Torneiros, O Porriño
| Torneiros | |
|---|---|
| Igrexa de San Rosendo | |
| Concello | O Porriño |
| Área | - km² |
| Poboación | 4.019 hab. (2004) |
| Entidades de poboación | 10 |
San Salvador de Torneiros é unha parroquia do concello do Porriño. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 4.019 habitantes (2.048 mulleres e 1.971 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 3.766 habitantes. Actualmente o arzobispado distingue, e só con carácter eclesiástico, entre San Salvador de Torneiros e San Rosendo de Torneiros. Esta última está formada polos polígonos residenciais presentes na parroquia, construídos no lugar da Relva.
Índice |
Historia [editar]
O nome de Torneiros provén da profesión aferrada aos tornos, abundantes na zona ao longo do río que percorre a parroquia. Indicios da tradición oral dan lugar á existencia de asentamentos de antigos precursores na parroquia, así como alteracións no terreo como é no caso do coto da Mota (barrio da Mota). A Mota consta no PXOM do Porriño (aprobado o 26/6/2003 e publicado no BOP o 21/10/2003) como zona de protección integral e xeral debido a existencia de elemetos arqueolóxicos da época medieval[1].
Cultura [editar]
Torneiros goza de festas emblemáticas, como é a Xuntanza de Torneiros, de máis de 30 anos, organizada dende os seus comezos pola Asociación de Veciños de Torneiros e con grande interese no municipio e arredores.
Nos seus comezos a festa dos callos do Porriño foi levada a cabo no recinto da asociación de veciños da parroquia, instalacións que soportaban a gusto a presenza de toda a xente asistente. Por motivos políticos esta festa desvinculouse da parroquia para celebrarse no centro da vila.
A igrexa de San Salvador de Torneiros é a única da parroquia. Garda no seu interior as imaxes do Salvador e da Virxe das Frores. Tamén dispón de dúas capelas, a de San Roque e a de San Rosendo. A capela de San Roque foi creada a mediados do século XX e foi restaurada tras un terrible incendio; no seu interior garda a imaxe do tan milagreiro San Roque (15-16-17-Agosto, festa local). A de San Rosendo foi creada fai menos dunha década e ten un estilo moderno.
Educación [editar]
Esta parroquia posúe dous colexios de educación primaria, o CEIP Antonio Palacios (primeiro colexio de ensinanza mixta implantado na comarca) e o CEIP Ribeira. Para o ensino secundario, tanto obrigatorio como para adultos, en Torneiros está o IES Ribeira do Louro, segundo instituto creado no concello despois do IES Pino Manso. Nun primeiro momento funcionou como instituto de formación profesional pero coa implantación da LOXSE pasou a ter tanto ESO, Bacharelato tecnolóxico, de humanidades e de letras como ciclos medio e superior de comercio internacional, ciclo medio de electrónica de consumo e superior de informática e telecomunicacións.
Investigación [editar]
Esta parroquia dispón do único instituto tecnolóxico da zona, o Centro Tecnolóxico Armando Priegue - AIMEN, institución sen ánimo de lucro coa finalidade de investigación en materiais e novas técnicas de fabricación.
Lugares e parroquias [editar]
Lugares de Torneiros [editar]
| Lugares da parroquia de Torneiros no concello do Porriño (Pontevedra) | |
|---|---|
|
Casal de Vello | O Contrasto | A Florida | A Gándara | A Mota | O Noval | A Pereira | A Relva | A Ribeira | O Seixo |
Parroquias do Porriño [editar]
| Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias do Porriño | |
|---|---|
|
Atios (Santa Eulalia) | Cans (Santo Estevo) | Chenlo (San Xoán) | Mosende (San Xurxo) | Pontellas (Santiago) | O Porriño (Santa María) | San Salvador de Budiño (San Salvador) | Torneiros (San Salvador) |
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Notas [editar]
- ↑ PXOM do Porriño en formato pdf.