Nelson Santos Argibay

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNelson Santos Argibay
Biografía
Nacemento(es) José Nelson Cándido Santos Argibay Editar o valor em Wikidata
1956 Editar o valor em Wikidata (67/68 anos)
O Porriño, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde do Porriño
2010 – 2015
← Raúl FrancésEva García de la Torre → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Nelson Santos Argibay, nado no Porriño en 1956, é un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Director dunha entidade bancaria no Porriño. En 2003 o número 2 da candidatura de Independentes de Porriño, encabezada por Gonzalo Ordóñez Puime, e foi elixido concelleiro. Dito grupo apoiou a elección do candidato do BNG Raúl Francés como alcalde da localidade, mais mantívose na oposición. En outubro de 2005 abandonou xunto con outro compañeiro o grupo municipal de IdeP. En 2007 encabezou a candidatura de Ciudadanos Por Porriño (CxP) que conseguiu 3 concelleiros, sendo a terceira forza política tralo BNG e o PPdeG. A súa negativa a apoiar ós populares na investidura facilitou que os nacionalistas revalidasen a alcaldía como lista máis votada. En febreiro de 2010 foi elixido alcalde despois da moción de censura que presentou o seu grupo xunto con Independientes do Porriño e o PPdeG, e que supuxo a integración da súa formación e de IdeP nas filas populares[1]. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG, obtivo a maioría absoluta e foi reelixido alcalde. En marzo de 2013 foi imputado por unha presunta contratación irregular[2]. En 2015 perdeu a maioría absoluta e cedeulle a alcaldía á socialista Eva García de la Torre, a cal logrou o apoio dos demais grupos da corporación. Tralo anuncio de apertura de xuízo oral en maio de 2017 presentou a súa renuncia como concelleiro. En xuño 2018 resultou finalmente absolto.


Predecesor:
Raúl Francés Rodríguez
 
Alcalde do Porriño
 
2010 - 2015
Sucesor:
Eva García de la Torre

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]