.629 votos - 15,63 %)
Outros: CxP 3
IP 2
(1861 votos - 17,86
1221 votos - 11,72 %)
Alcalde: Raúl Francés Rodríguez (BNG)
Eleccións municipais en: O Porriño
Censo electoral (2007)
Total electores: 13530 - 100 %
Votantes: 10519 - 69,24 %
Abstencións: 4672 - 30,76 %
Votos en branco: 135 - 1,28 %
Votos nulos: 100 - 0,95 %
Orzamentos 5 (2000)
Total ingresos:
Total gastos: {{{totalgastos}}} €
Enderezos
Enderezo físico: Praza do Arquitecto Antonio Palacios, 1
Teléfono: 986 33 50 00
Fax: 986 33 58 50
Código Postal: 36400
Correo electrónico: alcaldia@porrino.com
Sitio web oficial: www.porrino.com

Notas: 1 Véxase no Galizionario.

2 No verán: UTC + 2.
3 Datos de 2001 publicados en 2004.
4 Eleccións Municipais Maio 2007.
5 Datos de 2000, daquela non existía o Euro, convertíronse as pesetas a Euros.

O Porriño é un concello da Provincia de Pontevedra en Galicia pertencente á Comarca de Vigo, en concreto ao Val da Louriña. Limita ao norte con municipio de Mos, ao noroeste co de Vigo, ao oeste co de Gondomar, ao sur co de Tui, ao sureste co de Salceda de Caselas e ao leste co de Ponteareas.

Poboación en 2007: 16.745 persoas segundo o Padrón municipal de habitantes.

Xentilicio (véxase no Galizionario) : Porriñés

Índice

[editar] Historia

No municipio encontránronse abundantes vestixios do Paleolítico e da Idade de Bronce, especialmente na parroquia de Budiño, o que evidencia unha moi temprana ocupación do territorio.

Durante a Idade Media o réxime señorial estivo fortemente consolidado no Porriño, dominado por castelos dos que hoxe apenas se conservan restos: os castelos de Mirabel e Orbenlle, e a fortaleza de Erbilone.

O Porriño naceu como poboación de cruce de camiños, situado ademais na ruta de peregrinación a Santiago dende Portugal.

Formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias integrábanse daquela na xurisdicción do Porriño, dependente do Conde de Salvaterra do Miño, agás Budiño con xurisdicción propia dos veciños.

Neste territorio, nos primeiros anos do século XIX, chegaron a funcionar concellos en Mosende e O Porriño. Iniciado o proceso de constitución definitiva dos concellos actuais, no século XIX, dentro do Partido xudicial de Tui, créase o concello do Porriño, integrado daquela por sete parroquias, aínda que coa mesma estructura superficial. Con posterioridade, en 1904, créase a parroquia de Cans, segregada da de Atios; ademais dende 1920 funciona a Entidade Local Menor de Chenlo.

[editar] Monumentos

A casa do concello do Porriño foi recentemente reformada e ampliada, a partir do edificio construído por Antonio Palacios para este uso e inaugurado en 1924.

É unha edificación en pedra dotada dunha gran monumentalidade en relación coa pouca superficie que ocupa, na que resalta un pórtico na súa parte frontal, a torre amenada, a profusión de vans e a rica ornamentación.

Arde esta edificación no ano 1976, destruíndose na práctica totalidade o seu interior; a reforma iniciada posteriormente remata en 1983. En todo caso, a insuficiencia espacial foi cada vez máis patente e conlevou a ampliación lateral do edificio en datas máis recentes.

[editar] Economía

O concello de O Porriño conta cunha importante industria, grazas principalmente á súa situación nun importante nó de comunicacións pŕoximo á cidade de Vigo e a Portugal. A puxanza industrial do municipio tivo como precursores a instalación no Porriño en 1924 de Marucoga (primeiro matadeiro cooperativo de Galicia) e en 1939 da química Zeltia.

Na actualidade, o granito extraido das canteiras deste municipio, coñecido como "rosa porriño", é transportado a mercados internacionais dende o Porto de Vigo. Nos últimos anos aumentou notablemente a capacidade transformadora da industria graniteira, que agora incluso transporte materias primas doutros países para a súa elaboración.

