Val da Louriña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Comarca do Val da Louriña
ProvinciaProvincia de Pontevedra
Área114,4 km²
Poboación34203 hab. (2015)
ConcellosO Porriño O Porriño
Mos Mos
Val da Louriña dende o aeroporto de Vigo

O Val da Louriña é unha comarca histórica da provincia de Pontevedra formada polos concellos de Mos e O Porriño, é moi coñecida a zona destes municipios polo nome da Louriña fronte a denominación oficial na que se enmarcan, comarca de Vigo, así o reflicten os periódicos da provincia e locais. O seu nome outórgallo o río Louro que recolle as augas de todo o val encamiñado a crear unha das zonas naturais máis importantes do sur da provincia, as gándaras de Budiño.

Dentro da demarcación eclesiástica, a comarca do Val da Louriña constitúe un arciprestado. Este inclúe tamén a parroquia viguesa de Zamáns, e exclúe San Salvador de Budiño (pertence ó arciprestado de Entenza).

Demografía[editar | editar a fonte]

Concello Extensión
(km²)
Poboación
(hab.) 2015
Densidade
(hab./km²)
O Porriño O Porriño 61,2 18 898 308,79
Mos Mos 53,2 15 305 287,68
Total 114,4 34 203 298,98

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]