Lahti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 60°59′00″N 25°39′20″W / 60.98333°N 25.65556°W / 60.98333; -25.65556

Lahti
Lahti.vaakuna.svg
Situación xeográfica
Lahti skyline wo logo.jpgLahti.sijainti.suomi.2008.svg
País Finlandia
Rexión Päijänne Tavastia
Sub-rexión Lahti
Xeografía
Altitude msnm
Superficie 154,58 km²
Poboación
Poboación 102.358 hab. (2012)
Densidade 757,93 hab./km²
Información
Código postal
Alcalde
Páxina web www.lahti.fi Páxina Oficial

Lahti (en sueco Lahtis) é unha cidade da rexión de Päijänne Tavastia (Finlandia). A cidade ten unha poboación de 102.358 habitantes (2012), o que a convirte na oitava cidade máis grande de Finlandia.

Historia[editar | editar a fonte]

Lahti conseguiu o recoñecemento de cidade en 1905, aínda que se coñece a súa existencia dende 1443. O seu desenvolvemento remóntase á construción da liña de ferrocarril que une as cidades de Helsinki e San Petersburgo, construida en 1870 e tamén grazas ao asentamento de refuxiados da Guerra de Inverno que enfrentou a Finlandia e Rusia no século XX.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Clima[editar | editar a fonte]

Nuvola apps kweather.png Lahti
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano
Temperatura media máxima (°C) -3,5 -3,5 1,6 8,6 16,0 19,9 22,7 20,4 14,4 7,8 1,6 -1,9
8,7
Temperatura media (°C) -6,4 -7,0 -2,7 3,5 10,1 14,4 17,2 15,1 9,7 4,6 -0,6 -4,5
4,5
Temperatura media mínima (°C) -9,8 -10,9 -6,9 -1,5 3,7 8,4 11,3 9,9 5,4 1,4 -3,1 -7,6
0
Precipitacións (mm) 48 34 35 28 43 65 77 75 58 65 58 50
636
Fonte: Tilastoja Suomen ilmastosta 1981-2010

Cultura[editar | editar a fonte]

Esterior do Sibeliustalo.

Lahti é unha cidade cun ambicioso programa cultura, e nos últimos anos viu a construción dun gran pazo de congresos e sala de concertos, o Sibeliustalo (Sibelius Hall). Lahti conta cunha das orquestras sinfónicas máis coñecidas de Finlandia, a Sinfonia Lahti, que interpreta música clásica e popular, principalmente obras do compositor finés Jean Sibelius.

A programación musical anual de Lahti inclúe eventos como o Festival de Órgano de Lahti, Jazz na praza do mercado e o Festival Sibelius.

Deporte[editar | editar a fonte]

Lahti é moi coñecida por organizar anualmente a Copa do Mundo de deportes de inverno, a Salpausselän kisat. Os eventos de saltos de eskí do Salpausselän kisat forman parte do Nordic Tournament.

Nos Xogos Olímpicos de 1952, foi a sede das roldas preliminares do torneo de fútbol.

A cidade organizou tamén os Xogos Mundiais de 1997. Tamén no 2010, converteuse na única cidade que organizou seis veces o Campionato Mundial de Eskí Nórdico (1926, 1938, 1958, 1978, 1989, 2001 e 2010).

Lahti conta tamén cun equipo profesional de hóckey sobre xeo, os Pelicans, un club de fútbol, o FC Lahti, e un de baloncesto, o Namika Lahti. En xullo e agosto de 2009, Lahti acolleu o 18º World Masters Athletics Championships, unha competición anual de atletismo destinada a mulleres e homes de 35 anos ou máis.