O municipio conta ademais con dous parques industriais, As Gándaras e A Granxa, e un tecido empresarial bastante diversificado, no que destacan as industrias químico-farmacéutica, da automoción, alimentación e loxística. No Porriño teñen a súa sede dous dos centros tecnolóxicos punteiros de Galicia: o CTAG (Centro Tecnolóxico do Automóbil de Galicia) e Aimen (Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste).

Esta puxanza industrial sitúano como o terceiro concello con máis capacidade industrial da provincia de Pontevedra, o primeiro en relación coa súa poboación. A pesar disto, mantén unha taxa de desemprego lixeiramente superior á media galega.

[editar] Medio Ambiente

O Porriño é tristemente famoso polo deterioro medioambiental que ven sufrindo dende principios do século pasado.

No actual emprazamento dos parques industrias do concello extendíase un enorme ecosistema de lagoas, hábitat de especies únicas en Galicia. A maioría deste territorio, foi, a pesaren diso, secado e recheado, quedando hoxe en día un minúsculo testemuño no espazo natural das Gándaras de Budiño, que aínda segue sufrindo ameazas constantes por parte das industrias contiguas.

Neste lugar atópanse especies vexetais e animais de gran valor para o ecosistema e que corren un risco serio para a súa supervivencia. Na fauna destaca o sapoconcho galego (esta é un dos dous únicos lugares de Galicia onde aínda existe) e a cerceta común (As Gándaras é un dos poucos lugares nos que aniña na península. Na flora destaca a presenza dunha curiosa planta carnívora, a orballiña (drosera rotundifolia).

O río Louro ademais, que atravesa esta zona e a propia vila do Porriño, segue sendo a día de hoxe a pesar das depuradoras que se están a por en marcha, un dos rios máis contaminados do país.

Para rematar, as canteiras do municipio están mal reguladas dende fai décadas, e o seu impacto paisaxístico e acústico está lonxe dos máximos permitidos.

[editar] Lugares de interese

En 2007, o Concello do Porriño promoveu unha votación popular para escoller sete lugares destacados no municipio, as sete marabillas do Porriño. As escollidas, por esta orde, foron as seguintes:

  • Faro de Budiño, un monte formado por enormes penas de granito con paredes case verticais, visible dende todo o val da Louriña.
  • Casa do Concello, un edificio construído entre 1921 e 1924 en estilo rexionalista. O seu autor é o arquitecto porriñés Antonio Palacios.
  • Gándaras de Budiño, un humidal creado pola confluencia do río Louro con varios regatos, creando un sistema de lagoas, brañas e bosques de ribeira. Forma parte da Rede Natura 2000.
  • Roteiro da rocha e a auga en Carracido, un percorrido circular duns 4 kilómetros no que se atopan penedos, zonas arboradas, muíños, lavadoiros, etcétera.
  • Muíños de auga das parroquias, elementos do patrimonio popular espallados polas sete parroquias, máis de corenta atópanse restaurados.
  • A Risca, zona de 10 hectáreas dentro do monte Gulpilleira do Porriño, con abundantes penedos de formas singulares e boas vistas sobre o val.
  • Fonte do Cristo, outra obra de Antonio Palacios, inaugurada en 1905, de estilo ecléctico e carácter vertical, combina a pedra co ferro e a louza.

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias do Porriño

Atios (Santa Eulalia) | Cans (Santo Estevo) | Chenlo (San Xoán) | Mosende (San Xurxo) | Pontellas (Santiago) | O Porriño (Santa María) | San Salvador de Budiño (San Salvador) | Torneiros (San Salvador)


[editar] Lugares do Porriño

Para unha lista completa de todos os lugares do concello do Porriño vexa: Lugares do Porriño.

[editar] Véxase tamén

  Referencias relacionadas con Galicia



Concellos da Comarca de Vigo Comarca de Vigo
Baiona
Baiona
Fornelos de Montes
Fornelos de Montes
Gondomar
Gondomar
Mos
Mos
Nigrán
Nigrán
Pazos de Borbén
Pazos de Borbén
O Porriño
O Porriño
Redondela
Redondela
Salceda de Caselas
Salceda de Caselas
Soutomaior
Soutomaior
Vigo
Vigo


Galicia en progreso: Este artigo é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nel, especialmente se vives neste sitio, e contribúe a que a Galipedia ofreza a mellor información posíbel sobre o noso país. Pódeche resultar útil ver outros artigos sobre Galicia ou consultar o nomenclátor oficial.
Ferramentas persoais