Jönköping
Jönköping é unha cidade e un municipio sueco situada un 350 km ao suroeste de Estocolmo na beira sur do lago Vättern.
Jönköping é a capital de provincia de Jönköping e está situada na provincia histórica Småland.
A municipalidade de Jönköping [editar]
O municipio de Jönköping (en sueco Jönköpings kommun) está conformado por tres cidades: Jönköping, Huskvarna e Gränna, os terreos circundantes e a illa Visingsö. O municipio de Jönköping ten 121.000 habitantes. Huskvarna está situada preto de Jönköping. Alí están situadas fábricas de máquinas de coser e motoserras.
Hai sete cidades irmás de Jönköping: Svendborg e Slagelse en Dinamarca. Bodø en Noruega, Kuopio e Valkeakoski en Finlandia, Lääne-Viru en Estonia e Tianjin en China.
A cidade de Jönköping [editar]
A cidade de Jönköping ten 85.000 habitantes. Hai moitas igrexas. As igrexas maiores son a igrexa Sofia no oeste, e a igrexa Kristina ao leste do centro. Hai unha escola superior, un hospital e algúns museos. Hai dous lagos menores, Munksjön e Rocksjön.
No leste de cidade hai un estadio cuberto, propiedade do equipo de hockey sobre xeo HV71. O estadio chámase Kinnarps Area.
Persoas famosas de Jönköping son:
- John Bauer, debuxante, pintor
- Amy Diamond, cantante
- Agnetha Fältskog, ABBA
- Dag Hammarskjöld, Xeral de Nacións Unidas
- Nina Persson, The Cardigans
- Viktor Rydberg, escritor